O Benelux é unha rexión de Europa occidental que compoñen Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. O termo foi acuñado para referirmos á Unión Económica do Benelux, pero serve para designar a rexión histórica dos Países Baixos. A denominación Benelux formouse coas primeiras letras dos nomes dos países (na súa lingua orixinal) que forman a unión: BE de Bélxica, NE de Holanda (Nederland) e LUX de Luxemburgo.

O Benelux sitúase entre Francia e Alemaña.

A Unión Económica do Benelux foi aprobada trala liberación destes países durante a segunda guerra mundial en 1944. Entrou en vigor en 1948 legalizando o libre paso de persoas, bens de consumo e capitais, favorecendo así unha rápida recuperación económica. Este "experimento" tivo tanto éxito que en 1957 o Benelux mais Italia, Francia e Alemaña occidental asinaron o Tratado de Roma nacendo así a CEE que logo converteríase na actual UE. En certo senso, o Benelux pode considerarse un precursor da unión aduaneira e a liberdade de movementos e capitais que inspiran os principios fundamentais da UE.

O tratado, orixinalmente limitado a 50 anos, foi renovado antes do seu vencemento en 2008. A renovación do tratado supuxo o cambio na denominación do Benelux: pasou de chamarse Unión Económica do Benelux a ser simplemente Unión de Benelux. Este cambio de nome reflicte un cambio na énfase da unión, xa que o novo tratado ampliou o rango de competencias da unión alén das económicas.

A estrutura institucional do Benelux consta dun Consello de Ministros, un Parlamento, un Consello da Unión, un Tribunal de Xustiza, unha Secretaría Xeral e unha Oficina de Propiedade Intelectual. A Secretaría Xeral atópase en Bruxelas. O Parlamento do Benelux foi creado en 1955.

Véxase tamén

editar