Casa da Sabedoría
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Casa da Sabedoría ou Casa do Saber (en árabe بيت الحكمة Bayt al-Hikmah) foi unha institución (que comprendía unha biblioteca e unha dependencia dedicada ás traducións) fundada en Bagdad polo califa Harun al-Rashid no século IX (aproximadamente no ano 800), institución continuada e perfeccionada polo seu fillo o califa Al-Mamun.
Era unha especie de universidade instituída como mostra do nacemento do interese do islam pola ciencia e a cultura, case perdida en todo o mundo occidental, unha institución chave no movemento das traducións, e un gran centro intelectual durante a idade de ouro do islam. Un dos seus membros máis destacados foi o matemático e astrónomo árabe al-Khwarizmí.