Saltar ao contido

Vogal nasal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha vogal nasal ou vogal oronasal é unha vogal producida baixando o veo do padal, facendo que o ar saia pola canle bucal e asemade pola nasal. En xeral, na emisión das vogais o ar sae exclusivamente pola boca, xa que o veo do padal está pegado á parede da farinxe e isto impide que pase ás cavidades nasais (pronunciando deste xeito as vogais orais).

En galego, calquera vogal pode realizarse máis ou menos nasalizada por contacto cunha consoante nasal. Así e todo, o trazo da nasalidade non é fonoloxicamente pertinente nesa lingua, pois a substitución dunha vogal oral por outra oronasal non provoca variación ningunha no plano do significado.

Achamos vogais nasais en poucas linguas, amais do portugués, o francés, o polonés, o yoruba, o navajo e o caxubio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.