Xeranio
Xeranios (xénero Pelargonium) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xeranio de flor vermella | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto. |
Os xeranios ou pelargonios son plantas pertencentes ao xénero Pelargonium L'Hér., da familia Geraniaceae (xeranáceas) que inclúe unhas 200 especies de plantas herbáceas, arbustos perennes e suculentas. Linnaeus orixinalmente incluíu todas as especies no xénero Geranium, mais posteriormente, en 1789, foi separado en dous xéneros por Charles L’Héritier.
Especies seleccionadas
[editar | editar a fonte]- Pelargonium angustifolium L'Hér. ex Harv. & Sond.
- Pelargonium graveolens L'Hér.
- Pelargonium cotyledonis (L.) L'Hér.
- Pelargonium citrosum Voigt ex Sprague
- Pelargonium hortorum L.H.Bailey
- Pelargonium nobile Dum.Cours.
- Pelargonium odoratissimum Sol.
- Pelargonium pedunculare Dehnh.
- Pelargonium radens H.E.Moore
- Pelargonium scabrum Hort. ex Hoffmanns.
- Pelargonium sericeum E.Mey. ex Harv. & Sond.
- Pelargonium × tussilaginifolium Tratt.
- Pelargonium tripalmatum E.M.Marais
- Pelargonium triste (L.) L'Hér.
- Pelargonium wonchiense Vorster & M.G.Gilbert
- Pelargonium xerophyton Schltr. ex R.Knuth
- Pelargonium zeyherianum Dehnh.
Historia do cultivo
[editar | editar a fonte]A primeira especie de Pelargonium da que se coñece o seu cultivo foi Pelargonium triste, nativa de Suráfrica. Probabelmente foi levada ao xardín botánico de Leiden antes de 1600 a bordo de barcos que atracaban no Cabo de Boa Esperanza. En 1631, o xardineiro inglés John Tradescant o vello comprou sementes a Rene Morin en París e introduciu a planta en Inglaterra. En 1738, Johannes Burman nomeou o xénero Pelargonium (do grego πελαργός, pelargós cegoña) por mor á súa semellanza da parte da flor con esta ave.
Usos
[editar | editar a fonte]Ademais de se cultivar pola súa beleza, as especies de pelargonio, como P. graveolens empréganse na industria da perfumaría para destilar a súa esencia. Aínda que existen especies con recendos cítricos, mentolados ou afroitados as variedades con recendo a rosa son as máis comercializadas. As estilas e absolutos do pelagonio, comunmente coñecidos coma «aceite aromatizado de xeranio» utilízanse en ocasións coma suplemento ou adulterador dos custosos aceites de rosas.
O xeranio de xardín (P. x hortorum; syn P. zonale) é unha das plantas ornamentais máis comúns de cultivo en testo ou vaso, con máis de 200 variedades.
Galiza
[editar | editar a fonte]O cultivo en Galiza remóntase varios séculos. Marcial Valladares Núñez, no seu Diccionario gallego-castellano fala do xeranio, recollendo o nome vulgar de flor da sardiña[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pelargonium crithmifolium
-
Cultivar: Pelargonium stellar
-
Xeranio de xardín (Pelargonium x hortorum)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marcial Valladares Núñez, Diccionario gallego-castellano Santiago, Imp. Seminario Conciliar, 1884 - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=sardi%F1a&tipo_busca=lema
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xeranio |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xeranio |
- Maria Lis-Balchin, ed., Geranium and Pelargonium: History of Nomenclature, Usage and Cultivation. (Taylor and Francis, 2002) ISBN 0-415-28487-2
- [1] - Explicacións no catálogo online dun criador belga con máis de 1000 variedades de Pelargonium, moitas ilustradas, e ducias engadidas cada ano.
- [2] - Página de Pelargonium : descricións de especies con fotos de plantas e hábitats