Imán (relixión)
Un imán[1] (en árabe, إمام) é a persoa que dirixe a oración colectiva no islam. O islam carece de clero, e un imán, en principio, pode ser calquera que coñeza ben os rituais da relixión. Sitúase fronte aos fieis nas mesquitas e serve de guía para realizar as oracións, aínda que non é obrigatorio seguilo.
Agás no clero xiíta, a elección dun imán recae, en principio, na comunidade que o vai seguir, aínda que existe xente que seguen estudos específicos para dedicarse a esta tarefa.
O imanato xiíta
editarEntre os xiítas, o termo imán, á parte de referirse ao guía dunha comunidade relixiosa, é o título que ostentaban os xefes supremos de toda a comunidade xiíta (o equivalente ao califa sunní), cargo hereditario cuxo último representante, Muhammad al Mahdi, segundo a tradición, desapareceu no ano 873 da Era Común e vive dende entón oculto (o mahdi ou imán oculto).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para imán.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |