Atlético Malagueño
O Atlético Malagueño é un club de fútbol andaluz, da cidade de Málaga, primeiro equipo filial do Málaga Club de Fútbol. Fundouse en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña e xoga actualmente no grupo 4 da Segunda División B Española.
Atlético Malagueño | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Atlético Malagueño, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Boquerones, Chanquetes | |||
Fundación | 1990 (como Sociedad Deportiva Malagueña) | |||
Estadio | El Viso, Málaga, España | |||
Inauguración | 1990 | |||
Capacidade | 1.300 espectadores | |||
Presidente | Abdullah ben Nasser Al Thani | |||
Adestrador | Manolo Sanlúcar | |||
Liga | 2ªB – Grupo 4 | |||
2017–18 | 1º (3ª – Grupo 9) | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.malagacf.com | ||||
| ||||
O seu maior éxito foi ascender á Segunda división española no ano 2003, onde se mantivo tres tempadas consecutivas.
Denominacións
editarFoi fundado en 1990 como Sociedad Deportiva Malagueña. Coa desaparición do Club Deportivo Málaga en 1992, converteuse no filial do Club Atlético Malagueño (que ata entón fora o filial do CD Málaga e que durante 2 anos relevouno como primeiro equipo malaguista).
En 1994 o Club Atlético Malagueño cambiou o seu nome, feito que supuxo o nacemento do actual Málaga Club de Fútbol. En 1995, o filial adoptou o nome do primeiro equipo pasando a ser o Málaga Club de Fútbol B, para axustarse á normativa da Real Federación Española de Fútbol.
En 2008 a presidencia do Málaga declarou a súa vontade de adoptar para o filial a denominación tradicional de Atlético Malagueño, con moito arraigamento entre os afeccionados malaguistas,[1] nome que o 9 de xullo de 2009 foi aprobado pola Real Federación Española de Fútbol.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca e celeste a franxas verticais, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta amarela con detalles negros, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul escura con franxas brancas, pantalón azul escuro e medias azuis escuras.
Datos do club
editar- Posto histórico de filiais: 6º
- Tempadas en 2ª: 3
- Tempadas en 2ªB: 3 (incluída a 2018/19)
- Tempadas en 3ª: 17
- Debut en Segunda: 2003-04
- Mellor posto na liga: 15º (2ª división, tempada 2003-04)
- Peor posto na liga: 21º (2ª división tempada 2005-06)
- Máximo goleador da historia do club: Alex Geijo, con 15 goles.
Xogadores
editarActualizado a 8 de setembro de 2018.
|
|
Palmarés
editar- Subcampión da Segunda División B Española (1): 2002–03
- Terceira División Española (3): 1998–99, 2016–17, 2017–18
- Subcampión da Terceira División Española (2): 2000–01 e 2001–02
Notas
editar- ↑ "O filial pasará a chamarse Malagueño ou Atlético Malagueño". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de xuño de 2011.