7 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 7 de outubro é o 280º día do ano do calendario gregoriano (281 nos anos bisestos). Quedan 85 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 3761 a. C.: comeza a conta do calendario hebreo moderno.
- -539: O exército de Ciro II de Persia entra en Babilonia.
- 1072: Sancho II o Forte, rei de Castela, é asasinado xunto ás murallas de Zamora por Bellido Dolfos.
- 1407: O decano da facultade de medicina de París, Johannes Leporis, realiza na persoa do bispo de Arras a primeira disección coñecida.
- 1558: Filipe II de España impón a censura previa para o que se publique ou se introduza en España.
- 1571: Batalla de Lepanto, na que o poder marítimo dos turcos foi abatido pola Liga Santa: España, Roma e Venecia, so mando de Xoán de Austria.
- 1625: O duque de Medina-Sidonia, gobernador de Andalucía, repele un ataque inglés por mar contra a cidade de Cádiz.
- 1736: Augusto III, duque de Saxonia, funda a Orde de San Henrique.
- 1737: Un furacán causa a morte dunhas 300 000 persoas no golfo de Bengala.
- 1813: O exército anglo-luso-español, baixo o mando do Duque de Wellington penetra en Francia na persecución do exército francés e dá fin á guerra da independencia.
- 1841: Repélese a sublevación dun rexemento encabezado polos xenerais Concha e León, que asalta o Palacio Real para apoderarse da raíña Isabel II. Os rebeldes foron vencidos.
- 1872: Comenza un grande incendio que en dous días devasta máis de 8 quilómetros cadrados, destrúe 17 450 edificios de Chicago e causa a morte de 200 persoas.
- 1877: Arxentina: o doutor Adolfo Alsina e o xeneral Bartolomé Mitre, adversarios políticos, dan unha aperta publicamente na Praza de Maio.
- 1879: Asínase en Viena o Tratado de dobre alianza entre Alemaña e Austria.
- 1881: María Castells e Vallespí é a primeira muller que obtén o doutoramento en medicina.
- 1886: Abolición da escravitude en Cuba.
- 1903: O norteamericano Samuel Pierpont Langley fracasa na súa tentativa de facer voa-lo seu avión ao lanzalo cunha catapulta fixada nun pontón.
- 1904: George Heath gaña na primeira carreira de automóbiles, celebrada en Westburg, Long Island (EUA), cun "Panhard".
- 1904: Un tratado franco-español sobre Marrocos garante a soberanía española sobre o Rif e recoñece a Francia o dereito de "vixiar e asistir" o sultán.
- 1904: Chega o vapor inglés Nol Argomant, con máis de 100 turistas a Palma.
- 1904: A frota rusa do mar Báltico leva áncoras de Libau.
- 1908: A anexión de Creta a Grecia, ameazou cun conflito armado con Turquía.
- 1908: Nota do goberno austro-húngaro a Turquía sobre a anexión de Bosnia.
- 1909: Estréase en Moscova a ópera O galo de ouro, de Rimskii-Korsakov.
- 1909: Nunha entrevista, o xeneral D'Amade afirma que os españois ameazan a Francia en Marrocos. Ao sabelo o presidente do Consello, faino pasar á reserva.
- 1912: Inaugurase as obras do porto de Valparaíso.
- 1915: O rei Constantino I de Grecia forma novo goberno.
- 1916: O presidente da República de México, Venustiano Carranza, prohibe as corridas de touros.
- 1916: O quinto empréstito de guerra alemán achega dez mil millóns e medio de marcos.
- 1916: Tropas alemás e austríacas conquistan Kronstadt (Brasov), en Romanía.
- 1917: O xeneral xefe do arsenal de Cádiz queda cesado ao escapar un submarino alemán que estaba retido no mesmo porto.
- 1920: O secretario xeral da Sociedade de Nacións convoca os estados asociados á conferencia de Barcelona.
- 1921: Walter Rathenau fixa co ministro francés as prestacións que a industria alemá debe realizar como parte das reparacións de guerra.
- 1924: Numerosas tropas concentráronse en Veracruz, co obxecto de saír na persecución dos continxentes de bandidos que aterrorizan a rexión.
- 1925: A bailarina estadounidense Josephine Baker debuta na Revista negra no music-hall dos Campos Elisios.
- 1926: Un decreto lei converte o partido fascista no partido único de Italia.
- 1928: Comeza en Berlín a primeira exposición aeronáutica internacional de despois da guerra.
- 1933: André Malraux publica A condición humana.
- 1934: Réndese a Generalitat de Cataluña ás tropas do capitán xeneral da IV División militar, Domingo Batet, tras a rebelión do día anterior.
- 1935: Fúndase a Federación para a protección dos escritores alemáns, presidida por Thomas Mann.
- 1936: Apróbase o Estatuto de Autonomía do País Vasco.
- 1936: Chega a Moscova o embaixador de España na URSS, Marcelino Pascua.
- 1937: O autoproclamado Goberno do xeneral golpista Francisco Franco institúe por decreto o Servizo Social da muller.
- 1939: Estréase en Barcelona a película Carmen la de Triana, interpretada por Imperio Argentina e Rafael Rivelles.
- 1939: As emisoras de radio españolas quedarán suxeitas a censura.
- 1940: Ernest Hemingway publica a obra Por quen dobran as campás.
- 1942: As tropas xaponesas evacúan as illas Aleutianas.
- 1944: Dumbarton, dos Estados Unidos, reúne os representantes dos Estados Unidos, URSS, Gran Bretaña e a China nunha conferencia para establecer as bases da ONU e do Consello de Seguridade.
- 1945: O xintoísmo deixa de ser a relixión do estado do Xapón.
- 1947: O primeiro ministro británico Attlee destitúe once dos seus ministros.
- 1948: Estréase en Minnesota o Círculo de xiz caucasiano, obra de Bertolt Brecht.
- 1948: Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, nomeado embaixador de España ante a Santa Sé.
- 1949: Proclamación da República Democrática Alemá na zona de ocupación soviética, polo Consello do Pobo.
- 1950: O sha Reza Pahlevi inaugura en Teherán o primeiro Senado da historia de Irán.
- 1950: 30 000 soldados chineses invaden o Tíbet e toman o control da política exterior até que se asine o tratado chinés-tibetano.
- 1952: Estréase en Barcelona a película Amaya, dirixida por Luis Marquina, e protagonizada por Susana Canales e Julio Peña.
- 1953: O coñecido cirurxián estadounidense Eugene Muron Bricker comunica a substitución con éxito da vexiga urinaria por un anaco de intestino delgado.
- 1956: Golda Meir, ministra de Asuntos Exteriores de Israel, declara que, ante a incapacidade da ONU, o seu país devolverá golpe por golpe.
- 1957: Inauguración da central térmica de Escombreras.
- 1958: O presidente paquistaní, Iskander Mirza, declara a lei marcial suspendendo a constitución e a asembleas parlamentarias como resposta ás malas colleitas e á corrupción.
- 1959: O Lunik III obtén as primeiras fotografías do lado oculto da Lúa.
- 1965: Implántase o estado de sitio en Portugal para combater a folga de servizos públicos.
- 1967: Primeiro concerto oficial da orquestra Ciutat de Barcelona, dirixida por Antoni Ros-Marbà.
- 1969: O presidente brasileiro Garrastazu Medici é designado xefe de Estado.
- 1975: A guerra civil do Líbano redobra a súa violencia no Beirut.
- 1975: O presidente mexicano, Luis Echeverría Álvarez, ratifica a súa petición de que España sexa expulsada da ONU.
- 1977: Máis de 100 000 vascos maniféstanse a favor da autonomía de Euskadi.
- 1978: Decrétase o alto o fogo en Beirut.
- 1980: O grupo catalán Comediants estrea na sala Olimpia, de Madrid, Sol, solet.
- 1982: Os deputados suecos elixen a Olof Palme xefe do Goberno.
- 1985: Un comando palestino secuestra o transatlántico italiano "Achille Lauro" e entréganse ao día seguinte despois de matar un pasaxeiro.
- 1985: Graves enfrontamentos raciais no suburbio londiniense de Tottenham.
- 1986: O Papa Xoán Paulo II remata a súa estadía en Lión (Francia) despois de facer xa tres viaxes a este país no seu pontificado.
- 1989: O Partido Democrático de Botswana, no poder dende a independencia en 1966, gaña amplamente as eleccións lexislativas.
- 1989: O presidente arxentino, Carlos Menem, firma os decretos que indultan os procesados por delitos cometidos na ditadura.
- 1989: A celebración do corenta aniversario da fundación da RDA acompáñase das maiores manifestacións de protesta dende o 17 de xuño de 1953.
- 1990: O Partido Socialista de Austria gaña as eleccións parlamentarias.
- 1990: Os estadounidenses Joseph E. Murray e E. Donnall Thomas obteñen o Premio Nobel de Medicina.
- 1991: Croacia e Eslovenia convértense en repúblicas independentes ao separarse de Iugoslavia, tras concluír a moratoria de tres meses prevista nos acordos de Brioni.
- 1992: Abimael Guzmán, dirixente de Sendeiro Luminoso, queda condenado a cadea perpetua polo tribunal peruano.
- 1993: Acórdase a cesión da xestión do 15 % do IRPF ás comunidades autónomas.
- 1993: Outorgado o Premio Nobel de Literatura á escritora estadounidense Toni Morrison.
- 1999: Os Reis inauguran o Gran Teatro do Liceo de Barcelona, reconstruído tralo incendio de 1994 que o deixou calcinado.
- 2002: Un mozo de trece anos convértese na oitava vítima, en catro días, dun francotirador que actúa nos arredores de Washington.
- 2003: Os "pais" da Constitución española conmemoran o 25 aniversario da Carta Magna cunha petición de consenso para acometer posibles reformas.
- 2003: A poetisa sevillana Julia Uceda gaña o Premio Nacional de Poesía.
- 2003: Unha matanza entre etnias rivais causa 65 mortos nunha aldea do noroeste da República Democrática do Congo.
Nacementos
editar- 1746 - William Billings, compositor estadounidense de música coral.
- 1748 - Carlos XIII, rei de Suecia (1809-1818) e de Noruega (1814-1818).
- 1885 - Niels Bohr, físico alemán, Premio Nobel de Física 1922.
- 1888 - Henry Agard Wallace, enxeñeiro agrónomo e vicepresidente dos EUA.
- 1892 - Ramón Barba Guichard, escultor e debuxante español.
- 1897 - Julio Ruiz de Alda, aviador e político español.
- 1897 - Elijah Muhammad, activista musulmán negro estadounidense.
- 1900 - Heinrich Himmler, oficial alemán nazi.
- 1905 - Andy Devine, actor estadounidense.
- 1912 - Fernando Belaúnde Terry, político e arquitecto peruano.
- 1917 - June Allison, actriz estadounidense.
- 1917 - Helmut Dantine, actor austríaco.
- 1919 - Georges Duby, historiador e investigador francés.
- 1919 - Rita Hayworth, actriz estadounidense.
- 1926 - Diana Lynn, actriz estadounidense.
- 1927 - Juan Benet, escritor español.
- 1927 - Ronald Laing, psiquiatra británico.
- 1931 - Desmond Tutu, arcebispo anglicano surafricano, Premio Nobel da Paz 1984.
- 1934 - Amiri Baraka, escritor estadounidense.
- 1935 - Thomas Keneally, escritor australiano.
- 1952 - Vladimir Putin, político ruso.
Mortes
editar- 336 - San Marcos, Papa.
- 560 - Santo Augusto, relixioso francés.
- 732 - Abd-er-Rahman-Ben-Abdallah-Algafari, sétimo emir ou gobernador árabe de España.
- 1472 - Michelozzo, arquitecto do Quattrocento.
- 1488 - Andrea del Verrocchio, escultor e pintor florentino.
- 1553 - Cristóbal de Morales, compositor español.
- 1796 - Thomas Reid, filósofo británico.
- 1849 - Edgar Allan Poe, escritor estadounidense.
- 1878 - Tomás Cipriano de Mosquera e Arboleda, político militar e estadista colombiano.
- 1939 - Ernest Vincent Wright, escritor estadounidense (n. 1873)
- 1944 - Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (n. 1860).
- 1959 - Mario Lanza, actor e cantante estadounidense.
- 1962 - Karen Blixen, escritora dinamarquesa (n. 1885)
- 1967 - Manuel Quintín Lame, líder indíxena colombiano.
- 1975 - Antonio Bienvenida, toureiro español.
- 1982 - Alexandre Núñez Alonso, novelista español.
- 1990 - Juan José Arévalo Bermejo, político e mestre guatemalteco, expresidente de Guatemala.
- 1991 - José Luis Dávila, "Pepe Luis", debuxante español.
- 1993 - Cyril Cusack, actor irlandés.
- 1993 - Agnes George de Mille, bailarina e coreógrafa estadounidense.
- 1994 - Niels Kaj Jerne, inmunólogo británico, Premio Nobel de Medicina 1984.
- 2002 - Eduald Serra, escultor español.
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Nosa Señora Virxe do Rosario (Patroa da Coruña). San Marcos (Papa); Xulia e Xustina (Virxes); Elano, Serxio, Baco, Leopardino, Nabor, Marcelo e Apuleio (Mártires); Gustavo, Augusto e Canoco (Abades); Paladio, Rigaldo, Cuarto e Eleuterio (Bispos); Adalxio e Igaldo (Eremitas).