Aeroporto de Bacău-George Enescu
O aeroporto de Bacău-George Enescu (IATA: BCM, OACI: LRBC) é un aeroporto situado en Bacău, Romanía. Foi bautizado na honra do compositor romanés George Enescu e serve como cidade focal para aeroliña de baixo custo Blue Air, que é a única compañía que opera nel. O aeroporto de Bacău comparte a súa pista coa Base 95 da Forza Aérea de Romanía e con Aerostar, unha gran compañía aeroespacial e de defensa romanesa. As súas instalacións atópanse a 5 quilómetros ao sur de Bacău.
Aeroporto de Bacău-George Enescu Aeroportul Internaţional George Enescu Bacău
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Consilium Judetean Bacău | ||
Cidade/Illa | Bacău | ||
Elevación (msnm) | 185 metros / 607 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16/34 | 2 500 | 8 203 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 414 676[1] |
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Blue Air | Bérgamo, Boloña, Bruxelas, Dublín, Liverpool, Londres-Luton, Madrid, Roma-Fiumicino, Turín Estacional: Catania Chárter estacional: Antalya |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Ziarul de Bacău (ed.). "Aeroportul din Bacău a înregistrat o creștere de 14% a numărului de pasageri, anul trecut, deși e în plin șantier". Consultado o 30 de decembro de 2017.