pisco
Aparencia
Galego
pisco1
- Pronuncia: [ˈpis.kʊ] (AFI)
pisco (sg: pisco; pl: piscos)
- (Ornitoloxía) Paxaro da familia Muscicapidae, que antes se clasificou dentro da familia do merlo (Turdidae), de pequeno tamaño e un peito característico alaranxado, espallado por boa parte de Eurasia.
Nome científico
Sinónimos
Traducións
- Ver paporrubio.
pisco2
- Etimoloxía: da cidade de Pisco.
- Pronuncia: [ˈpis.kʊ] (AFI)
pisco (sg: pisco; pl: piscos)
- (Alimentación) Nome de dúas variedades de augardentes de uva, producidas en Chile e no Perú, elaboradas fundamentalmente mediante a destilación do produto da vide, como o brandy e o coñac, mais sen unha prolongada crianza en barricas de madeira.