Saltar ao contido

picado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pi.'ka.ðo̯/ (AFI)

Adxectivo

picado
(ms: picado; mpl: picados; fs: picada; fpl: picadas)

  1. Que ten pequenas feridas feitas por un animal ou unha cousa.
  2. Dito do mar, que está abalado, que ten moitas ondas.
  3. Dito dunha persoa, que ten pegadas ou cicatrices da varíola.
  4. Que está agre.
  5. Dito coloquialmente, que está enfadado.

Substantivo masculino

picado
(sg: picado; pl: picados)

  1. Acción e efecto de picar.
  2. Descenso rápido e case vertical que fan os avións ao aterrar, ou algunhas aves cando pousan ou cazan ás súas presas en voo.
  3. Carne ou outras substancias picadas.
  4. (Música) Maneira de executar as notas musicais interrompendo momentaneamente o son entre unhas e outras.
  5. Punto de baile rexional.