Elie Wiesel
Aparencia
Elie Wiesel (30 de setembro de 1928) é un escritor xudeu nacido en Romanía, sobrevivinte dos campos de concentración nazis.
Citas
[editar]- “Desde tempos inmemoriais a xente falou de paz, mais non a conseguiu. Será que carecemos de suficiente experiencia? Aínda que falamos de paz, facemos a guerra. A veces ata guerreamos no nome da paz. [...] Poida que a guerra sexa unha parte tan intrínseca da historia que non poida eliminarse... xamais”.
- “Cada xudeu debería gardar, nalgún lugar do seu corazón, unha zona para o odio, ese odio san, baril, contra todo aquelo que representa o alemán e que forma parte da esencia do alemán. Todo o demais sería traizón aos mortos”.
- No seu libro Legends of Our Time (New York, 1968, p. 177 e sgs.)
- “Como pode explicarse que a Igrexa xamais excomungara nin a Hitler nin a Himmler, que Pío XII nunca vira necesario —por non dicir indispensable— condenar Auschwitz e Treblinka, que unha gran proporción dos membros das S.S. fosen crentes e permanecesen fieis aos seus lazos cristiáns ata a fin, que houbese asasinos que practicasen o sacramento da confesión entre unha masacre e outra e que todos eles procedesen de familias cristiáns e recibisen unha educación cristiá?”.
- No seu libro A Jew Today, traducido do alemán ao inglés por Marion Wiesel, 1979, páxina 13.
- “O contrario do amor non é odio, é a indiferenza. O contrario da beleza non é a fealdade, é a indiferenza. O contrario da fe non é a herexía, é a indiferenza. E o contrario da vida non é a morte, senón a indiferenza entre a vida e a morte”.
- US News & World Report (27 de Outubro de 1986).
- “A indiferenza, para min, é a personificación do mal”.
- US News & World Report (27 de Outubro de 1986).