Unión Social Demócrata de Macedonia
Unión Social Demócrata de Macedonia | |
---|---|
Acrónimo | SDSM, SDSM, SDSM, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, СДСМ, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM, SDSM e SDSM |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Socialdemocracia e europeísmo |
Data de fundación | 20 de abril de 1991 |
Fundador(es) | Branko Crvenkovski |
Presidente/a | Venko Filipče (en) (-) |
Secretario/a | Mile Zechevikj |
Sede | Skopje |
País | Macedonia do Norte |
Na rede | |
http://www.sdsm.org.mk | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Unión Social Demócrata de Macedonia (en macedonio: Социјалдемократски сојуз на Македонија, Socijaldemokratski sojuz na Makedonija, SDSM) é un partido político de Macedonia do Norte.
Historia
[editar | editar a fonte]É o sucesor da Liga de Comunistas de Macedonia, o partido gobernante durante o réxime comunista que dirixiu a República Socialista de Macedonia como república constituínte da República Federal Socialista de Iugoslavia dende 1945 a 1990. A líder actual do partido é Radmila Šekerinska. Foi elixida o 5 de novembro de 2006 como líder do partido.[1] Dende setembro de 1992 a 1998 e dende 2002 a 2006, a SDSM foi o partido con máis representación no Parlamento de Macedonia e o principal partido do goberno, e ten amosado unha actitude moderada e reconciliadora cara ás minorías étnicas en Macedonia. En canto á súa ideoloxía, pódese dicir que malia seren o sucesor dun partido comunista e chamarse "socialdemócrata", o influente grupo de presión empresarial na SDSM está a mover ao partido nunha dirección neoliberal. Consecuentemente, a SDSM ten menos apoios nas clases baixas e máis apoios nas clases altas que os que cabería agardar dun partido socialdemócrata.
O partido perdeu as eleccións ao Parlamento de Macedonia de 1998, pero nas eleccións lexislativas do 15 de setembro de 2002, o partido converteuse no partido con máis forza obtendo 43 dos 120 escanos na Asemblea de Macedonia do Norte e o maior partido da alianza Xuntos por Macedonia, liderada pola SDSM e o Partido Liberal Democrático. Xuntos por Macedonia gobernou en coalición coa Unión Democrática para a Integración.
Radmila Šekerinska é a líder actual da SDSM. Foi elixida Presidenta o 5 de novembro de 2006, no Congreso do partido que seguiu á moción de censura contra o líder anterior, Vlado Bučkovski. Šekerinska fora previamente deputada Primeira Ministra da República de Macedonia responsable para a Integración Europea e da Coordinación Nacional para a Asistencia Estranxeira. Estivo tamén actuando como Primeiro Ministro da República de Macedonia dende o 12 de maio de 2004 até o 12 de xuño de 2004, e dende o 3 de novembro de 2004 até o 15 de decembro de 2004. Durante o seu mandato como deputada Primeira Ministra responsable para Asuntos Europeos, o Consello Europeo garantiu en decembro de 2005 o status de país candidato á UE a Macedonia do Norte. [1] [2]
O líder do partido até 2004 foi Branko Crvenkovski, que serviu como Primeiro Ministro de Macedonia dende 1992 até 1998, e dende 2002 até 2004. Crvenkovski foi entón elixido para que fose Presidente de Macedonia do Norte, posto que aínda ostenta. A presidencia do partido pasou a Vlado Bučkovski, que foi o líder do partido e Primeiro Ministro até as eleccións parlamentarias de 2006. Outros memrbos importante do partido son: Jani Makraduli, Zoran Zaev, Goran Mincev, Nikola Popovski, Ilinka Mitreva, Nikola Kjurkciev e outros. A SDSM é membro en pleno dereito da Internacional Socialista e membro asociado do Partido dos Socialistas Europeos.
O 30 de novembro de 2005, un dos membros máis importantes da SDSM, Tito Petkovski, que presentarase a presidente en 1999 e que quedara en segundo lugar, deixou o partido para formar o Novo Partido Socialdemócrata. Esta é a segunda maior escisión da SDSM, a primeira foi a escisión de 1993 de Petar Gošev, que creou o Partido Democrático.
Nas eleccións parlamentarias do 5 de xullo de 2006, o partido foi derrotado, recibindo 32 dos 120 escanos.