Mar Tirreno

parte do Mar Mediterráneo

O mar Tirreno (italiano: Mar Tirreno , francés: Mer Tyrrhénienne [mɛʁ tiʁenjɛn], sardo: Mare Tirrenu, corso: Mari Tirrenu, siciliano: Mari Tirrenu, napolitano: Mare Tirreno) forma parte do mar Mediterráneo que baña o oeste da costa de Italia. É chamado así nomeado polos pobos tirrenos, identificados desde o século VI aC cos etruscos de Italia.

Modelo:Xeografía físicaMar Tirreno
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Parte deMediterráneo occidental Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaFrancia e Italia Editar o valor en Wikidata
División administrativaItalia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°N 12°L / 40, 12
Conca hidrográficaTyrrhenian Sea basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidademáximo: 3.785 m
media: 2.000 m Editar o valor en Wikidata
Superficie275.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5528233

Xeografía

editar

O mar está rodeado polas illas de Córsega e Sardeña (ao oeste), a península italiana (rexións de Toscana, o Lacio, Campania, Basilicata e Calabria, no leste) e pola illa de Sicilia (ao sur).[1] O mar Tirreno tamén inclúe unha serie de pequenas illas como Capri, Elba e Ustica.[2]

 
Costa de Amalfi, Positano
 
Orosei, Sardeña

A profundidade máxima do mar é de 3.785 m.

O Mar Tirreno está situado preto de onde se atopan as placas africana e eurasiática, polo tanto, as cadeas de montañas e as illa teñen os volcáns activos, como o Monte Marsili, nas súas profundidades ou como o da illa de Stromboli. As oito illas eólicas e Ustica están situadas na parte sur do mar, ao norte de Sicilia. Os ventos predominantes son o Mistral, procedente do val do Ródano, Libeccio do suroeste, e Siroco (Scirocco) e Ostro dende o sur.

Extensión

editar

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Tirreno como segue:[3]

  • No estreito de Messina: unha liña que une o extremo norte do Cabo Paci (15°42′ E) co extremo leste da illa de Sicilia, Cabo Peloro (38°16′ N) .
  • No suroeste: unha liña que discorre desde o cabo Lilibeo (extremo occidental de Sicilia) ata o extremo sur do Cabo Teulada (8°38′ E) en Sardeña.
  • No estreito de Bonifacio: liña que une o extremo oeste do Cabo Testa (41°14′ N) en Sardeña co extremo suroeste do Cabo Feno (41°23′ N) en Córsega.
  • No norte: unha liña que se une a Cabo de Córsega (Cabo Grosso, 9°23′ E) en Córsega, coa illa Tinetto (44°01′N 9°51′L / 44.017, -9.850) e desde alí polas illas de Tino e Palmarias cara a punta San Pietro (44°03′N 9°50′L / 44.050, -9.833) na costa de Italia.

O seu nome deriva do nome grego para os Etruscos, que se dixo que eran emigrantes de Lidia e liderados polo príncipe Tyrrhenus.[4] Os etruscos instaláronse ao longo da costa da Toscana moderna e referíronse á auga como o "mar dos etruscos".

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar
  1. The Editors of Encyclopaedia Britannica. "Tyrrhenian Sea". En Chisholm, Hugh. Encyclopedia Britannica. Cambridge University Press. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  2. "Tyrrhenian Sea - Map & Details". World Atlas. Consultado o July 18, 2017. 
  3. Limits of Oceans and Seas (PDF). Organisation hydrographique internationale (3rd ed.). 1953. p. 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 
  4. "The Origins of the Etruscans". San José State University. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2016. Consultado o 28de outubro de 2016.