Saltar ao contido

Turbidimetría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turbidímetros utilizados nunha planta de purificación de auga para medir a calidade turbia da auga crúa e da auga clara despois da filtración.

A turbidimetría é o proceso de medir a perda de intensidade da luz transmitida debido ao efecto de dispersión de partículas suspendidas na mostra que atravesa. A luz pasa a través dun filtro creando unha luz de lonxitude de onda coñecida que pasa a través dunha cubeta que contén unha solución. Unha célula fotoeléctrica recolle a luz que pasa a través da cubeta. Obtense unha medida da cantidade de luz absorbida.[1]

A turbidimetría pode utilizarse en bioloxía para coñecer o número de células nunha suspensión.[2] A turbidez é o aspecto óptico dunha suspensión causada pola radiación das lonxitudes de onda dispersadas e absorbidas. Un turbidímetro mide a cantidade de radiación que pasa a través dun fluído atravesándoo cara a adiante, o que é análogo ao que fai un espectrómetro de absorción. Para realizar as medicións turbidimétricas utilízanse diversas solucións estándar.

Entre as aplicacións están:

  • Determinación de calidade da auga.
  • Claridade de produtos farmacéuticos e bebidas.
  • Inmunoensaios de laboratorio.

A turbidimetría ofrece poucas vantaxes sobre a nefelometría en medidas de sensibilidade en inmunoensaios con baixos niveis de antíxeno ou anticorpo. As limitacións que se encontran son o exceso de antíxeno e os efectos da matriz.

Inmunoturbidimetría

[editar | editar a fonte]

A inmunoturbidimetría é unha importante ferramenta no amplo campo dos diagnósticos e química clínica. Utilízase para determinar as proteínas séricas non detectables con métodos de química clínica clásica. A inmunoturbidimetría usa a clásica reacción antíxeno-anticorpo. Os complexos antíxeno-anticorpo agréganse formando partículas que poden ser detectados opticamente por un fotómetro.

  1. Mary C. Haven; Gregory A. Tetrault; Jerald R. Schenken (1994). Laboratory Instrumentation. John Wiley and Sons. ISBN 0471285722. 
  2. D. M. Vasudevan; DM Vasudevan; S Sreekumari; Vaidyanathan Kannan (2010). Textbook of Biochemistry for Medical Students (6th ed.). Jaypee Medical Publishers. ISBN 978-9350250167. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.