Saltar ao contido

Valentiniano III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentiniano III

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Placidius Valentinianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 419 Editar o valor en Wikidata
Rávena (Imperio Romano de Occidente) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 455 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador romano de Occidente
23 de outubro de 424 (Gregoriano) – 16 de marzo de 455 (Gregoriano)
← Flavio HonorioPetronio Máximo →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, político Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador Editar o valor en Wikidata
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLicínia Eudóxia Editar o valor en Wikidata
FillosPlacidia, Eudocia (filla de Valentiniano III) Editar o valor en Wikidata
PaisConstâncio III Editar o valor en Wikidata  e Gala Placidia Editar o valor en Wikidata
IrmánsJusta Grata Honória Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Flavii-1 Find a Grave: 40143328 Editar o valor en Wikidata

Valentiniano III, nado en Rávena o 2 de xullo de 419 e finado en Roma o 16 de marzo de 455, foi un emperador romano de Occidente entre os anos 424 e 455. Foi o fillo máis vello de Constancio III e Gala Placidia, filla do emperador Teodosio. Recibiu o título de césar o 23 de outubro de 424 en Constantinopla, e tras unha curta guerra en Italia, foi instituído como emperador (Augusto) de Occidente en Roma o 23 de outubro de 425.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tiña só seis anos de idade cando recibiu o título de Augusto, e durante a súa minoría de idade encargouse do goberno primeiro súa nai e despois, a partir de 433, Aecio. Súa nai arranxou o seu matrimonio con Eudocia, filla de Teodosio II, emperador de Oriente. Con ela tivo dúas fillas: Eudocia e Placidia.

O seu reinado resultou marcado polo desmembramento do Imperio de Occidente; a conquista da provincia de África polos vándalos en 439; o definitivo abandono de Britania en 446; a perda de gran parte de Hispania e Galia, nas que se estableceron os bárbaros; e o saqueo de Sicilia e das costas occidentais do Mediterráneo polas frotas de Xenserico.

En contrapartida, fronte a tantas calamidades, tamén se produciu a gran vitoria de Aecio sobre Atila en 451, cerca de Châlons na batalla dos Campos Cataláunicos, e as súas vitoriosas campañas contra os visigodos no sur de Galia (426, 429 e 436) e fronte a distintos invasores no río Rin e no río Danubio (428-431).

O peso dos impostos resultaba cada vez máis insoportábel segundo se ía debilitando o poder de Roma, e en consecuencia a lealdade das provincias que ían quedando ía a menos por momentos. Rávena foi a residencia habitual de Valentiniano, mais tivo que fuxir a Roma cando se acercou Atila, o cal, tras saquear o norte de Italia, morreu ao ano seguinte (453). Atila reclamaba que a irmá de Valentiniano -chamada Honraia- se lle entregara como esposa.

En 454, Aecio, cuxo fillo casara coa filla máis vella do emperador, foi asasinado a traizón por Valentiniano. Mais o 16 de marzo do ano seguinte, o propio emperador foi tamén asasinado por dous bárbaros clientes de Aecio. Valentiniano non só careceu da habilidade para gobernar o imperio nunha época de grave crise, senón que ademais agravou os perigos a causa do seu egotismo e o seu carácter vingativo.

As fontes orixinais que temos sobre o reinado de Valentiniano III son as Crónicas de Próspero de Aquitania, a Historia Gótica de Xordanes, escrita no século VI, e a obra do poeta Sidonio Apolinar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]