Algeciras Club de Fútbol
O Algeciras Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1912 e actualmente milita no grupo IV da Segunda División B Española. No club militaron os dous únicos alxecireños que xogaron na Selección española de fútbol: Andrés Mateo e Juan López Hita.
Algeciras CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Algeciras Club de Fútbol | ||
Fundación | 1912 (112 anos) | ||
Estadio | Nuevo Mirador, Alxeciras, España | ||
Inauguración | 1999 | ||
Capacidade | 7.500 | ||
Presidente | Francisco Javier Gudiel | ||
Adestrador | Andrés Eslava | ||
Liga | 2ªB – Grupo 4 | ||
2018–19 | 4º (3ª – Grupo 10) | ||
Na rede | |||
http://www.algecirascf.net | |||
| |||
Historia
editarA afección polo balompé na cidade de Alxeciras chegou a finais do século XIX desde a colonia británica de Xibraltar. É contra os equipos desta cidade e os das veciñas do Campo de Xibraltar contra quen levan a cabo as primeira competicións locais. Nos seus primeiros anos os equipos da cidade xogaban en varios campos de area dos arredores da cidade; un destes campos provisionais situábase na zona da cidade denominada El Calvario, cerca do recinto feiral da cidade; será este campo o primeiro no que xogará os seus partidos o Algeciras Club de Fútbol.
O equipo naceu oficialmente en 1912 cun persoal formado por Ricardo Torres, Márquez, Bourman, Casero, Aguilera, Beneroso, Arrabal, Illescas, Imossi, Julio Saénz, Camuesco, Butrón, Coca, Marset, Rivas, Calderón, Beli, Maciste e Díaz; xogando o seu primeiro partido fronte ao Alexandra de Xibraltar quedando empate a cero.
Durante as súas primeiras tres décadas de existencia o equipo milita en categorías rexionais andaluzas. Tras o parón ocasionado pola guerra civil, cando deixan de disputarse partidos de fútbol, o equipo volverá en 1940 a competición rexional para xogar en Terceira división a partir de 1943.
Na tempada 1956-57 o equipo fusionouse co España de Tánxer pasando a denominarse España de Algeciras aínda que na tempada seguinte volve chamarse Algeciras Club de Fútbol. O 16 de setembro de 1954 inaugurouse o estadio de El Mirador cun partido entre a Selección de fútbol de Andalucía e o Athletic de Bilbao con resultado de 1 a 5 para os bilbaínos; deste xeito o equipo dispuxo dunhas instalacións máis modernas e abandonou o antigo estadio do Calvario ameazado polo crecemento da cidade.
Na tempada 1963-64 o equipo ascende por primeira vez a Segunda división española tras xogar en Valencia contra o Atlético Baleares. Ese mesmo ano debuta no club o xogador Juan López Hita que catro anos máis tarde recalará no Sevilla FC e chegará a disputar varios partidos coa Selección española de fútbol. Permanecerá nesta categoría durante catro anos ata que na tempada 1966-67 descende a Terceira e tres anos logo de novo a Rexional.
A recuperación de categoría realizarase de forma gradual os anos seguintes; así na tempada 1974-75 ascéndese á Terceira división, na 1976-77 a Segunda división B e na 1977-78 ascéndese de novo a Segunda división tras gañar en El Mirador a liguiña de ascenso fronte ao Girona Futbol Club. Perderá esta categoría na tempada 1979-80 para recuperala na 1983-84 tras xogar a liguiña de ascenso xunto ao Granada Club de Fútbol, Albacete Balompié e Calvo Sotelo Club de Fútbol. O equipo descende a tempada seguinte e comeza unha época de dificultades económicas e deportivas que culminan co descenso só tres anos despois, en 1986, a Rexional andaluza por falta de pagamentos á Real Federación Española de Fútbol.
Tras isto sucedéronse varios anos nos que o club miltou entre a Terceira división e a Segunda División B até a tempada 2002–03, cando o equipo ascendeu á Segunda División por cuarta vez na súa historia ao gañar o seu partida fronte ao Bilbao Athletic. Nesa tempada 2002–03, o club proclamouse campión do Grupo IV de Segunda B, e tras disputar unha liguiña de ascenso impecable, logrou o ansiado retorno á Segunda División. Uns anos antes, en 1999, inaugurouse o Estadio Nuevo Mirador cun partido entre o equipo local e o Real Betis, gañando este o encontro por un gol a cero. Este novo estadio con capacidade para 7.500 espectadores nacera co obxecto de ser o escenario dunha nova época para o club, por desgraza o equipo comeza a pasar unha serie de penurias de índole económica que acaban reflectíndose no deportivo.
Na tempada 2003–04 descendeu á Segunda División B, baixando a Terceira tras a campaña 2005–06. Tras gañar o campionato na tempada 2006–07, retornaron novamente á Segunda B, quedando últimos na categoría. Por falta de pagamento ao corpo técnico e persoal, o equipo foi descendido dúas categorías, retornando de novo á Primeira División rexional andaluza por ser incapaz de facer fronte ás débedas contraídas co persoal na tempada 2007–08.
Durante a tempada 2008–09, o equipo dirixido polo alxecireño Diego Pérez "Yiyi", ascendeu de novo á Terceira División, na que milita actualmente.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca e vermella a raias verticais, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul cunha raia branca, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Nuevo Mirador.
O club xoga no Estadio Nuevo Mirador, inaugurado en 1999 nun encontro entre o Real Betis Balompié e o mesmo Algeciras CF, con capacidade para 7.500 persoas. Situado no Polígono da Menacha, substituíu o antigo Estadio El Mirador. Antes o equipo tamén xogara en El Calvario.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 9
- Tempadas en 2ª B: 17 (incluída a 2019/20)
- Tempadas en 3ª: 42
- Mellor posto na liga: 3º (Segunda División tempada 65-66)
Xogadores famosos
editarPalmarés
editar- Segunda División B Española (1): 2002-03
- Subcampión da Segunda División B (2): 1977-78, 1982-83
- Terceira División Española (6): 1955-56, 1961-62, 1987-88, 1999-00, 2006-07, 2012–13
- Subcampión da Terceira División (3): 1954-55, 1959-60, 1962-63