graxa
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈɡɾaʃa̝/ (AFI)
graxa (sg: graxa; pl: graxas)
- Manteiga, pingo, unto ou sebo dun animal.
- (Bioquímica) Nome daquelas substancias orgánicas formadas pola combinación de ácidos graxos (de 4 ou máis átomos de carbono) e glicerina. Está presente nos organismos animais e vexetais, ás veces concentrada en tecidos especializados ou zonas de depósito. Como compoñente dos alimentos, ten unha función esencialmente enerxética.
- Lubricante composto de graxa.
graxa (ms: graxo; mpl: graxos; fs: graxa; fpl: graxas)
- Feminino singular de graxo.