Aeroporto da Coruña
O aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), tamén coñecido como aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado en Alvedro, Almeiras, Culleredo no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña.
Sumario | |||
---|---|---|---|
Tipo | Público | ||
Propietario | Aena | ||
Cidade/Illa | A Coruña | ||
Localización | Alvedro, Culleredo | ||
Elevación (msnm) | 100 metros / 328 pés | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 2340x45 | 7677x148 | asfalto |
Estatísticas (2019) | |||
Pasaxeiros | 1 352 583 | ||
Aumento pasaxeiros | 10,3% | ||
Operacións | 17 199 | ||
Aumento operacións | -2% | ||
Carga (ton.) | 152 | ||
Aumento carga | -7,8% | ||
Fonte: AENA[1] |
Historia
editarO primeiro proxecto do aeroporto na cidade da Coruña foi aprobado en Consello de Ministros o 11 de setembro de 1953 e declaraba o traballo de realización urxente. Se non houbera un proxecto anterior foi en parte debido ás dificultades orográficas e climáticas da zona e o impulso dado á construción do aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, que fora inaugurado en 1935.
Este primeiro proxecto implicaba a construción dun campo de voos na meseta de Alvedro, en Culleredo, que se consideraba suficiente para a construción dun aeródromo tipo C. En proxectos posteriores incluíuse a construción dunha área de estacionamento e unha terminal de viaxeiros.
En 1961 foron instalados a radiobaliza e os grupos electróxenos da central eléctrica e en 1962 construíuse o predio terminal, realizouse a sinalización da pista de voos e foi urbanizada a contorna da terminal. Mentres estes traballos eran realizados, a Deputación da Coruña encargouse da construción da estrada que uniría o aeroporto coa Coruña e Santiago de Compostela, e a Dirección de Protección do Voo completou as instalacións de axuda á navegación. Finalmente, en 1963, construiríase o predio de servizos.
Unha vez rematadas as obras ábrese o aeroporto ao tráfico aéreo civil español e a inauguración oficial ten lugar o 25 de maio de 1963. O seu primeiro voo foi coa liña de Iberia dende Madrid ata A Coruña e volta.
En 1964, e só durante ese ano, operaría a liña Vigo-Coruña-Santander-Donostia-Barcelona con avións Convair 400. Non foi até 1971, cando se retomou esta liña co mesmo discreto resultado. A finais dos anos 60 chegaron os primeiros voos chárter desde Suíza e Londres.
O 13 de agosto de 1973 tivo lugar o peor accidente da aviación da historia de Galicia en Montrove, Oleiros, no que morreron oitenta e cinco persoas. Este feito reduciu a actividade do aeroporto.
O 28 de abril de 1990 reinaugurouse o aeroporto[2][3] e ó longo de toda a década sufrirá varias modificacións na terminal de pasaxeiros, no alongamento da pista, na construción de fingers e a conexión de voos internacionais a Londres e Lisboa.
Infraestruturas
editarO aeroporto da Coruña conta cunha pista asfaltada na súa totalidade de 2.340 metros con orientación 035º/215º, resultando as pistas 03 e 21. Esta última cabeceira conta con axudas instrumentales VOR-DME, NDB e ILS CAT II/III, mentres que a pista 03 pese á insistencia por parte das aeroliñas de que se instale un VOR [Cómpre referencia] ao non ser posible o uso dun ILS pola proximidade dun monte de alta elevación que deixa tras de si o punto de decisión, a cabeceira non conta con ningunha axuda instrumental, de modo que as aproximacións a devandita pista son completamente visuais. Así mesmo, a pista é a segunda máis pequena dos aeroportos españois peninsulares logo da pista do aeroporto de San Sebastián. O 25 de xuño de 2015 a pista quedou ampliada en 400 metros ata os 2.340 metros asfaltados, permitindo a operatividad de avións do tipo Airbus A320 a carga completa,[4] ou modelos de maiores dimensións utilizados en voos transoceánicos con certa penalización de carga, como os Airbus A330 ou os Boeing 777[Cómpre referencia].
O aeroporto conta cunha terminal inaugurada en 1996, que conta cunha cafetería, tendas e, por suposto, a zona de facturación e embaque, con 4 portas (gates) en total.
O aparcadoiro do aeroporto terminou as súas obras de ampliación en novembro de 2010, o que implica un aumento considerable de prazas para vehículos, case 2000, distribuídas en catro niveis (un a nivel de chan e tres plantas subterráneas).
Outros dos servizos cos que conta o aeroporto son un pequeno parque de bombeiros, un autobús para desprazar aos pasaxeiros ata os avións que haxa en pista e unha estación turística para voos en avioneta pola cidade da Coruña.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Europa | Madrid |
Iberia | Madrid |
Volotea | Bilbao |
Vueling | Barcelona, Londres-Heathrow, Sevilla, Valencia, Gran Canaria, Tenerife-Sur, Málaga, Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao |
Tráfico
editarO aeroporto da Coruña experimentou nos últimos anos un notábel incremento do número de viaxeiros, pasando de 367.586 en 1996 a 1.014.780 en 2006. Tamén en número de operacións e no transporte de mercadorías houbo aumento, no 2006 xestionáronse 17.406 operacións e movéronse 554 toneladas de carga.
No 2007 chegouse aos 1.266.804 de pasaxeiros grazas, á implantación de novas aeroliñas como EasyJet e Clickair, e co incremento de frecuencias e rutas que voan sobre Alvedro. Esta cifra do 2007 foi á máxima que rexistrou o aeroporto, pois no 2008 a actividade comercial na terminal experimentou un descenso que continuou no 2009.
1994 | 1995 | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
259.000 | 295.286 | 359.854 | 412.325 | 452.367 | 492.611 | 589.000 | 654.064 | 532.236 | 549.850 | 586.218 | 852.043 | 1.014.500 | 1.266.804 | 1.174.970 |
+14.58% | +9.71% | +8.9% | +19.57% | +11.05% | -18.62 | +5.07 | +6.61% | +45.53% | +19.07% | +24.87% | -7,2% |
2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.068.823 | 1.101.208 | 1.012.800 | 845.452 | 839.837 | 988.834 | 1.025.688 | 1.063.291 | 1 141 142 | 1 225 763 |
-9.05% | +3.03% | -8.03% | -16,52% | -0.66% | +17,7% | +3,7% | +3,7% | +7,3% | + 7,4% |
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do aeroporto de Alvedro, Culleredo
-
Instalacións
-
Avión sobrevoando O Burgo tras saír do aeroporto
-
Mostrador de facturación
-
Radio baliza VOR/DME Lorbé, Oleiros
-
Vista da plataforma de aeronaves civís do aeroporto da Coruña. Vemos un A319 de EasyJet, un A320 de Iberia, un 737-800 de Air Europa e unha G550 privada.
Notas
editar- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2019.
- ↑ Molezún, Fernando (11-5-2015). "El día que Alvedro comenzó a despegar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30-12-2016.
- ↑ "Alvedro bien vale una verbena". La Opinión (en castelán). 22-9-10. Consultado o 30-12-2016.
- ↑ Ibañez, Carmen. "Aeropuerto de La Coruña" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto da Coruña |