Sistema endócrino
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O sistema endócrino ou hormonal é un conxunto de órganos e tecidos do organismo que liberan substancias denominadas hormonas e está constituído, ademais destas, por células especializadas e glándulas endócrinas. O sistema endócrino axuda a realizar, por tanto, a función de relación dos seres vivos. Actúa como unha rede de comunicación celular que responde aos estímulos liberando hormonas e é o encargado de diversas funcións metabólicas do organismo; entre elas destacan:
- Controlar a intensidade de funcións químicas nas células.
- Rexer o transporte de substancias a través das membranas das células.
- Regular o equilibrio (homeostase) do organismo.
Características
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Toman como vía de distribución o sangue.
- Mantén os seus efectos durante bastante tempo.
- O tempo que tardan en actuar é longo.
Hormona e feromona
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Hormonas
editar- Artigo principal: Hormona.
Son substancias que fan efecto sobre o animal que as produce.
Feromonas
editar- Artigo principal: Feromona.
Son substancias que fan efecto sobre outros animais da mesma especie do individuo que o produce.
Órganos endócrinos e hormonas producidas
editarHormona secretada | Abreviatura | Producida por | Efectos |
---|---|---|---|
Hormona liberadora da tirotropina (hormona liberadora de prolactina) |
TRH ou TSHRH | Neuronas neurosecretoras parvocelulares | Estimula a liberación de hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise (principalmente) Estimula a liberación de prolactina da adenohipófise |
Dopamina (hormona inhibidora de prolactina) |
DA | Neuronas produtoras de dopamina do núcleo arcuato | Inhibe a liberación de prolactina da adenohipófise |
Hormona liberadora de somatotropina (somatocrinina) | GHRH | Células neuroendocrinas do núcleo arcuato | Estimula a liberación de hormona do crecemento (GH) da adenohipófise |
Somatostatina (hormona inhibidora da hormona de crecemento) |
GHIH | Células neuroendocrinas do núcleo periventricular | Inhibe a liberación da hormona de crecemento (GH)] da adenohipófise Inhibe a liberación da hormona estimulante de tiroides (TSH) da adenohipófise |
Hormona liberadora da gonadotropina | GnRH ou LHRH | Células neuroendocrinas do área preóptica | Estimula a liberación de hormona foliculoestimulante (FSH) da adenohipófise Estimula a liberación da hormona luteinizante (LH) da adenohipófise |
Hormona liberadora da corticotropina | CRH ou CRF | Neuronas neurosecretoras parvocelulares | Estimula a liberación de hormona adrenocorticotropa (ACTH) da adenohipófise |
Oxitocina | Células neurosecretoras magnocelulares | Contracción uterina Lactación materna | |
Vasopresina (hormona antidiurética) |
ADH ou AVP | Neuronas neurosecretoras parvocelulares | Incrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo |
Hormona secretada | Células que a orixinan | Efectos |
---|---|---|
Melatonina (Principalmente) | Pinealocitos | Antioxidante Encargada do ritmo circadiano incluíndo a somnolencia |
Dimetiltriptamina | Especúlase un papel nos soños e experiencias místicas |
Glándula hipófise (pituitaria)
editarAdenohipófise (hipófise anterior)
editarHormona secretada | Abreviatura | Células secretoras | Efectos |
---|---|---|---|
Hormona do crecemento (somatotropina) |
GH | Somatotropas | Estimula o crecemento e a reprodución celular Estimula a liberación do factor de crecemento insulínico tipo 1 secretado polo fígado |
Hormona estimulante da tiroide (tirotropina) |
TSH | Tirotropas | Estimula a síntese de tiroxina (T4) e triiodotironina (T3) e liberación dende a glándula tiroide Estimula a absorción de iodo por parte da glándula tiroide |
Hormona adrenocorticotropica (corticotropina) |
ACTH | Corticotropas | Estimula a síntese e liberación de corticosteroides (glicocorticoides e mineralocorticoides) e andróxenos por parte da codia adrenal |
Hormona foliculoestimulante | FSH | Gonadotropas | En femias: estimula a maduración dos folículos ováricos En machos: estimula a maduración dos túbulos seminiferos En machos: estimula a espermatoxénese En machos: estimula a produción de proteínas ligadoras de andróxenos nas células de Sertoli nos testículos |
Hormona luteinizante | LH | Gonadotropas | En femias: estimulan a ovulación En femias: estimula a formación do corpo lúteo En machos: estimula a síntese de testosterona por parte das células de Leydig |
Prolactina | PRL | Lactotropas e mamotropas | Estimula a síntese de liberación de leite dende a glándula mamaria Media o orgasmo |
Neurohipófise (hipófise posterior)
editarHormona secretada | Abreviatura | Células que a orixinan | Efectos |
---|---|---|---|
Oxitocina | Células neurosecretoras magnocelulares | Contracción uterina Lactación materna | |
Vasopresina (hormona antidiurética) |
ADH o AVP | Neuronas neurosecretoras parvocelulares | Incrementa a permeabilidade á auga no túbulo contorneado distal e o conduto colector da nefrona, promovendo a reabsorción de auga e o volume sanguíneo |
A oxitocina e vasopresina non son secretadas na neurohipófise, só son almacenadas.
Hipófise media (pars intermedia)
editarHormona secretada | Abreviatura | Células que a orixinan | Efectos |
---|---|---|---|
Hormona estimulante de melanocitos | MSH | Melanotropas | Estimula a síntese e liberación de melanina aos melanocitos da pel e o pelo |
Hormona secretada | Abreviatura | Células que a orixinan | Efectos |
---|---|---|---|
Triiodotironina | T3 | Células epiteliais da tiroide | (Forma máis potente de hormona tiroide) Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal Estimula o ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica |
Tiroxina (tetrayodotironina) |
T4 | Células epiteliais da tiroide | (Forma menos activa de hormona tiroide) (Actúa como unha prohormona para orixinar triiodotironina) Estimula o consumo de osíxeno e enerxía, mediante o incremento do metabolismo basal Estimula a ARN polimerase I e II, deste modo promovendo a síntese proteica |
Calcitonina | Células parafoliculares | Estimula os osteoblastos e a construción ósea Inhibe a liberación de Ca2+ do óso, reducindo desa forma o Ca2+ sanguíneo |
Sistema dixestivo
editarHormona secretada | Abreviatura | Células secretoras | Efectos |
---|---|---|---|
Gastrina (principalmente) | Células G | Secreción de ácido gástrico polas células parietais | |
Ghrelina | Células P/D1 | Estimula o apetito, a secreción de somatotropina da adenohipófise | |
Neuropéptido Y | NPY | incrementa a inxesta de alimentos e diminúe a actividade física | |
Somatostatina | Células delta | Suprime a liberación de gastrina, colecistoquinina (CCK), secretina, motilina, péptido intestinal vasoactivo (VIP), polipéptido intestinal gástrico (GIP), enteroglicagón. A baixa taxa de baleiramento gástrico reduce as contraccións do músculo liso e fluxo sanguíneo dentro do intestino[1] | |
Histamina | Células ECL | Estimula a secreción de ácido gástrico | |
Endotelina | Células X | Contracción do músculo liso estomacal[2] |
Hormona secretada | Células secretoras | Efectos |
---|---|---|
Secretina | Células S | Secreción de bicarbonato dende o fígado, páncreas e as glándulas de Brunner duodenais.
Incrementa o efecto da colecistoquinina. Suspende a produción de zume gástrico. |
Colecistoquinina | Células I | Liberación de enzimas dixestivas dende o páncreas
Liberación de bile dende a vesícula biliar Supresión da fame |
Hormona secretada | Abreviatura | Células secretoras | Efectos |
---|---|---|---|
Factor de crecemento insulínico (ou somatomedinas) (Principalmente) | IGF | Hepatocitos | Efecto reguladores semellantes á insulina que modulan o crecemento celular e crecemento corporal |
Anxiotensinóxeno e anxiotensina | Hepatocitos | vasoconstrición
Liberación de aldosterona dende a codia suprarrenal dipsóxeno | |
Trombopoetina | Hepatocitos | Eestimula a produción de plaquetas por parte dos megacariocitos[3] |
Notas
editar- ↑ Colorado State University - Biomedical Hypertextbooks - Somatostatin Arquivado 22 de maio de 2023 en Wayback Machine.
- ↑ Endo K, Matsumoto T, Kobayashi T, Kasuya Y, Kamata K (2005). "Diabetes-related changes in contractile responses of stomach fundus to endothelin-1 in streptozotocin-induced diabetic rats". Journal of Smooth Muscle Research 41 (1): 35–47. PMID 15855738. doi:10.1540/jsmr.41.35.
- ↑ Kaushansky K (2006). "Lineage-specific hematopoietic growth factors". N Engl J Med. 354 (19): 2034–45. PMID 16687716. doi:10.1056/NEJMra052706.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sistema endócrino |