Terra Eo-Navia

Revisión feita o 1 de xuño de 2021 ás 03:17 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 8 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
Terra Eo-Navia
Localización
Eo-Navia e Ibias
Datos
Capital Navia
Comunidade Autónoma Asturias Asturias
Superficie 1.645 km²
Poboación (2007) 36.208 hab.
Densidade de poboación 22,01 hab./km²

A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia)[1] é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.

Orixe

O termo naceu en sectores do galeguismo[Cómpre referencia], e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.

En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área[2]. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan[3] frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.

Datos

Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira (que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas) existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan astur-leonés[Cómpre referencia].[4]

Notas

  1. "Informe lingüístico sobre a terra Eo-Navia". Andel Virtual. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de maio de 2009. 
  2. "Carlos Varela, académico da RAG, fala dun tabú a se referir á lingua como galego na zona Eo-Navia". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 06 de maio de 2009. 
  3. "Plataforma Cultural Eonaviega contra o galeguismo no Occidente de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 06 de maio de 2009. 
  4. 2004, 7 63-66 (páxina II) Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Concellos