Converxencia 21

forza política galega
(Redirección desde «Converxencia XXI»)

Converxencia XXI ou Converxencia 21, é unha forza política galega que se define a si mesma como galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, e aconfesional. Nos novos estatutos decláranse como defensores das liberdades individuais e teñen como obxectivo abrir camiño as persoas. Do mesmo modo, expresan estar ao servizo de Galicia e propugnan o municipalismo. [1] No eido estudantil, Converxencia XXI ten como referencia a Asociación Liberal do Estudantado Galego[2].

Converxencia 21
Partido político de Galicia
Dirixentes e organización
LíderJosé Manuel Palacín
(Presidente)
Filiación internacionalPartido Europeo Liberal Demócrata Reformista
Historia
Fundación4 de maio de 2009
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguismo, europeísmo, centrismo, liberalismo, Liberalismo económico, Liberalismo social, Municipalismo.
Representación
Concelleiros en Galicia
1 / 3.766
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Na rede
converxencia.eu
Facebook: converxencia Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Carlos Vázquez Padín, presidente de Converxencia XXI.

Converxencia XXI foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior o 4 de maio de 2009.[3] O seu primeiro presidente foi o tudense Carlos Vázquez Padín, elixido secretario xeral o 2 de outubro de 2010 no I Congreso da formación[4], e reelixido o 24 de setembro de 2011 xunto cunha nova executiva nacional no II Congreso do partido.[5] O 3 de marzo de 2012 tivo lugar a I Conferencia Política de Converxencia XXI en Santiago de Compostela.[6] En outono dese mesmo ano celebrouse tamén en Compostela o III Congreso Nacional, no que Carlos Vázquez Padín foi nomeado Presidente Nacional do Partido, mentres que o lucense Garcilaso de la Vega López foi elixido Secretario Xeral do Partido.


Converxencia XXI compareceu por primeira vez a unhas eleccións nas eleccións municipais de 2011 en Galicia, presentando candidaturas en catro concellos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Tui. Nelas obtiveron o seu primeiro representante institucional ao ser elixido concelleiro en Tui o secretario xeral do partido, Carlos Vázquez Padín. En novembro dese mesmo ano celebráronse as eleccións xerais do ano 2011, nas que, por vez primeira na historia da democracia en España, algúns partidos foron obrigados a presentar un número mínimo de sinaturas para poder participar[7]. Converxencia XXI presentou as sinaturas en forma de aval[8] e presentou listas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, acadando o 0,08 % dos votos válidos emitidos en Galicia.

Circunscrición Votos Porcentaxe
de votos
Escanos
A Coruña 505 0,07% 0
Lugo 241 0,11% 0
Ourense 185 0,09% 0
Pontevedra 505 0,09% 0
Total en Galicia 1.436 0,08% 0

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012 baixaron ata os 1056 votos, o 0,07 % dos sufraxios válidos emitidos, e nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 formación pediu o voto para o Partido de la Libertad Individual, que obtivo 658 votos en Galicia (de novo, o 0,07 % dos sufraxios válidos emitidos en Galicia).

Nas eleccións municipais de 2015 Converxencia 21 só presentou candidaturas nos concellos de Santiago de Compostela e Tui. Acadou dous concelleiros en Tui, colleitando neste concello o seu maior éxito electoral tras ser a terceira formación máis votada só por tras do PPdeG e o PSdeG-PSOE. En 2017, tras o triunfo dunha moción de censura, Padín foi nomeado alcalde de Tui, pasando a ser o primeiro rexedor municipal desta formación política.[9][10]

Nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019, só presentou listas na provincia de Lugo onde acadou 69 votos en total, sendo o partido menos votado en Galicia[11] e o terceiro menos votado no total estatal.[12]

 
José Palacín en 2012.

Nas eleccións municipais de maio de 2019 o partido presentou unha única candidatura, a de Carlos Vázquez Padín en Tui, onde era alcalde. Non obstante, os resultados das elección foron negativos, acadando un concelleiro, e Padín renunciou á acta en favor de José Manuel Palacín, expresidente autonómico do Centro Democrático Liberal en Galicia e que o acompañaba na lista. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020, e baixo a dirección do secretario xeral, Xaime Requeixo, baixaron ata os 38 votos, o 0,01 % dos sufraxios válidos emitidos.

O 26 de novembro de 2022 celebrouse o VI Congreso da formación, no cal por unha banda se reformaron os estatutos e o partido pasou a ser de corte presidencialista, e pola outra mudou a dirección, resultando elixido presidente José Manuel Palacín, o concelleiro de C21 en Tui. Carlos Vázquez Padín foi proclamado presidente de honra. Nas municipais de 2023 repetiron candidatura en Tui e resultado, un concelleiro, o propio José Palacín.

  1. Declaración de principios feita a través do blog do Secretario Xeral en maio do 2009.
  2. {{cita web|url=http://www.converxencia.eu/?p=1641[Ligazón morta]
  3. Peleteiro, Loreto (30-4-2019). "Converxencia 21: el partido gallego de los 69 votos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 20-6-2019. 
  4. "Artigo en A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2010. Consultado o 06 de outubro de 2010. 
  5. Información da súa páxina web[Ligazón morta]
  6. Información da súa páxina web
  7. Nova LOREG
  8. "Nova en Mundo Galiza". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  9. «Padín, novo alcalde de Tui entre berros de "corrupto" e "traidor"», artigo en Galicia Confidencial, 17 de outubro de 2017.
  10. «Carlos Padín, alcalde de Tui ao triunfar a moción de censura da dereita»[Ligazón morta], artigo en Sermos Galiza, 17 de outubro de 2017.
  11. Peteiro, Loreto (30-4-2019). "Converxencia 21: el partido gallego de los 69 votos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 21-10-2019. 
  12. "28 A. Elecciones generales". elpais.com (en castelán). Consultado o 21-10-2019.