Capri
A Illa de Capri é unha illa situada no Mediterráneo, no lado sur do golfo de Nápoles, fronte á península sorrentina. foi un lugar de soada beleza e centro de vacacións desde a época da antiga república romana
(it) Capri | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Campano | |||
Localización | ||||
División administrativa | Cidade metropolitana de Nápoles, Italia e Provincia de Nápoles, Italia | |||
Localización | Golfo de Nápoles | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Altitude | 589 m | |||
Dimensións | 2,7 () × 6,3 () km | |||
Punto máis alto | Monte Solaro (en) (589 m ) | |||
Superficie | 10,4 km² | |||
Etimoloxía
editarA etimoloxía do nome Capri non está clara. Poderíase remontar aos antigos gregos ( κάπρος kapros que signfica "xabarís"), os primeiros colonos demostrados que poboaron a illa. Pero tamén podería derivarse do latín capreae (cabra). Descubríronse fósiles de xabarís, dando credibilidade á etimoloxía "kapros". Doutra banda, os romanos chamárona Capri "illa das cabras". Para rematar, tamén existe a posibilidade de que o nome derive dunha palabra etrusca para "rochoso", aínda que calquera dominio histórico etrusco da illa é discutido.
Capri é unha gran Rocha de pedra calcaria e arenita. Os lados da illa son cantís perpendiculares e a superficie da illa componse de máis cantís.[1]
Xeografía
editarA illa ten unha superficie de 10,36 km², e un perímetro de ao redor de 17 km. O accidente máis elevado é o Monte Solaro (589 metros). Outros accidentes son: Cappello (515 metros), Monte San Michele (262 metros), Monte Tiberio ( 334 metros), Monte Tuoro (265 metros). A illa ten dous municipios: Capri e Anacapri.
As características principais da illa son retratadas nas postais: a Mariña Piccola (porto pequeno), o Belvedere de Tragase, que é un elevado paseo panorámico sementado de vilas, os macizos calizos que destacan do mar (os "Faraglioni"), Anacapri, a Gruta Azul ("Grotta Azzurra"). Sobre todo están as ruínas das vilas romanas.
Capri está na rexión de Campania, Provincia de Nápoles. A Cidade de Capri é o principal centro de poboación da illa de Capri. Ten dous portos contiguos, Mariña Piccola e Mariña Grande (o porto principal da illa).
A comuna separada de Anacapri está situada a grande altura sobre os outeiros ao oeste da cidade de Capri.
Historia
editarAntigüidade e época romana
editarSegundo o xeógrafo grego Estrabón, Capri foi un vez parte de terra firme. Isto foi confirmado tanto por estudos xeolóxicos como por achados arqueolóxicos.
A cidade foi habitada desde tempos remotos. Evidencias de asentamentos humáns foron descubertos na época romana; segundo Suetonio, cando os cimentos da vila de Augusto foron escavados, descubríronse ósos xigantes e armas de pedra. O emperador ordenou que fosen exhibidos no xardín da súa residencia principal, o palacio do mar; o que constituíu unha das primeiras exposicións de fósiles da historia. As escavacións máis modernas mostraron que esa presenza humana na illa pode ser remontada ao neolítico e a Idade de Bronce.
Na súa Eneida, Virxilio declara que a illa fora poboada polo pobo grego de Telebos, proveniente das Illas Xónicas. Foi un asentamento grego a partir do século VII a. C.
Estrabón di que «...contaba outrora con dúas pequenas cidades, pero posteriormente só quedou unha. Tíñana baixo o seu dominio os habitantes de Neápolis, aínda que a perderon nunha guerra.» Estrabón, Xeografía, V, 4, 9Refírese o xeógrafo grego á Guerra Social, cando Pompeio, partidario de Sila, apropiouse de Sicilia e das provincias do norte de África (ca. 82 a.C.).
Tácito recolle que había doce vilas imperiais en Capri (latín Capreae. as ruínas dunha en Tragase podían aínda verse no século XIX. Foi a illa predilecta de Octavio Augusto que a frecuentou durante corenta anos.
Tiberio, o sucesor de Augusto, tamén construíu unha serie de vilas en Capri, a máis famosa das cales era Vila Jovis, unha das vilas romanas mellor conservadas de Italia. No 27, Tiberió trasladouse permanentemente a Capri, desde onde gobernou o Imperio ata a súa morte no 37.
Segundo Suetonio, mentres estaba na illa, Tiberio (acompañado do seu sobriño neto, Calígula) gozou impoñendo numerosas crueldades e perversións sexuais aos seus escravos.
No 182, o emperador Cómodo, exiliou á súa irmá Galeria Lucilla a Capri. Foi executada pouco despois.
Idade Media e Moderna
editarLogo da caída do imperio Romano, comeza un longo período no cal a illa estivo practicamente abandonada.
Tras o final do Imperio Romano de Oriente, Capri volveu estar sometida a Nápoles, e sufriu varios ataques e estragos dos piratas. No 866 o emperador Lois II deu a illa a Amalfi. No 987 o primeiro bispo de Capri foi consagrado polo Papa Xoán XV. Ao redor do ano 1000 pasa á soberanía de Amalfi e era a sede dunha guarnición e unha prisión.
A finais do século XIV os Angionini comezan unha obra de recualificación, comezan os traballos para a edificación da Certosa dei San Giacomo.
En 1496, Frederico I de Nápoles estableceu a paridade legal e administrativa entre os dous asentamentos de Capri e Anacapri. As incursións piratas chegaron ao seu máximo apoxeo durante o reinado de Carlos I de España: os famosos almirantes turcos Jeireddín Barbarroxa e Turgut Reis saquearon a illa en 1535 e 1553, respectivamente.
Nos Séculos XVII e XVIII a illa estivo case unicamente gobernada pola autoridade relixiosa.
O primeiro visitante famoso da illa fose o francés Jean Jacques Bourchard, no século XVII. O seu diario, atopado en 1850, é unha importante fonte sobre o estado de Capri naquela época.
Historia recente
editarEn xaneiro de 1806 , as tropas francesas ocuparon a illa. Os británicos botaron aos soldados franceses en maio do mesmo ano e estableceron unha nutrida guarnición. Neste período a illa conta con preto de 3.000 habitantes. Capri foi convertido nunha poderosa base naval (un "segundo Xibraltar"), pero o programa construtivo causou graves danos aos sitios arqueolóxicos. Joachim Murat reconquistoú Capri en 1808, e os franceses quedaron alí ata o final de éra napoleónica (1815), cando Capri foi devolta á casa de Borbón gobernante en Nápoles.
Na segunda metade do século XIX, Capri converteuse nun centro de vacacións popular para artistas europeos, escritores e outras celebridades. John Singer Sargent e Frank Hyde están entre os artistas ilustres que quedaron na illa ao redor de finais da década de 1870. Sargent é máis coñecido pola súa serie de retratos que representan á bela modelo de Capri, Rosina Ferrara.
Tamén no século XIX, o científico naturalista e Ignazio Cerio catalogou a flora e a fauna da illa. Este traballo foi continuado polo seu fillo, o escritor e enxeñeiro Edwin Cerio, que escribiu varios libros sobre a vida en Capri no século XX.
Foron numerosos personaxes que recalaron en Capri: Vladímir Lenin, Máximo Gorki, Marguerite Yourcenar, Friederich Krupp, Pablo Neruda, Curzio Malaparte, Norman Douglas, Sibilla Aleramo, Axel Munthe, Christian Wilhelm Allers, Emil von Behring. A raíña sueca Vitoria quedaba a miúdo alí.
Gracie Fields tamén tiña unha vila nela e cantoulle dúas cancións, "A illa de Capri" e "Volve a Sorrento" sobre Capri. Mariah Carey posúe un vila na illa.
Capri na literatura
editarNa novela histórica A última lexión é protagonista esta illa, á que é desterrado Rómulo Augusto, último emperador do Imperio Romano.
O libro que creou a fascinación do século XIX por Capri en Francia, Alemaña, e Inglaterra foi "Entdeckung der Blauen Grotte auf der Insel Capri" polo pintor e autor August Kopisch, na que describe a súa estancia en 1826 en Capri e a súa (re)descubrimento da Gruta Azul.
Capri é o escenario de Os lotófagos, un relato de Somerset Maugham. Na historia, o protagonista, de Boston, vai a Capri de vacacións e está tan encantado co sitio que deixa o seu traballo e decide dedicar o resto da súa vida a estar ocioso en Capri.
Claude fai referencia aos outeiros da illa no título do seu Preludio impresionista]] Les collines d'Anacapri (1910).
Jacques d'Adelsward-Fersen escribe a roman à clef Et le feu s?èteignit sur le mer (1910), sobre Capri e os seus residentes a principios do século XX, que causan un pequeno escándalo. A vida de Fersen en Capri é o tema da biografía de ficción de Roger Peyrefitte, L'Exile de Capri. Un dos máis famosos residentes estranxeiros de Capri, Norman Douglas na súa novela South Wind é unha descrición finamente levada á ficción dos residentes e os visitantes de Capri, e varias das súas outras obras, tantos libros como panfletos, tratan da illa, incluíndo Capri (1930) e a súa última obra, A Footnote on Capri (1952)). Unha satírica presentación da colonia lesbiana da illa nos anos 20 é feita na novela Extraordinary Women (1928) de Compton Mackenzie.
A colección de memorias sobre Capri inclúen oAria dei Capri (1928) de Edwin Cerio, que contén varios ensaios históricos e biográficos sobre a illa, incluíndo un tributo a Norman Douglas; The Story of San Michele (1929) polo médico sueco Axel Munthe (1857-1949), que construíu a Vila San Michele; An Impossible Woman: The Memoirs of Dottoressa Moor (1975) de Elisabeth Moor, quen traballou co doutor desde 1926 ata os anos 70; e Graham on Capri: A Memoir (2000) de Shirley Hazzard sobre os recordos de Graham Greene.
A colección de novelas sobre Capri inclúe a epónima Kapri (1939), do novelista letón J?nis Jaunsudrabi??, que representa a illa como unha especie de prisión para europeos que se escaparon das súas vidas e responsabilidades; e I Love Capri de Belinda Jones.
Lugares de interese
editarTurismo
editarCapri é un destino turístico tanto para italianos como estranxeiros. Nos anos 50, Capri converteuse nun destino popular para a jet set internacional. A piazzetta central de Capri, aínda que conserva a súa modesta arquitectura urbana, está chea de tendas luxosas, restaurantes caros, e paparazzis á caza de celebridades.
Durante o verán hai unha grande afluencia de turistas, a miúdo de excursionistas de Nápoles e Sorrento.
Transporte
editarCapri dispón de servizos frecuentes de transbordador e hidroáa con Nápoles e Sorrento, ademais de moitas outras conexións por barco cos portos do golfo de Nápoles e a península Sorrentina. Os barcos visitan Mariña Grande, desde a que se pode acceder mediante funicular á cidade de Capri.
Gastronomía
editarReceitas tradicionais
- "Chiumenzana"
- "Cianfotta"
- Ensalada caprese
- Limoncello caprese
- Ravioli capresi
- Sopapo caprese
Galería
editar-
Illa de Capri. Vista desde satélite (NASA)
-
Capri
-
Capri desde o mar
-
Theodore Robinson: Capri (1890)
-
Vista do Porto de Capri desde arotonda en Villa San Michele
-
Vista desde Monte Solaro
-
Faraglione (Farallóns)
-
Grotta Meravigliosa
-
Arco natural
-
Arco natural
-
San Giacomo
-
San Giacomo
-
Vista do Xardín de Augusto
-
Mariña Piccola mirando cara aos Faraglioni
-
Mariña Piccola desde o Xardín de Augusto
-
Monte Tiberio
-
O Funicular de Mariña Grande a Capri
-
Capri
-
Capri
-
A vía do funicular atravesa a imaxe, na esquerda
-
Capri ao atardecer, desde apunta da península de Sorrento
-
Vista da illa desde Anacapri
-
Charles Caryl Coleman: In the Shade of the Vines, Capri (1898)
-
Un peirao en Capri
-
Mariña Grande desde a Piazzetta di Capri
-
Porto de Capri
-
Memorial de guerra
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capri |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Oficial Capri Tour Guide
- TourItaly.org: Capri Arquivado 27 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
- Capri Insider Tips — by the locals.
- Capri
- Capri 360 panoramas Arquivado 30 de decembro de 2007 en Wayback Machine. (en francés)
- IIalyheaven.co.uk: Capri
- Capri Island APP, a complete guide to Capri on iPad
- Photo Gallery by Leonardo Bellotti (en italiano)
- Capri Life