Saltar ao contido

Vampire Weekend

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vampire Weekend
Vampire Weekend en Lollapalooza en Grant Park, Chicago, Illinois, o 9 de agosto de 2009.
OrixeNova York, Nova York, Estados Unidos
Período2006 - actualidade
Xénero(s)indie rock, indie pop, baroque pop
Selo(s) discográfico(s)XL Recordings
MembrosEzra Koenig
Rostam Batmanglij
Chris Tomson
Chris Baio
Na rede
www.vampireweekend.com
IMDB: nm2908363 Rottentomatoes: celebrity/vampire_weekend
Facebook: VampireWeekend Twitter: vampireweekend Instagram: vampireweekend Tumblr: vampireweekend MySpace: vampireweekend Youtube: UCOMsN9AXZP9Jey0Pl8BBf2g TikTok: vampireweekend Souncloud: vampire-weekend-official Spotify: 5BvJzeQpmsdsFp4HGUYUEx iTunes: 259437105 Last fm: Vampire Weekend Musicbrainz: af37c51c-0790-4a29-b995-456f98a6b8c9 Songkick: 288696 Discogs: 861083 Allmusic: mn0000662416 Deezer: 75781 Genius: Vampire-weekend Editar o valor en Wikidata
Vampire Weekend 2013

Vampire Weekend é unha banda de indie rock estadounidense de Nova York, formada en 2006 e que asinou con XL Recordings. A banda lanzou o seu primeiro álbum, Vampire Weekend en 2008, que produciu os sinxelos "Mansard Roof", "A-Punk”,"Oxford Comma" e "Cape Cod Kwassa Kwassa". O último álbum da banda, Modern Vampires of the City, foi lanzado en 2013.

Os primeiros días e o álbum debut (2006-2008)

[editar | editar a fonte]

Ezra Koenig, Chris Baio, Rostam Batmanglij, e Chris Tomson formaron a banda a principios de 2006, cando estaban terminando os seus estudos na Universidade de Columbia. O nome de Vampire Weekend deriva dunha película afeccionada do cantante Ezra Koenig que tiña o mesmo nome. Koenig e o batería Chris Tomson primeiro colaboraron como membros da banda de comedia-rap "L'Homme Run". Foron contratados por XL Recordings, dos cales a banda dixo nunha entrevista: "Antes que ningunha compañía contactara connosco, nos efectivamente mencionaramos XL como o tipo de compañía ideal para traballar. Non vai só na nosa tendencia, senón que teñen bo gusto e apoian aos seus artistas." Son xestionados por Ian Montone, quen tamén administra The White Stripes.

A banda gañou atención a través de diversos blogs, como Stereogum. A banda está influenciada tanto pola música africana como pola música clásica occidental, que describe o seu xénero da música como "Upper West Side Soweto", con cancións como "Cape Cod Kwassa Kwassa" que fai referencia a música soukou congolesa.

En 2007, a canción de Vampire Weekend "Cape Cod Kwassa Kwassa" clasificouse 67º na lista de Rolling Stone das 100 mellores cancións do aAno. En novembro de 2007, a banda realiza unha xira que percorreu os Países Baixos con The Shins. A revista Spin decláraos o mellor novo grupo do ano en marzo de 2008, e foron a primeira banda en ser fotografada para a portada da revista antes de lanzar o seu álbum debut.

O álbum debut da banda, chamado tamén Vampire Weekend, foi lanzado 29 de xaneiro de 2008. Foi un éxito nos Estados Unidos e no Reino Unido, alcanzando o posto número 15 na lista de álbums do Reino Unido e número 17 no Billboard 200. Lanzáronse catro singles do álbum, mentres que "A-Punk" alcanzou o lugar número 25 no Billboard Modern Rock e o número 55 na lista de sinxelos do Reino Unido, "Oxford Comma" alcanzou o lugar número 38 no Reino Unido. "A-Punk" foi clasificada como a cuarta na lista das mellores cancións de 2008 da revista Rolling Stone. "A-Punk" tamén aparece no programa de televisión do Reino Unido, The Inbetweeners, e nos xogos Guitar Hero 5 e LEGO Rock Band. Durante o verán de 2008, Vampire Weekend actuaron no SummerStage que se celebra no parque central de Nova York.

Contra (2009 - actualidade)

[editar | editar a fonte]

O segundo álbum da banda, Contra, foi lanzado o 11 de xaneiro 2010 no Reino Unido e ao día seguinte nos Estados Unidos. O 5 de outubro de 2009, "Horchata" foi lanzado como unha descarga gratuíta no sitio web da banda. O primeiro sinxelo do álbum, "Cousins", foi lanzado o 17 de novembro de 2009. As copias iniciais do CD e LP vendidas en tendas de discos independentes nos Estados Unidos inclúen un CD extra de 3 pistas. Contra foi o primeiro álbum da banda en debutar no #1 no Billboard 200.

O 9 de xaneiro de 2010, a banda fixo un concerto acústico para MTV Unplugged. Ao mes seguinte, a banda xirou por Europa e o Reino Unido co dúo electro canadense Fan Death como abreconcertos. O vídeo do seu seguinte sinxelo "Giving Up the Gun" tamén foi lanzado o 18 de febreiro de 2010 que inclúe cameos de Joe Jonas, Lil Jon, RZA, Jake Gyllenhaal e Daft Punk.

O 6 de marzo de 2010, a banda apareceu como invitado musical de Saturday Night Live co comediante Zach Galifianakis como anfitrión. É a segunda vez que a banda apareceu como músico invitado no show, o primeiro foi durante a tempada de 33ª da temporada do 2008 nun episodio que a actriz Amy Adams como anfitrioa. Tamén participou en festivais en todo os Estados Unidos como Coachella, Bonnaroo e All Points West, así como o festival do Groovin' The Moo en Australia.

O 3 de xuño de 2010, a banda foi entrevistada por Stephen Colbert no Colbert Report. Colbert sostivo que o sinxelo "Oxford Comma" era realmente importante a pesar do que opine a banda e o desacordo de Ezra. A banda tamén tocou a canción "Holiday" de Contra. O seu terceiro sinxelo, "Holiday", foi lanzado o 7 de xuño de 2010. Outra nova canción, "Jonathan Low", apareceu na banda sonora de The Twilight Saga: Eclipse, que foi lanzado o 8 de xuño.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Vampire Weekend 2008 XL Recordings
Contra 2010 XL Recordings
Modern Vampires of the City 2013 XL Recordings
Father of the Bride 2019 Spring Snow, Columbia Records
Only God Was Above Us 2024 Columbia Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]