China Airlines
China Airlines (CAL) (chinés: 中華航空; pinyin: Zhonghuá Hángkong) é a aeroliña nacional e a máis grande da república da China (Taiwán). A súa sede atópase no aeroporto Internacional de Taiwán Taoyuan e ten 11.154 empregados. China Airlines opera uns 1.400 voos semanais a 115 aeroportos de 114 cidades (incluídos códigos compartidos) de Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía. A división de carga opera 91 voos semanais a 33 destinos. A aeroliña foi no 2013 a 21ª do mundo en termos de beneficios de pasaxeiros por quilómetro, e a 10ª por carga. China Airlines ten tres subsidiarias: Mandarin Airlines realiza voos a destinos domésticos de baixa demanda; China Airlines Cargo, membro de Skyteam Cargo, opera unha frota de cargueiros e xestiona a carga da compañía matriz; Tigerair Taiwan é unha aeroliña de baixo custo creada por China Airlines e o grupo singapuriano Tigerair Holdings.
China Airlines | ||
---|---|---|
IATA CI | OACI CAL | Indicativo DYNASTY |
Fundación | 16 de decembro de 1959 | |
Plan de voo frecuente | Dynasty Flyer | |
Alianza | SkyTeam | |
Subsidiarias | Mandarin Airlines, Tigerair Taiwan, China Airlines Cargo | |
Frota | 87 | |
Destinos | 118 | |
Holding | China Airlines Group | |
Eslogan da compañía | Journey with a caring smile | |
Sede | CAL Park, Dayuan, Taoyuan City, Taiwán | |
Páxina web: http://www.china-airlines.com/ |
Frota
editarEn novembro de 2016 a frota da China Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C | W | S | Y | Total | ||||
Airbus A330-300 | 24 | — | 36 | — | — | 277 | 313 | |
30 | — | — | 277 | 307 | ||||
Airbus A340-300 | 4 | — | 30 | — | — | 246 | 276 | Van ser retirados e substituídos polo Airbus A350-900 |
Airbus A350-900 | 2 | 12 | 32 | 31 | 12 | 231 | 306 | |
Boeing 737-800 | 22 | 2 | 8 | — | — | 150 | 158 | |
8 | — | — | 156 | 164 | ||||
Boeing 747-400 | 7 | — | 61 | — | — | 314 | 375 | |
61 | — | — | 319 | 380 | ||||
70 | — | — | 319 | 389 | ||||
Boeing 777-300ER | 10 | — | 40 | 62 | 30 | 226 | 358 | |
Boeing 747-400F | 18 | — | Cargo | |||||
Total | 87 | 14 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de China Airlines en Planespotters". Consultado o 3 de decembro de 2016.