Isabelle Huppert

actriz francesa

Isabelle Huppert, nada en París o 16 de marzo de 1953, é unha actriz francesa.

Modelo:BiografíaIsabelle Huppert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Isabelle Anne Huppert Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Sean PennTim Burton →
President of the Jury at the Venice International Film Festival (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatoire national supérieur d'art dramatique
Institut national des langues et civilisations orientales (pt) Traducir - lingua rusa
Conservatoire à rayonnement régional de Versailles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,6 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de teatro, produtora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
ProfesoresJean-Laurent Cochet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRonald Chammah Editar o valor en Wikidata
FillosLolita Chammah Editar o valor en Wikidata
IrmánsCaroline Huppert
Élisabeth Huppert
Rémi Huppert Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001376 Allocine: 947 Rottentomatoes: celebrity/isabelle_huppert Allmovie: p34067 TCM: 91063 Metacritic: person/isabelle-huppert TV.com: people/isabelle-huppert
Instagram: isabelle.huppert BNE: XX1094516 iTunes: 20307536 Last fm: Isabelle Huppert Musicbrainz: 43fea388-729a-463d-8069-b431fed97df6 Discogs: 320935 WikiTree: Huppert-17 Editar o valor en Wikidata

Ademais de ser unha das intérpretes máis prolíficas de Francia, Isabelle Huppert presenta unha filmografía de proxección internacional: dende Estados Unidos (da man de directores como Michael Cimino, Hal Hartley, Curtis Hanson ou Otto Preminger), Italia (baixo a dirección dos irmáns Taviani, Mauro Bolognini, Marco Ferreri e Marco Bellocchio), Rusia (con Igor Minaiev), Europa central (co alemán Werner Schroeter, a suíza Ursula Meier, o austríaco Michael Haneke, a húngara Márta Mészáros ou o serbio Aleksandar Petrović), ata países do continente asiático (co coreano Hong Sang-soo, o filipino Brillante Mendoza ou o franco-camboxano Rithy Panh). Como actriz de teatro traballou con directores como Bob Wilson, Yasmina Reza, Claude Régy, Krzysztof Warlikowski ou Jacques Lassalle. Os seus papeis, tanto no teatro coma no cinema, caracterízanse pola súa dificultade e esixencia para ser interpretados, ademais de presentar polo xeral unha natureza complexa.

Traxectoria

editar

Familia

editar

Filla de Annick Beau, profesora de inglés e apaixonada do piano, e de Raymond Huppert, dirixente dunha empresa, Isabelle Anne Madeleine Huppert pasou a súa infancia en Ville-d'Avray, onde recibiu unha educación sólida no terreo das artes e da cultura. Ten dúas irmás e un irmán que, coma ela, dedican a súa vida ao mundo da cultura: Élisabeth, escritora, pintora, actriz e realizadora; Caroline, tamén realizadora; e Rémi, consultor de xestión e desenvolvemento internacional e escritor. En 1982 casou co director, produtor cinematográfico e guionista Ronald Chammah, con quen ten tres fillos: Lolita Chammah, actriz, Lorenzo e Angelo.

Formación

editar

Despois de cursar a educación secundaria no instituto de Saint-Cloud, Isabelle Huppert continuou os seus estudos no Institut National des Langues et Civilisations Orientales en París, aínda que nunca chegou a rematalos. Tras formarse no conservatorio de Versalles, a actriz estudou linguas eslavas e orientais na Universidade de Clichy, onde ela se licenciou en ruso. Paralelamente aos seus estudos na universidade, Huppert formábase como actriz na École nationale supérieure des arts et techniques du théâtre para máis tarde ingresar no Conservatoire national supérieur d’art dramatique.

Inicio

editar

As súas primeiras aparicións na gran pantalla foron en 1972 nos filmes Faustine et le Bel Été, de Nina Companeez, e en César et Rosalie, de Claude Sautet, onde interpreta o papel de irmá máis nova de Romy Schneider. En 1974 participa cun papel secundario na película de Bertrand Blier Les Valseuses, na que Huppert representa unha adolescente rebelde na procura da súa emancipación. Tras este virían, en 1974, Dupont Lajoie, de Yves Boisset, na cal Isabelle é unha xove campesiña violada e asasinada por Jean Carmet; en 1975 Aloïse, de Liliane de Kermadec, e o telefilme Madame Baptiste, adaptación do director Claude Santelli da obra homónima de Guy de Maupassant; e, en 1976, O xuíz e o asasino, de Bertrand Tavernier, onde interpreta o papel de amante de Philippe Noiret. Xa nesta etapa inicial, Isabelle Huppert vai construíndo a súa carreira cinematográfica distanciándose doutras das grandes actrices do momento, como Miou-Miou ou Isabelle Adjani, ao formar parte da esfera de renovación do cinema de autor francés tras o movemento cinematográfico da Nouvelle Vague a través da colaboración con directores como Claude Sauset, Yves Boisset ou Bertrand Tavernier.