16 de decembro
data
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 16 de decembro é o día número 350 do ano no calendario gregoriano e o número 351 nos anos bisestos. Quedan 15 días para rematar o ano.
Acontecementos
editar- 1740 - na actual Polonia, o rei prusiano Frederico II o Grande invade Silesia (nesa época parte do Imperio austríaco), o que inicia a guerra de Sucesión Austríaca.
- 1965 - Lanzamento de Pioneer 6 para estudar o espazo interplanetario.
- 1971 - Paquistán recoñece a independencia do Bangladesh, antigo Paquistán Oriental
- 1972 - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 1.
- 1989 - Comeza unha revolución en Timisoara, Romanía, que leva a derrubar ao ditador Nicolae Ceaușescu
- 1990 - Jean-Bertrand Aristide é elixido presidente de Haití despois de 30 anos de ditadura
- 2003 - En Barcelona o parlamento catalán elixe a Pasqual Maragall presidente da Generalitat de Cataluña
Nacementos
editar- 1770 - Ludwig van Beethoven, compositor alemán (m. 1827).
- 1775 - Jane Austen, novelista inglesa (m. 1817).
- 1811 - Xoán Manuel Pintos Villar, escritor e lexicógrafo do Rexurdimento galego (m. 1876).
- 1814 - Joan Prim i Prats, político español (m. 1870)
- 1865 - Olavo Bilac, poeta brasileiro (m. 1918).
- 1866 - Wassily Kandinsky, pintor e teórico de arte ruso.
- 1884 - Julio Camba, escritor humorístico e xornalista (m. 1962).
- 1901 - Margaret Mead, antropóloga cultural estadounidense. (m. 1978)
- 1902 - Rafael Alberti, poeta español.
- 1917 - Arthur C. Clarke, escritor inglés, autor de 2001, unha odisea do espazo.
- 1928 - Philip K. Dick, escritor estadounidense (m. 1982).
- 1930 - Carlos Baliñas Fernández, profesor e filósofo galego.
- 1938 - Liv Ullmann, actriz e directora de cine norueguesa.
- 1943 - Steven Bochco, produtor e guionista de televisión norteamericano.
- 1957 - Antonio Vega, músico español (m. 2009).
- 1982 - María Neves Soutelo, poeta galega.
- 1997 - Zara Larsson, cantante sueca.
Mortes
editar- 714 - Pipino II, mordomo de palacio de Austrasia.
- 1515 - Afonso de Albuquerque, militar portugués.
- 1774 - François Quesnay, economista francés (n. 1694).
- 1859 - Wilhelm Grimm, escritor e folclorista alemán (n. 1786).
- 1916 - Grigorii Rasputin, vidente ruso (n. 1864).
- 1921 - Camille Saint-Saëns, compositor, pianista e organista francés (n. 1835).
- 1922 - Eliezer Ben-Yehuda, filólogo hebreo (n. 1858).
- 1945 - Kurt Dinter, botánico e explorador alemán (n. 1868).
- 1965 - William Somerset Maugham, escritor británico (n. 1874).
- 1969 - Leo Mathisen, pianista e cantante de jazz dinamarqués (n. 1906).
- 1989 - Silvana Mangano, actriz italiana.
- 2011 - Manuel Jalón Corominas, inventor español que inventou a fregona en 1964 (n. 1925).
- 2015 - Xosé Fernández Ferreiro, escritor galego (n. 1931).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santa Adelaida, María dos Anxos.