Saltar ao contido

Xefe de Goberno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Xefe de Goberno é o máximo funcionario do poder executivo e responsable do goberno dun Estado ou dunha subdivisión territorial (estado, provincia etc.) de mesmo. O proceso de elección de xefes de goberno varía de acordo ao país e depende, entre outros factores, da forma do goberno empregada no mesmo.

Nun sistema parlamentario o título que adopta o xefe de goberno pode ser: Primeiro Ministro, Premier, Chanceler, Presidente do Consello de Ministros, Presidente do Goberno ou outro. Nos países con sistemas presidenciais, como Estados Unidos, o xefe de goberno é o Presidente, que á súa vez é o xefe de Estado. En cambio, nos sistemas semipresidenciais, as funcións de xefe de goberno poden estar compartidas polo Presidente e un Primeiro Ministro.

O xefe de goberno nalgúns territorios de ultramar dependentes do Reino Unido é denominado "ministro xefe" (en inglés, Chief Minister), do mesmo xeito que na India, Malaisia e nos estados e territorios de Australia. En Alemaña, o xefe de goberno dos Länder denomínase "ministro presidente" (en alemán, Ministerpräsident); en Bélxica esta última é a denominación do xefe de goberno dunha rexión ou comunidade. En México, así se denomina ao líder político responsable do goberno e a administración de México, Distrito Federal, capital da República Mexicana.

Denominacións

[editar | editar a fonte]