Zaparín, Cortegada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Zaparín | |
---|---|
Ara romana de Zaparín. | |
Concello | Cortegada[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°13′03″N 8°07′23″O / 42.21738612, -8.1231047 |
Poboación | 23 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Zaparín atópase nun pequeno socalco sobre o canón do río Arnoia estando situada no punto xeográfico máis alto do concello de Cortegada dominando todo o val do concello da Arnoia e parte dos de Gomesende e Cartelle. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Piñón e A Raíña, ao leste con Carballeda(abandonada dende os 80 ) e oeste con Louredo.
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar de Zaparín hai unha ara romana adicada aos deuses Ceceaigis. A igrexa parroquial é do século XVII con engadidos posteriores, como a espadana de 1911. No lugar da Torre hai un peto de ánimas só decorado por un atrio cuberto por falsa bóveda.
En 1218, Pedro Fernandi "milite de Zaparín" foi nomeado polo rei Fernando III de Castela casteleiro das fortalezas de Sande (Cartelle) e santa Cruz (Quintela de Leirado), que máis adiante tería un preito posto polo abade do mosteiro de Celanova por mor da titularidade da torre de Sande. Xa durante o Antigo Réxime o lugar pertenceu ao couto do priorado de Refoxos.
A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Refoxos.[2]
Ata mediados da década de 1990 tivo tenda de ultramarinos e foi lugar de paso cara ao Santuario do Val.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Zaparín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Zaparín no concello de Cortegada (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Cortegada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Reseña histórica". Concello de Cortegada. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. Arquivado 22 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.