Dinastía Yuan
A dinastía Yuan (chinés tradicional e simplificado: 元朝; pinyin: Yuán cháo; Wade-Giles: Yüan2 ch'ao2), oficialmente o Gran Yuan (chinés tradicional e simplificado: 大元; pinyin: Dà Yuán; Wade-Giles: Ta4 Yüan2; mongol: ᠶᠡᠬᠡ
ᠶᠤᠸᠠᠨ
ᠤᠯᠤᠰ, Yeke Yuwan Ulus), foi unha dinastía imperial da China de orixe mongol, así coma un dos estados derivados da división do imperio mongol.[1] Foi establecida por Kublai (emperador Shizu ou Setsen Khan), o quinto emperador-khagan do clan mongol Borjigin, e existiu entre o 1271 e o 1368. Na historiografía chinesa, a dinastía Yuan seguiu á Song, e precedeu á Ming.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Khanbaliq | ||||
Contén a división administrativa | Branch Secretariat for Eastern Campaigns (en) Fuli (en) Gansu (pt) Henan Jiangbei province (en) Huguang (pt) Jiangxi province (Yuan dynasty) (en) Jiangzhe Province (en) Manchuria under Yuan rule (en) Q10880981 Q10882987 Q11050019 Q15935484 Q17031443 Shaanxi (pt) Shaanxi Sichuan (pt) Sichuan (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 90.000.000 (1300) (8,18 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua chinesa Lingua mongol | ||||
Relixión | Budismo tibetano, Confucianismo, Taoísmo, Tengrismo, Church of the East in China (en) , Relixión tradicional chinesa, Islam e catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 11.000.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1271 (Gregoriano) | ||||
Disolución | 1368 (Gregoriano) | ||||
Sucedido por | Dinastía Ming e Northern Yuan dynasty (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | ||||
Moeda | wen (pt) | ||||
Malia que o ascenso ao trono de Xenxis Khan como Khagan no 1206 foi descrito polas fontes chinesas empregando o título de emperador, seguindo o uso dos han, e que o imperio mongol gobernaba territorios do norte da actual China dende había décadas, non foi até o 1271 que Kublai Khan fundou unha dinastía ao estilo dos han, e a súa conquista dos territorios chineses non se completou até o 1279, cando a dinastía Song do sur foi definitivamente derrotada na batalla de Yamen.[2][3] O seu reino, na aquela altura, xa estaba illado do resto de khanatos mongois, e controlaba a meirande parte da China e as súas áreas circundantes, incluíndo a Mongolia contemporánea.[4] Trátase da primeira dinastía chinesa fundada por unha etnia distinta dos han.[5][6] No 1368, tras a derrota das forzas de Yuan pola emerxente dinastía Ming, os monarcas mongois refuxiáronse no altiplano de Mongolia e continuaron co seu goberno até o 1635, cando se renderon ante a dinastía Jin posterior (xermolo dos Qing). Este estado coñécese na historiografía coma a dinastía Yuan do norte.
A dinastía Yuan foi o khanato gobernado polos descendentes de Möngke tras a división do imperio mongol. Nas historias oficiais da China, considérase que os Yuan posuían o mandato do ceo. Malia ser fundada por Kublai Khan, este ordenou situar ao seu avó Genghis Khan como fundador da dinastía nos rexistros imperiais, e como tal recibiu o título póstumo de Taizu 太祖.[2] No seu edicto Jianguo hao zhao 建國號詔 (Proclamación do nome dinástico, 1271), Kublai Khan anunciou o nome da nova dinastía, o Gran Yuan, proclamándose sucesor das dinastías anteriores.[7] Algúns dos emperadores Yuan dominaron a lingua chinesa, namentres outros só empregaron o seu mongol nativo.[8]
Kublai, que era Khagan ou Gran Khan do imperio mongol dende o 1260, declarou o seu dominio sobre o resto de khanatos (o Chagatai, a Horda de Ouro, e o Ilkhanato) antes de proclamarse emperador da China no 1271. Como tal, os Yuan tamén recibiron ocasionalmente o título de emperadores do Gran Khan. Secasí, aínda que o resto dos khanatos os recoñeceron como soberanos temporalmente, a súa subordinación era nominal e continuaron a desenvolverse de xeito independente.[9][10]
Notas
editar- ↑ Simon, Karla W. (2013-05-02). Civil Society in China: The Legal Framework from Ancient Times to the "New Reform Era" (en inglés). OUP USA. ISBN 978-0-19-976589-8.
- ↑ 2,0 2,1 Song Lian (1976 [1370]). "太祖本纪" (en chinés). Consultado o 2024-02-18.
- ↑ Twitchett, Denis C.; Franke, Herbert; Fairbank, John King (1978). The Cambridge History of China: Volume 6, Alien Regimes and Border States, 907-1368 (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-24331-5.
- ↑ Atwood, Christopher Pratt (2004). Encyclopedia of Mongolia and the Mongol empire. New York, NY : Facts On File. ISBN 978-0-8160-4671-3.
- ↑ San, Tan Koon (2014-08-15). Dynastic China: An Elementary History (en inglés). The Other Press. ISBN 978-983-9541-88-5.
- ↑ Eberhard, Wolfram (2005-11-01). A History of China (en inglés). Cosimo, Inc. ISBN 978-1-59605-566-7.
- ↑ Kublai Khan (1271). "建國號詔" (en chinés). Consultado o 2024-02-18.
- ↑ Franke, Herbert (1953). "Could the Mongol emperors read and write Chinese?". Asia Major (en inglés) 3 (1): 28–41.
- ↑ Saunders, J. J. (2001-03-29). The History of the Mongol Conquests (en inglés). University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-1766-7.
- ↑ Grousset, René (1952). L'empire des steppes: Attila, Gengis-Khan, Tamerlan (en francés). Payot.