Saltar ao contido

Wanda Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWanda Jackson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Maud, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora de cancións, guitarrista, yodeler (en) Traducir, cantautora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica country, rockabilly e Gospel Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
CMH Records (en) Traducir
Black Country Rock Media (en) Traducir
Decca Records
Third Man Records Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webwandajackson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0414138 Facebook: WandaJackson Twitter: wandajofficial MySpace: wandajacksonmusic Spotify: 5ZKMPRDHc7qElVJFh3uRqB iTunes: 7036716 Last fm: Wanda+Jackson Musicbrainz: 550fbe01-42e9-4006-bcd0-6a1854dceb8f Songkick: 128628 Discogs: 321332 Allmusic: mn0000814606 WikiTree: Jackson-25594 Deezer: 6174 Genius: Wanda-jackson Editar o valor en Wikidata

Wanda LaVonne Jackson, nada en Maud (Oklahoma) o 20 de outubro de 1937,[1][2] é unha cantante e compositora estadounidense. Desde a década de 1950, gravou e publicou música de xénero rock, country e gospel. Foi unha das primeiras mulleres en ter unha carreira no rock and roll, gravando unha serie de sinxelos da década de 1950 que fixo que recibise o alcume de "The Queen of Rockabilly". Tamén está contada entre as primeiras estrelas femininas do xénero da música country.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jackson comezou a actuar cando era nena e máis tarde tivo o seu propio programa de radio en Oklahoma City. Despois foi descuberta polo cantante country Hank Thompson, quen a axudou a conseguir un contrato de gravación con Decca Records en 1954. En Decca, Jackson tivo o seu primeiro éxito coa canción country "You Can't Have My Love". O anos seguinte comezou a xira con Elvis Presley.Bomar & Jackson 2017, p. 85-86 Os dous saíron xuntos brevemente e Presley animouna a gravar ao estilo rockabilly. En 1956, Jackson asinou con Capitol Records onde se tivo permiso total para gravar country e rockabilly. A discográfica lanzou unha serie de sinxelos de rock de Jackson, incluíndo "Fujiyama Mama", "Mean Mean Man" e o éxito do top 40 "Let's Have a Party".[3]

Na década de 1960, Jackson volveu ao xénero country e tivo varios sinxelos durante a década. Isto incluíu "Right or Wrong", "In the Middle of a Heartache", "Tears Will Be the Chaser for Your Wine" e "A Woman Lives for Love". Ademais, tamén gravou varias compilacións en lingua alemá para o mercado exerior. En 1965, o sinxelo alemán "Santo Domingo" alcanzou o número un na lista pop austríaca.[4] Despois de redescubrir o cristianismo en 1971, Jackson fixo da música gospel unha prioridade na súa carreira. Deixou Capitol Records en 1973 e asinou con Word Records para centrarse máis no circuíto do gospel. Durante as dúas décadas seguintes, lanzou unha serie de discos neste xénero.

En 1984, os promotores europeos buscaron a Jackson para facer unha xira no exterior. O mesmo ano, publicou o seu primeiro álbum de rock en dúas décadas e lanzou unha nova carreira no xénero. Na década de 1990, os seus discos de rock foron notados de novo polo público estadounidense e comezou a xirar xunto á artista rockabilly Rosie Flores. Durante este período, publicou varios álbums comercialmente aclamados no estilo rock and roll, incluíndo Heart Trouble (2003) e I Remember Elvis (2006). Despois da súa incorporación en 2009 ao Rock and Roll Hall of Fame, Jackson colaborou co músico Jack White para gravar o éxito comercial The Party Ain't Over. Durante varios anos, mantivo unha atareada axenda de xiras antes de anunciar a súa retirada dos concertos en 2019. En 2021 lanzou o seu 32.º e último proxecto de estudo, Encore.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. Wolff, Kurt. "Biography – Wanda Jackson". AllMusic. Consultado o 11 de outubro de 2008. 
  2. Burns, Ken. "Wanda Jackson Biography". PBS. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2021. Consultado o 9 de xullo de 2021. 
  3. Oermann & Bufwack 2003, p. 202.
  4. "Austrian charts portal -- Wanda Jackson". Austrian charts.at. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2013. Consultado o 29 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]