Segunda División RFEF
A Segunda Federación de España é a cuarta categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Foi introducida en 1977 co nome de Segunda División B e funcionou como terceira categoría (entre a Segunda División e a Terceira División) durante 44 anos,[1] ata que a introdución en 2021 da nova Primeira División RFEF (hoxe Primeira Federación) alterou a xerarquía das categorías do fútbol español.
A partir da tempada 2021/22, a Segunda B converteuse na cuarta categoría e cambiou a súa denominación, pasando a chamarse inicialmente Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.[2][3] Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.[2][4][5]
A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. O seu status é semiprofesional e, a pesar de non estar integrada na Liga de Fútbol Profesional, gran parte dos seus clubs contan cunha organización de carácter profesional.
Historia
editar1ª etapa como terceira categoría
editarA Segunda División B introduciuse na tempada 1977/78 como unha categoría intermedia entre a Segunda e a Terceira división. Inicialmente estaba formada por dous grupos de 20 equipos e ao termo da tempada, o campión e subcampión de cada grupo ascendían directamente á categoría de prata, mentres que os tres últimos clasificados de cada grupo eran relegados de categoría.
Na tempada 1985/86, con motivo da redución da Segunda División, só ascenderon os dous campións, mentres que os 13 últimos clasificados de cada grupo descenderon a Terceira.[6][7] Así, na tempada 1986/87, de forma transitoria, a Segunda B estivo formada por un grupo único de 22 equipos. Ascenderon catro equipos a Segunda, da que non houbo descensos -pola ampliación da categoría de prata de 18 a 20 equipos- e, de igual modo, esa tempada non houbo descensos a Terceira división, xa que para a seguinte campaña a Segunda B ampliouse a 80 equipos, repartidos en catro grupos de 20. A partir da tempada 1987/88, os campións dos catro grupos eran os que ascendían a Segunda, mentres que os catro últimos de cada grupo perdían a categoría, xunto co 16º clasificado con menos puntos dos catro grupos.[6]
Este sistema mantívose ata a tempada 1990/91, na que desapareceron os ascensos directos de Segunda B a Segunda e introduciuse unha promoción na que participaban os catro primeiros clasificados de cada grupo. Estes 16 equipos repartíanse en catro liguiñas de catro equipos, de tal modo que en cada liguiña figurasen un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto de cada grupo de liga regular. Os campións destas liguiñas eran os que obtiñan o ascenso a Segunda.
Para a tempada 1993/94 introduciuse unha promoción de permanencia, disputada entre os décimo sextos clasificados dos catro grupos. O perdedor desta promoción, xogada por eliminación directa, descendía á Terceira División xunto cos catro últimos clasificados de cada grupo.[8]
Na tempada 2004/05 modificouse novamente a promoción de ascenso, e o sistema de liguiñas foi substituído por un play-off no que os 16 equipos aspirantes ao ascenso se enfrontaban por eliminación directa, en dúas roldas -semifinais e final- para decidir os catro equipos promocionados a Segunda.
Na tempada 2008/09 modificouse de novo o sistema de ascensos e descensos. Creouse unha rolda de campións, na que se enfrontaban os catro campións. Os vencedores desas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda (e enfrontábanse entre si para determinar que equipo era o campión absoluto da Segunda B). Os perdedores xogaban dúas eliminatorias máis, contra segundos, terceiros e cuartos, que antes xa xogaran entre si unha eliminatoria. Os vencedores destas dúas eliminatorias, lograban o ascenso a Segunda.[9]
2ª etapa como cuarta categoría
editarEn 2020 a Real Federación Española de Fútbol anunciou unha restruturación do sistema de ligas español, coa creación dunha nova categoría semiprofesional, a Primera División RFEF, situada xusto por debaixo da Segunda División e por riba da Segunda DIvisión B. Esta, á súa vez, pasou a denominarse Segunda División RFEF, e dende a tempada 2022/23, Segunda Federación.[2][3] Durante as súas dúas primeiras edicións mantivo a nomenclatura Segunda División B incluída como parte do nome oficial, referencia que foi eliminada definitivamente a partir da tempada 2023/24.[2][4][5][10]
Coa súa redefinición como cuarta categoría, cambiou o seu formato de competición, pasando a estar composta dun total de 90 equipos, divididos en cinco grupos. Os cinco campións ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo disputan unha fase de ascenso e os cinco últimos clasificados descenden á Terceira Federación.[5]
Sistema de competición
editarA Segunda Federación está composta por 90 clubs divididos en cinco grupos de 18 equipos, emparellados por proximidade xeográfica. O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da liga. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro, e conclúe no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os 18 equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de 34 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.
Efectos da clasificación
editarPosto | Clasificación |
1º | Ascenso directo a Primeira Federación |
2º | Promoción de ascenso a Primeira Federación |
3º | |
4º | |
5º | |
6º-13º | Manteñen a categoría |
14º | Descenso a Terceira Federación |
15º | |
16º | |
17º | |
18º |
Ascenso a Primeira Federación
editarUnha vez finalizada a tempada regular os cinco campións dos cinco grupos ascenden directamente á Primeira Federación, mentres que os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar de cada grupo disputan a promoción de ascenso. Esta promoción consta de dúas roldas de eliminación directa, a dobre partido de ida e volta, das que saen os cinco equipos que acompañan aos cinco campións no ascenso de categoría.[5]
Descenso a Terceira Federación
editarAo termo da tempada os cinco últimos clasificados de cada grupo descenden directamente a Terceira Federación. A estes 25 equipos súmanse dous máis, que saen dunha promoción pola permanencia que disputan os catro clasificados no 13º posto, con peor coeficiente de entre os cinco grupos. A promoción de permanencia dispútase por eliminación directa a dobre partido e os emparellamentos determínanse por sorteo puro. Os dous equipos derrotados perden a categoría, descendendo a Terceira.
Equipos filiais
editarOs equipos filiais poden participar en Segunda Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior (Primeira, Segunda ou Primeira Federación). Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se un equipo descende a Primeira Federación e o seu filial conquista o ascenso á mesma categoría, este quedará en Segunda Federación. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Primeira Federación non pode disputala se o primeiro equipo milita en devandita categoría. Neste caso, substitúeo o quinto clasificado do seu grupo. Isto non será así se o primeiro equipo milita en Primeira Federación pero conta con opcións de ascender á Segunda División.[4]
Equipos participantes
editarTempada 2024/25
editarGrupo 1 | Grupo 2 | Grupo 3 | Grupo 4 | |
---|---|---|---|---|
Equipos galegos
editarUn total de 24 equipos galegos pasaron pola Segunda B na súa historia.
Posto histórico | Equipo | Tempadas | Partidos xogados |
Puntos |
---|---|---|---|---|
4º | Pontevedra CF | 33 | 1258 | 1603 |
15º | Racing de Ferrol | 25 | 948 | 1252 |
18º | CD Ourense | 24 | 914 | 1168 |
21º | CD Lugo | 23 | 878 | 1146 |
35º | Celta B | 19 | 720 | 935 |
82º | SD Compostela | 14 | 530 | 553 |
91º | Deportivo Fabril | 10 | 380 | 523 |
135º | CD As Pontes | 9 | 342 | 364 |
132º | Coruxo FC | 8 | 302 | 380 |
181º | Arousa SC | 7 | 266 | 221 |
193º | CD Lalín | 6 | 228 | 194 |
228º | Montañeros | 3 | 114 | 138 |
233º | Somozas | 3 | 114 | 131 |
258º | Cambados | 3 | 114 | 103 |
299º | Club Rápido de Bouzas | 1 | 38 | 61 |
300º | Bergantiños | 2 | 76 | 59 |
301º | Arenteiro | 2 | 76 | 58 |
302º | Celta | 1 | 38 | 58 |
305º | Deportivo | 1 | 38 | 56 |
312º | Ciudad de Santiago | 1 | 38 | 50 |
315º | Boiro | 1 | 38 | 45 |
340º | Negreira | 1 | 38 | 34 |
353º | Atlético Arteixo | 1 | 38 | 26 |
355º | Cerceda | 1 | 38 | 25 |
- Actualizado ata a tempada 2017/18
Historial
editarComo terceira categoría
editarTempadas con ascensos directos
editarDesde a creación da categoría ata a tempada 1989/90, non existían as promocións de ascenso a Segunda División, polo que os equipos mellor clasificados ascendían directamente.
Os equipos que ascenderon foron:
Tempada | Grupo I | Grupo II | ||
---|---|---|---|---|
1º | 2º | 1º | 2º | |
1977–78 | Racing de Ferrol | Castilla | AD Almería | Algeciras |
1978–79 | Palencia | Oviedo | Levante | Gimnàstic |
1979–80 | Barakaldo | Atlético Madrileño | Linares | AD Ceuta |
1980–81 | Celta | Deportivo | Mallorca | Córdoba |
1981–82 | Barcelona Atlètic | Palencia | Xerez | Cartagena |
1982–83 | Bilbao Athletic | Tenerife | Granada | Algeciras |
1983–84 | Sabadell | Logroñés | Lorca | Calvo Sotelo |
1984–85 | Sestao | Aragón | Rayo Vallecano | Albacete |
1985–86 | Figueres | – | Xerez | – |
1º | 2º | 3º | 4º | |
1986–871 | Tenerife | Lleida | Granada | Real Burgos |
G. I | G. II | G. III | G. IV | |
1987–88 | Eibar | Mollerussa | Salamanca | Alzira |
1988–89 | Bilbao Athletic | Palamós | Atlético Madrileño | Levante |
1989–90 | Avilés | Lleida | Albacete | Orihuela Deportiva |
- 1 Na tempada 86/87 houbo só un grupo de Segunda B, antes da implantación do actual sistema de catro grupos na tempada 87/88.
Tempadas con promocións
editar- Desde a tempada 2008-09 están destacados os campións absolutos da categoría segundo o novo sistema de competición.
Tempada 2020/21 con cinco grupos
editarTempada | Campións | Ascenso | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
G. I | G. II | G. III | G. IV | G. V | ||
2020–21 | Burgos | Real Sociedad B | Ibiza | Linares Deportivo | Badajoz | Burgos, Real Sociedad B, Ibiza, Amorebieta |
Como cuarta categoría
editarTempada | Campións | Outros ascendidos | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
G. I | G. II | G. III | G. IV | G. V | ||
2021–22 | Pontevedra | Osasuna Promesas | Numancia | Córdoba | Intercity | Ceuta, Eldense, La Nucía, Mérida, Real Murcia |
2022–23 | Arenteiro | Sestao River | Teruel | Antequera | Melilla | Atlético de Madrid B, Atlético Sanluqueño, Recreativo Granada, Recreativo de Huelva, Tarazona |
2023–24 | Ourense CF | Bilbao Athletic | Hércules | Sevilla Atlético | Gimnástica Segoviana | Barakaldo, Betis Deportivo, Marbella, Yeclano Deportivo, Zamora |
Estatísticas
editarMáis tempadas
editarActualizado ata a tempada 2023/24.
Posto | Equipo | Tempadas |
---|---|---|
1º | Pontevedra | 38 |
2º | Barakaldo | 36 |
Cultural Leonesa | 36 | |
Melilla | 36 | |
5º | Real Sociedad B | 35 |
6º | Osasuna B | 34 |
7º | Bilbao Athletic | 32 |
8º | Sevilla Atlético | 32 |
9º | Real Jaén | 31 |
L'Hospitalet | 31 | |
Atlético de Madrid B | 31 | |
Sporting de Gijón B | 31 | |
13º | Alcoyano | 29 |
14º | Gimnàstic de Tarragona | 28 |
15º | Racing de Ferrol | 27 |
Zamora | 27 | |
Valencia Mestalla | 27 | |
Real Betis B | 27 | |
19º | Real Unión | 26 |
20º | CD Ourense | 24 |
Notas
editar- ↑ NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 CIRCULAR N.º 97 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Segunda División B (Segunda RFEF) rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Normas reguladoras y bases de competición de Segunda Federación - Temporada 2023/2024" (PDF). Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Normas reguladoras y bases de competición de Segunda Federación - Temporada 2024/2025" (PDF). Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 Llamas, Eugenio (1 de xaneiro de 2010). "La reducción y ampliación de la Segunda B en 1986 y 1987". Cuadernos de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ Abizanda, Jorge (27 de abril de 2020). "Pánico en el fútbol: la temporada que descendieron de golpe 13 equipos en cada grupo de Segunda B". ABC (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ Llamas, Eugenio (1 de xaneiro de 2011). "La promoción de permanencia en 2ªB". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (17). ISSN 1989-6379.
- ↑ "Normas de la fase de ascenso a Segunda B" (en castelán). 20 de agosto de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Liga española de fútbol
- Segunda División Española
- Terceira División Española
- Copa do Rei
- Copa Federación