Zapatismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Zapatismo é o termo empregado para referirse ao movemento encabezado por Emiliano Zapata, un dos líderes da Revolución Mexicana. As súas ideas foron postas en práctica no Plano de Ayala de 1911. As doutrina zapatista baséase nun repartimento xusto da terra, sendo unha prioridade que esta pase ás mans dos campesiños que a traballan, eliminando así o traballo servil e o caciquismo. Un dos seus lemas "a terra volverá a quen a traballa coas súas mans" pasou a ser o estandarte do agrarismo mexicano.
O termo "zapatista" tamén se empregou para referirse aos membros do Exército Libertador do Sur, encabezado polo propio Zapata. Dende 1994 tamén designa aos membros e simpatizantes do EZLN (Exército Zapatista de Liberación Nacional), aos que tamén se denomina neozapatistas.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|