Velocidade de escape
Aparencia
A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40 320 km/h, o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹.
A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia.
Para calcular a velocidade de escape, úsase a seguinte expresión:
na cal:
- Ve = Velocidade de escape.
- G = Constante da gravitación universal (6,672 × 10-11 N m2/kg2).
- M = Masa do corpo celeste (planeta, satélite ou estrela).
- R = raio do corpo celeste.
Velocidade de escape dos planetas do sistema solar
[editar | editar a fonte]Planeta | Velocidade de escape na superficie |
Mercurio | 4,435 km/s |
Venus | 10,4 km/s |
Terra | 11,2 km/s |
Marte | 5,04 km/s |
Xúpiter | 59,5 km/s |
Saturno | 35,6 km/s |
Urano | 21,3 km/s |
Neptuno | 23,3 km/s |
Velocidade de escape dos planetas ananos do sistema solar
[editar | editar a fonte]Planeta anano | Velocidade de fuga na superficie |
Ceres | 510 m/s |
Plutón | 1,3 km/s |
Eris | descoñecida |