Arciprestado de Pruzos
O Arciprestado de Pruzos é un dos 33 arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela.[1] Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 42 parroquias de sete concellos coruñeses.
A súa existencia xa está constatada no parroquial suevo do século VI. O nome do arciprestado tómase do lugar de Pruzos na parroquia de Churío do concello de Irixoa, o cal nos dá unha idea da importancia deste lugar na época sueva.
Parroquias
editarAs 42 parroquias do arciprestado son:
- 2 parroquias do concello de Aranga:
- Aranga (San Paio) e Cambás (San Pedro).
- O resto das parroquias de Aranga repártense entre os arciprestados de Xanrozo (tres) e Sobrado (unha), pertencentes tamén á arquidiocese de Santiago de Compostela.
- As 7 parroquias do concello de Irixoa:
- Ambroa (San Tirso), Churío (San Martiño), Coruxou (San Salvador), Irixoa (San Lourenzo), Mántaras (Santa María), Verís (Santa María) e A Viña (Santaia).
- As 8 parroquias do concello de Miño:
- Bemantes (San Tomé), Callobre (San Xoán), Carantoña (San Xulián), Castro (Santa María), Leiro (Divino Salvador), Miño (Santa María), Perbes (San Pedro) e Vilanova (San Xoán).
- 5 parroquias do concello de Monfero:
- Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña) e Vilachá (Santa María).
- As dúas parroquias restantes de Monfero pertencen á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
- 7 parroquias do concello de Paderne:
- Adragonte (Santiago), Paderne (San Xoán), San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón), San Xulián de Vigo (San Xulián), Souto (Santa María), Vilamourel (San Xoán) e Vilouzás (San Salvador).
- A parroquia de Obre pertence ao arciprestado de Xanrozo. A parroquia administrativa de Quintas non existe eclesiasticamente.
- 7 parroquias do concello de Pontedeume:
- Andrade (San Martiño), Boebre (Santiago), Centroña (Santa María), Nogueirosa (San Cosme), Ombre (Santa María), Pontedeume (Santiago) e Vilar (San Pedro).
- A parroquia administrativa de Breamo non existe eclesiasticamente.
- As 6 parroquias do concello de Vilarmaior:
Patrimonio artístico
editar- Destaca tanto pola súa historia como pola monumentalidade, o mosteiro de Santa María de Monfero, que chegou a ser un dos máis importantes mosteiros galegos.
- Hai un total de 9 igrexas románicas ou con restos románicos: San Martiño de Andrade, San Tirso de Ambroa, San Miguel de Breamo, A Esperela, Santa María de Doroña, San Cosme de Mántaras, Santa María de Verís, San Xoán de Vilanova e San Salvador de Vilouzás.
- Son salientábeis tres retablos: O barroco da ermida das Virtudes de Pontedeume; o da igrexa de Santiago de Adragonte onde están representados en tallas de medio busto os 12 apóstolos, caso único; e o retablo da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero, desmontado na década dos sesenta do século XX, as pezas que se conservan están no coro alto da igrexa.
- Cruces parroquiais da Viña e Vilouzás: A da Viña, de feitura única, é do século XVI. A de Vilouzás é tardomedieval e tamén é única pola forma de cruz grega.
-
Mosteiro de Monfero
-
Igrexa de San Miguel de Breamo
-
Igrexa de San Martiño de Andrade
-
Ermida e cruceiro das Virtudes
Romarías
editarCelébranse tres romarías en ermidas do arciprestado: A da Santa Cruz de Aranga, onde a tradición di que se conserva unha reliquia da Vera Cruz do Calvario, celébrase o 3 de maio e o domingo seguinte; a de San Miguel de Breamo, o 8 de maio e o 29 de setembro; e a da Virxe da Cela no mosteiro de Santa María de Monfero, o primeiro domingo de xullo que non sexa día 1.
Notas
- ↑ "Organización territorial". Archicompostela (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 2019-07-04.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Buscador de parroquias da arquidiocese de Santiago de Compostela.
- Mapa dos arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela.
- O arciprestado de Pruzos Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. de José Cardeso Liñares, no nº 8 (2001) da revista Cátedra.