15 de febreiro
data
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 15 de febreiro é o 46º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1412 - Cataluña e Aragón asinan a Concordia de Alcañiz para designar ao novo rei de Aragón.
- 1898 - O navío USS Maine explota no porto da Habana, Cuba por razóns descoñecidas (hoxe crese que foi un fallo interno). Os Estados Unidos utilizan a explosión como un pretexto para comezar unha guerra con España. O saldo desta guerra foi a derrota española e a perda de Cuba, Porto Rico, Guam e Filipinas para os EEUU.
- 1910 - Edítase o primeiro número do diario ourensán La Región.
- 1934 - Fusión de Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista nunha soa agrupación patriótica nacional-sindicalista: FE de las JONS.
- 1944 - No marco da segunda guerra mundial, comeza en Italia a batalla de Monte Cassino.
Nacementos
editar- 1564 - Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano.
- 1748 - Jeremy Bentham, pensador inglés, creador do utilitarismo.
- 1811 - Domingo Faustino Sarmiento, presidente da Arxentina (m. 1888).
- 1851 - Susan B. Anthony, reformadora e sufraxista norteamericana.
- 1851 - Antero Rubín, militar e político galego.
- 1861 - Alfred North Whitehead, filósofo e matemático inglés.
- 1861 - Charles Edouard Guillaume, físico suízo.
- 1874 - Ernest Shackleton, explorador británico nado en Irlanda (m. 1922).
- 1877 - Tirso Lorenzo Rodríguez, xornalista e escritor galego.
- 1882 - John Barrymore, actor norteamericano.
- 1908 - Pedro Laín Entralgo, médico e escritor español.
- 1913 - Leandro Carré Brandariz, xornalista e militante libertario galego.
- 1918 - Marcial Suárez, escritor galego (m. 1996).
- 1948 - José Ferreiro Porto, historiador e profesor galego.
- 1950 - Demetrio Fernández González, bispo católico español.
- 1954 - Ernesto Sánchez Pombo, xornalista español.
- 1954 - Matt Groening, debuxante de banda deseñada norteamericano.
- 1954 - José Manuel Sabucedo Cameselle, psicólogo galego.
Mortes
editar- -399 - Sócrates, filósofo grego.
- 1152 - Conrado III, emperador do Sacro Imperio Xermánico (n. 1093).
- 1781 - Gotthold Ephraim Lessing, escritor e crítico alemán (n. 1729).
- 1857 - Mikhail Glinka, compositor ruso.
- 1926 - Juan Manuel Rodríguez de Cea, político e xornalista galego (n. 1854).
- 1926 - José María Ozores de Prado, xurista e político galego (n. 1877).
- 1938 - Arturo Vázquez Vázquez, mineiro, sindicalista e militar galego (n. 1901).
- 1940 - Manuel Lugrís Freire, escritor e galeguista, Día das Letras Galegas de 2006 (n. 1863).
- 1940 - J.-H. Rosny aîné, escritor de ciencia ficción (n. 1856).
- 1965 - Nat King Cole, músico estadounidense.
- 1999 - Henry Way Kendall, físico norteamericano (n. 1926).