Saltar ao contido

Veteris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Veteris (tamén chamado Vitiris, Vheteris, Huetiris e Hueteris) é un deus celta atestado en numerosas inscricións da Bretaña romana. Os responsables das dedicacións eran individuos privados e exclusivamente homes. Durante o século III o seu culto era particularmente popular entre os membros do exército romano.

O nome de Veteris nunca foi vinculado a ningún deus clásico, pero si con outro deus local, Mogons, en Netherby.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dictionary of Celtic Myth and Legend, Miranda J. Green, Thames and Hudson Ltd, 1997