Unter den Linden
Aparencia
Unter den Linden (Baixo os tileiros) en Berlín, Alemaña, é o principal bulevar da cidade. O bulevar comeza na praza de París no lado oeste da porta de Brandeburgo, onde se atopan a Academia de Arte, o coñecido Hotel Adlon e a embaixada de Francia. A 1,5 km en dirección leste da praza atópase a ponte Schlossbrücke, a cal serve de unión coa Illa dos Museos e o centro leste de Berlín. Unter den Linden é un dos principais eixos da cidade e nel atópanse numerosas institucións e lugares de interese turístico e cultural.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Unter den Linden |