Saltar ao contido

Waiting for Love

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Waiting for Love» é unha canción realizada polo disc jockey e produtor sueco Avicii. Conta coa colaboración, aínda que sen acreditar, do produtor neerlandés Martin Garrix, e de Simon Aldred, o cantante da banda inglesa de rock alternativo Cherry Ghost.[1] Incluída en Stories, o segundo álbum de Avicii, foi lanzada como sinxelo o 22 de maio de 2015 en formato dixital a través da discográfica Universal Music.[2] Liderou as listas de Suecia, Noruega e Austria, e situouse nos primeiros vinte postos de varias listas europeas e en Australia.

A canción soou por primeira vez no Ultra Music Festival de 2015. Antes da súa publicación críase que era unha colaboración entre Avicii e Garrix coa voz de John Legend. Despois de varios vídeos e publicacións en Twitter, ambos produtores admitiron a colaboración mais desmentiron a participación de Legend.[3] Máis tarde desvelouse que a voz era de Simon Aldred, o vocalista da banda Cherry Ghost.[4]

Vídeo musical

[editar | editar a fonte]

O vídeo musical está dirixido por Sebastian Ringler.[5] O protagonista, un ancián (Sten Elfström), vai buscar a súa dona (Ingrid Wallin), quen marchara da casa. Viaxa no seu scooter e pasa por moitas aventuras, até que acaba por atopala nunha aldea.[6]

O 28 de maio de 2015 publicouse un vídeo en 360° dirixido por Kurt Hugo Schneider, no que aparecen bailaríns executando unha coreografía.[7]

Certificacións

[editar | editar a fonte]
País Organismo certificador Certificación Vendas Ref.
 Alemaña BVMI Ouro 200 000 [8]
 Australia ARIA 2× Platino 140 000 [9]
 Austria IFPI Austria Ouro 15 000 [10]
 Bélxica BEA Platino 30 000 [11]
 Canadá Music Canada Platino 80 000 [12]
 Dinamarca IFPI Dinamarca Platino 30 000 [13]
 España PROMUSICAE 2x Platino 80 000 [14]
 Estados Unidos RIAA Ouro 500 000 [15]
 Italia FIMI 2× Platino 100 000 [16]
 Nova Zelandia RIANZ Ouro 7 400 [17]
 Polonia ZPAV 3× Platino 60 000 [18]
 Reino Unido BPI Ouro 400 000 [19]
 Suecia IFPI Suecia 7× Platino 280 000 [20]
  1. "Avicii - Waiting For Love (File)". Discogs (en inglés). 
  2. Dionne, Zach (22 de maio de 2015). "Listen to Avicii's Addictive New Song, "Waiting for Love"". Fuse.tv. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  3. Sachs, Lucas (22 de maio de 2015). "MARTIN GARRIX HELPS CO-PRODUCE AVICII’S NEW SINGLE, LEFT OFF OF TRACK TITLE". Your EDM. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  4. Dionne, Zach (22 de maio de 2015). "Listen to Avicii's Addictive New Song, "Waiting for Love"". fuse.tv. Consultado o 23 de maio de 2015. 
  5. "Avicii - Waiting For Love (Sebastian Ringler, dir.)". VideoStatic (en inglés). 
  6. "Waiting For Love" MDR Jump
  7. "Avicii Unveils Interactive, 360-Degree Video For New Single “Waiting For Love”". Idolator (en inglés). [Ligazón morta]
  8. "Gold-/Platin-Datenbank" (en alemán). Bundesverband Musikindustrie. 
  9. "ARIA Charts – Accreditations – 2015 Singles" (en inglés). Australian Recording Industry Association. 
  10. Para visualizar as certificacións escribir "Avicii" na barra "Interpret" e premer "Suchen": "Gold & Platin". IFPI (en alemán). Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  11. "Ultratop - Goud en Platina – 2016". ultratop.be. Ultratop & Hung Medien. 
  12. "Gold/Platinum". Music Canada (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  13. "Certificeringer – Avicii – Waiting for Love". IFPI Dinamarca (en danés). 
  14. "Avicii – Waiting for Love". PROMUSICAE. elportaldemusica.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2017. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  15. "GOLD & PLATINUM". RIAA (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  16. "Certificazioni" (en italiano). Federación de la Industria Musical Italiana. 
  17. "NZ Top 40 Singles Chart". Recording Industry Association of New Zealand. 24 de agosto de 2015. 15. Avicii – Waiting for Love 
  18. "Bestsellery". bestsellery.zpav.pl (en polaco). Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  19. "British single certifications". British Phonographic Industry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  20. "Artikeldata > Avicii – Waiting for Love". Sverigetopplistan (en sueco). Grammofonleverantörernas förening.