Air Nostrum
Air Nostrum Líneas Aéreas del Mediterráneo, comunmente coñecida pola versión curta Air Nostrum, é unha aeroliña con sede en Valencia, España, que opera como franquía de Iberia baixo o nome Iberia Regional Air Nostrum. Ademais é a compañía líder da aviación rexional española, realiza uns 350 voos ao día e a súa frota está composta por 65 avións de nova xeración. A compañía opera voos domésticos e con 7 países de Europa e Norte de África e ao longo de 2008 transportou máis de 5 millóns de pasaxeiros.
Air Nostrum | ||
---|---|---|
IATA YW | OACI ANE | Indicativo NOSTRUM AIR |
Fundación | 23 de maio de 1994 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Valencia | |
Plan de voo frecuente | Iberia Plus | |
Alianza | Oneworld (afiliada) | |
Frota | 40 | |
Destinos | 70 | |
Páxina web: airnostrum.com |
Características
editarObtivo varios premios, sendo a única rexional europea (xunto a Binter Canarias) en obter 4 veces o premio, na súa categoría Ouro, á Aeroliña do Ano, outorgado por ERA (European Regions Airline Association), e en obter a Palma de Ouro, distinción a perpetuidade, da mesma asociación, á Excelencia Sostida, única aeroliña que actualmente a posúe.
Tamén ofrece voos chárter privados. A súa base de mantemento e de operacións atópase no aeroporto de Valencia, pero conta con bases importantes nos aeroportos de Madrid-Barajas e Barcelona, así como bases secundarias nos aeroportos de Almería, Bilbao, Málaga-Costa do Sol, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla e Vitoria. Os seus voos regulares operan baixo código de Iberia (voos con códigos IB8XXX), polo xeral en rutas cuxa demanda non xustifica o uso dos avións de maior capacidade, ou en rutas rexionais que requiren unha alta frecuencia, como as conexións entre illas en Baleares ou Melilla coa península.
Frota
editarActual
editarEn decembro de 2020 a frota de Air Nostrum estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 72-600 | 11 | — | 72 | |
Bombardier CRJ200 | 8 | — | 50 | |
Bombardier CRJ900 | 4 | — | 90 | |
Bombardier CRJ1000 | 28 | — | 100 | |
Total | 51 | — |
Histórica
editarAvión | Total | Introducido | Retirado | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 42 | 2 | 1997 | 2003 | |
BAe 146 | 4 | 2000 | 2007 | |
Dash 8-300 | 34 | 2001 | 2014 | |
Fokker 50 | 55 | 1994 | 2006 |
Notas
editar- ↑ "Air Nostrum Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-21.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Air Nostrum |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de Air Nostrum (en inglés) (en castelán)
- Datos sobre a frota de Air Nostrum (en varias linguas)