1938
ano
1938 (MCMXXXVIII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano. Foi designado como o Ano do Tigre segundo o Horóscopo Chinés.
1938 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1938 MCMXXXVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2691 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1387 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4634 – 4635 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5698 – 5699 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1993 – 1994 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1860 – 1861 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5039 – 5040 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1316 – 1317 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1357 – 1358 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2188 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 1 de xaneiro - No Brasil, Getulio Vargas inicia o Estado Novo, de tendencia fascista.
- 26 de xaneiro - Fusilados na Coruña Lisardo Longueira García, Justo Galán Barbero, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández
- 27 de xaneiro - Fusilados en Ferrol os republicanos Amada García, Antonio Eytor Canizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi, Juan José Teijeiro Leira, Jaime González Pérez, Ramón Rodríguez López e Germán López García.
- 5 de marzo - Fusilados en Ferrol José Silva Fernández, Juan Nicasio González Díaz, Agustín Veiga Mejuto, Alejandro Julias Torres, Pedro Dobarro Regueira, Ricardo Cana Lucena, Luis Cotter Mauriz, José Abrodes Linares e Manuel Caridad Castro.
- 7 de marzo - Fusilados na Coruña José Feito García, Aquilino Parapar Franco, Luís Ardao López, Alfonso Castrillo López, Lino Carrión Castilla, José Longueira Bermúdez, José Gómez Roibal e Andrés Pérez Adega.
- 7 de marzo - Fusilados en Ourense José Delgado Nuñez, José María Cid Nóvoa, Eduardo Piñeiro Canal, Modesto Gallego González, Ramón Vázquez Rodríguez, Odilo Fernández Freire, Leovigildo Carril Freire e Castor Iglesias Gil.
- 7 de marzo - Fusilados en Santiago de Compostela Jesús Regueiro Bueno, Antonio Caldelas e José Rodríguez Gerpe.
- 9 de marzo - Fusilados en Punta Herminia (A Coruña) os sindicalistas da CRG Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.
- 29 de marzo - José Varela Bouza e José María Blanco Barros morren nun enfrontamento coa Garda civil en Perbes.
- 10 de abril - Consello de guerra na Coruña contra os republicanos de Mondoñedo José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria.
- 16 de abril - Crime do Candedo. No lugar do Candedo (Ourol), falanxistas e gardas civís matan a Felicitas Casabella Fernández, á súa irmá María Josefa Casabella Fernández e a súa filla Encarna Casabella, de trece anos de idade.
- 30 de outubro - Orson Welles recrea na radio a novela A guerra dos mundos, e aterroriza ós oíntes dos Estados Unidos.
- 7 de novembro - As forzas do Exército Popular da República realizan sen previo aviso un bombardeo sobre a localidade cordobesa de Cabra.
- 13 de decembro - Créase a ONCE, daquela baixo o nome de Organización Nacional de Cegos
- 22 de decembro - Otto Hahn, do Instituto Kaiser de Berlín, e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia.
Acontecementos de maior duración
editar- Guerra civil española (1936-1939)
Nacementos
editar- 2 de xaneiro - Hans Herbjørnsrud, escritor noruegués
- 5 de xaneiro - Xoán Carlos I, rei de España.
- 18 de xaneiro - Anthony Giddens, sociólogo británico.
- 4 de marzo - Florentino Cacheda, empresario galego.
- 4 de maio - Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista galego.
- 10 de maio - Manuel Martínez Santana, máis coñecido como Manolo Santana, xogador de tenis español.
- 25 de maio - Raymond Carver, escritor estadounidense.
- 18 de xullo - Paul Verhoeven director de cine holandés.
- 7 de agosto - Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor galego.
- 25 de agosto - Frederick Forsyth, escritor británico.
- 17 de setembro - Perry Robinson, compositor e clarinetista de jazz estadounidense.
- 30 de setembro - Ulrich Rückriem, escultor alemán.
- 5 de outubro - Ángel Barja, compositor galego.
- 25 de outubro - Apolo Nsibambi, primeiro ministro de Uganda.
- 11 de novembro - Wu Yi, política chinesa.
- 5 de decembro - J.J. Cale, músico e compositor estadounidense.
- 10 de decembro - Buciños, escultor galego.
- 14 de decembro - Leonardo Boff, teólogo brasileiro.
- 16 de decembro - Liv Ullmann, actriz, escritora e cineasta noruguesa.
- 31 de decembro - Atje Keulen-Deelstra, patinadora neerlandesa.
Mortes
editar- 11 de xaneiro - Siervo González Rivas, sindicalista e político galego (asasinado).
- 27 de xaneiro - Amada García Rodríguez, comunista galega (fusilada).
- 29 de xaneiro - Fernando Barcia Veiras, mestre e político galego (fusilado).
- 3 de febreiro - Alejandro Porto Leis, alcalde de Serantes (asasinado).
- 15 de febreiro - Arturo Vázquez Vázquez, mineiro, sindicalista e militar galego (fusilado).
- 1 de marzo - Gabriele D'Annunzio, novelista, poeta e dramaturgo italiano.
- 7 de marzo - Antonio Reboiro Rodríguez, político galego (fusilado).
- 8 de marzo - Manuel García Prieto, político español.
- 9 de marzo - Cándido Sánchez Rodríguez, ferreiro e sindicalista galego (fusilado).
- 14 de marzo - Félix Estrada Catoyra, médico e ensaísta galego (n. 1853).
- 28 de marzo - Justo Taladrid Catá, empresario e político galego (n. 1864).
- 2 de abril - Eduardo Araujo Conde, sindicalista e político galego.
- 2 de abril - Gustaf Munch-Petersen, escritor e pintor danés (n. 1912).
- 12 de abril - Perfecto Allo Sabor, sindicalista galego (asasinado).
- 15 de abril - César Vallejo, poeta peruano.
- 24 de abril - George Grey Barnard, escultor estadounidense (n. 1863).
- 26 de abril - Edmund Husserl, filósofo alemán.
- 28 de abril - Alfredo Pérez Viondi, médico, militar e político galego. (n. 1872).
- 13 de maio - Charles Edouard Guillaume, físico suízo, premio Nobel de Física en 1920.
- 13 de maio - Consuelo Alonso González, militante comunista galega (fusilada).
- 13 de maio - Segundo Abal Padín, mestre e político galego (fusilado).
- 8 de xuño - Miguel Revestido Rodilla, xornalista e escritor galego (n. 1892).
- 15 de xuño - Ernst Ludwig Kirchner, pintor alemán (n. 1880).
- 19 de xuño - José Monzo, sindicalista anarquista galego (n. 1906).
- 13 de xullo - Ramón Somoza Álvarez, político galego (paseado).
- 6 de agosto - Manuel Linares Rivas, escritor galego en castelán (n. 1867).
- 7 de agosto - Konstantin Stanislavsky, director ruso.
- 10 de agosto - Waldo Álvarez Insua, escritor e xornalista galego.
- 19 de setembro - Pablo Pérez Costanti, arquiveiro, xornalista e escritor galego.
- 25 de outubro - Alfonsina Storni, poeta arxentina.
- 2 de novembro - Leoncio Virgós Guillén, farmacéutico, médico e político galego (n. 1882).
- 10 de novembro - Mustafa Kemal Atatürk, presidente de Turquía (1923-1938).
- 11 de decembro - Christian Lange, historiador e pacifista noruegués, premio Nobel da Paz en 1921.
- 27 de novembro - Roque Pesqueira Crespo, escritor galego (n. 1865).
- 27 de decembro - Osip Mandelshtam, poeta ruso.
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1938 |