Saltar ao contido

Voo 222 de TANS Perú

Voo 222 de TANS Perú
O avión accidentado en 1998
Resumo
Data  9 de xaneiro de 2003
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Chachapoyas
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Jorge Chávez
Destino  aeroporto de Chachapoyas
Finados  46
Aeronave
Tipo de aeronave Fokker F28-1000 Fellowship
Operador  TANS Perú
Rexistro  OB-1396
Pasaxeiros  41
Tripulación  5
Superviventes  0

O voo 222 de TANS Perú era un servizo entre o aeroporto Jorge Chávez de Lima e o aeroporto de Chachapoyas, cunha escala no aeroporto Capitán FAP José A. Quiñones de Chiclayo. O día 9 de xaneiro de 2003 o Fokker F28-1000 Fellowship que operaba a ruta esnafrouse preto de Chachapoyas mentres se aproximaba ao aeroporto. Ningún dos 46 pasaxeiros e tripulantes a bordo sobreviviu.

O aparello era un Fokker F28-Mk1000 fabricado en 1971, co número de serie 11100 e rexistro OB-1396. Ata 1995 este F-28 fora usado como un dos transportes presidenciais con configuración VIP, para voos internos e curtos, antes de ser substituído por un Boeing 737-500.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O voo 222 deixou Chiclayo tras unha escala ás 8:17 en dirección Chachapoyas, e pasou ao nivel de voo 190 seguindo a aerovía V-3. Ás 8:32 virou ao curso 060 e comezou a descender ao nivel 130. Sobre as 8:45 o Fokker chocou contra o Cerro Collorque a unha altitude de 3 450 metros, a só 35 metros por debaixo do seu cumio.[1] Os equipos de rescate non atoparon os restos ata dous días despois. Ningún dos seus ocupantes sobreviviu xa que o avión quedou pulperizado tras o choque contra unha parede de roca vertical.[2]

  1. "Informe do accidente" (PDF). Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación. Archived from the original on 30 de xullo de 2013. Consultado o 2019-1-23. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Fokker F-28 Fellowship 1000 OB-1396 Chachapoyas". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-22.