Jean William Fritz Piaget, nado en Neuchâtel o 9 de agosto de 1896 e finado en Xenebra o 16 de setembro de 1980, foi un psicólogo experimental, filósofo, pedagogo e biólogo suízo, creador da epistemoloxía xenética, famoso polas súas achegas ao campo da psicoloxía evolutiva, os seus estudos sobre a infancia e a súa teoría do desenvolvemento cognitivo.

Modelo:BiografíaJean Piaget
Biografía
Nacemento(fr) Jean William Fritz Piaget Editar o valor en Wikidata
9 de agosto de 1896 Editar o valor en Wikidata
Neuchâtel, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio dos Reis, D-395 Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Neuchâtel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseOtto Fuhrmann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoloxía, Psicoloxía do desenvolvemento, psicoloxía cognitiva, bioloxía, lóxica e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicólogo, profesor universitario, malacólogo, biólogo, filósofo, zoólogo, lóxico, pedagogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lausana (1938–1951)
Universidade de Xenebra (1929–1971)
International Bureau of Education (en) Traducir (1929–1967)
Universidade de Neuchâtel (pt) Traducir (1925–1929)
Universidade de Zürich
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
DoutorandoSeymour Papert (pt) Traducir, Michelangelo Flückiger (en) Traducir, Gérald Noelting (en) Traducir, Bärbel Inhelder (en) Traducir, Guy Cellérier (en) Traducir, Bernhard-Hardi Fischer (en) Traducir e Gérard Vergnaud (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeValentine Piaget (1923–) Editar o valor en Wikidata
PaiArthur Piaget Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1975Debate Chomsky-Piaget (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пиаже Жан)
Obálky knih,
Medvik >>>:Piaget, Jean, 1896-1980, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4578567 Dialnet: 1943485 WikiTree: Piaget-11 Find a Grave: 8515319 Editar o valor en Wikidata
Busto de Jean Piaget en Xenebra.

Traxectoria

editar

Naceu na zona francesa de Suíza, fillo máis vello de Arthur Piaget e de Rebecca Jackson. O seu pai era un destacado profesor de literatura medieval na Universidade de Neuchâtel. Jean Piaget foi un neno precoz que amosou axiña grande interese pola bioloxía e o mundo natural, especialmente polos moluscos. Con 11 anos, mentres estudaba no Instituto Latino da súa cidade natal, redactou un estudo referido a certa especie de pardal albino, e logo escribiu un tratado de malacoloxía durante os seus estudos medios.

Licenciouse e doutorouse en bioloxía na Universidade de Neuchâtel en 1918. A partir de 1919 estudou brevemente e traballou na Universidade de Zürich, onde publicou dous traballos sobre psicoloxía que xa marcaban as liñas das súas ideas, aínda que máis tarde os cualificaría de traballo adolescente. Aí parece comezar o seu interese pola psicanálise, que florecía nesa época.

Despois trasladouse a Grange-aux-Belles en Francia, onde ensinou nunha escola para nenos dirixida por Alfred Binet, creador do test de intelixencia, e co que estudara brevemente na Universidade de París. Mentres cualificaba algunhas instancias destas probas de intelixencia, Piaget notou que os nenos máis novos daban respostas equivocadas a certas preguntas de xeito consistente.

Piaget non se centrou no feito de que as respostas fosen equivocadas, senón no patrón de erros que nenos maiores e adultos non amosaban. Isto levouno á teoría de que o proceso cognitivo ou pensamento dos nenos novos é inherentemente diferente do dos adultos (ao final chegaría a propor unha teoría global das etapas do desenvolvemento, afirmando que os individuos exhiben certos patróns de cognición comúns e diferenciábeis en cada período do seu desenvolvemento).

En 1920 participou no perfeccionamento da Proba de Intelixencia (test) de C.I. (Cociente de intelixencia) inventado por Alfred Binet, momento importante na definición da súa actividade futura. Retornado a Suíza, chegou a director do Instituto Rousseau de Xenebra. En 1923 casou con Valentine Châtenay, coa que tivo tres fillos, aos que Piaget estudou desde a súa infancia.

En 1955 creou o Centro Internacional pola epistemoloxía xenética de Xenebra, que dirixiu ata a súa morte en 1980.

Teoría

editar

As súas principais influencias iniciais, ademais das de Binet, foron as de James Baldwin. Del tomou as nocións de adaptación por asimilación e acomodación en circularidade (entendendo circularidade como retroalimentación). A través de Baldwin chégalle a influencia da filosofía evolutiva de Herbert Spencer, filosofía directamente imbuída da teoría de Charles Darwin. Piaget emprendeu así a súa teorización e logra os seus descubrimentos cunha perspectiva ao mesmo tempo biolóxica, lóxica e psicolóxica, reuníndose nunha nova epistemoloxía. É por isto que fala dunha epistemoloxía xenética, entendendo a epistemoloxía non como a ciencia que estuda á ciencia, senón como a investigación das capacidades cognitivas (dun modo absolutamente empírico, o que a diferencia tamén da gnoseoloxía), en canto ó uso do concepto xenética. Esta diferenciación non se refire ao campo da bioloxía que estuda os xenes, senón á investigación da xénese do pensamento humano, aínda que certamente Piaget recoñece que tal xénese do pensar ten en gran proporción (aínda que de ningún modo totalmente) patróns ou patterns que derivan dos xenes. Porén, e este é un dos grandes descubrimentos de Piaget, o pensar desprégase desde unha base xenética só mediante estímulos socioculturais, así como tamén o pensar se configura pola información que o suxeito vai recibindo, información que o suxeito aprehende sempre dun modo activo por máis inconsciente e pasivo que pareza o procesamento da información.

Publicou varios estudos sobre psicoloxía infantil e, baseándose fundamentalmente na detallada observación do crecemento dos seus fillos, elaborou unha teoría da intelixencia sensoriomotriz que describe o desenvolvemento case espontáneo dunha intelixencia práctica que se sustenta na acción (praxe -en plural: praxia-).

É así como Piaget pode afirmar que os principios da lóxica comezan a desenvolverse antes que a linguaxe, e se xeran a través das accións sensoriais e motrices do bebé en interacción e interrelación co medio, especialmente co medio sociocultural. En A psicoloxía da intelixencia (1947) Piaget recompila as clases do curso que impartiu no Colexio de Francia durante 1942, resumindo as súas investigacións psicoxenéticas da intelixencia. Nesta obra Piaget postula que a lóxica é a base do pensamento, e que en consecuencia a intelixencia é un termo xenérico para designar ao conxunto de operacións lóxicas para as que está capacitado o ser humano, indo desde a percepción, as operacións de clasificación, substitución, abstracción etc. ata -polo menos- o cálculo proporcional.

Jean Piaget traballou co matemático surafricano Seymour Papert na Universidade de Xenebra entre 1959 e 1963.

Piaget demostrou que existen diferenzas cualitativas entre o pensar infantil e o pensar adulto. Máis aínda: existen diferenzas cualitativas en diferentes momentos ou etapas da infancia (o que non implica que non haxa na sociedade humana actual unha multitude de adultos cronolóxicos que manteñen unha idade mental pueril, explicable polo efecto do medio social).

Por tal demostración, Piaget fai notar que a capacidade cognitiva e a intelixencia encóntranse estreitamente ligadas ao medio social e físico. Así considera Piaget que os dous procesos que caracterizan á evolución e adaptación do psiquismo humano son os da asimilación e acomodación. Ambas son capacidades innatas que por factores xenéticos (quizais de tipo homeobox) vanse despregando ante determinados estímulos en moi determinadas etapas ou estadios do desenvolvemento, en moi precisos períodos etareos (máis sinxelamente: en determinadas idades sucesivas).

  • Asimilación: consiste na interiorización ou internalización dun obxecto ou un evento a unha estrutura comportamental e cognitiva preestablecida. Por exemplo, o neno utiliza un obxecto para efectuar unha actividade que preexiste no seu repertorio motriz ou para descodificar un novo evento baseándose en experiencias e elementos que xa lle eran coñecidos (como un bebe que aferra un obxecto novo e o leva á boca, -o aferrar e levar á boca son actividades practicamente innatas que agora son utilizadas para un novo obxectivo-).
  • Acomodación: consiste na modificación da estrutura cognitiva ou do esquema comportamental para acoller novos obxectos e eventos que ata o momento eran descoñecidos para o neno (no caso xa dado como exemplo, se o obxecto é difícil de aferrar, o bebe deberá, por exemplo, modificar os modos de aprehensión).

Ambos os dous procesos (asimilación e acomodación) altérnanse dialecticamente na constante busca de equilibrio (homeostase) para intentar o control do mundo externo (coa fin primaria de sobrevivir).

Cando unha nova información non resulta inmediatamente interpretable baseándose nos esquemas preexistentes, o suxeito entra nun momento de crise e busca encontrar novamente o equilibrio (por isto na epistemoloxía xenética de Piaget se fala dun equilibrio flutuante), para isto se producen modificacións nos esquemas cognitivos do neno, incorporándose así as novas experiencias.

Estados de desenvolvemento cognitivo

editar

Nos seus estudos, Piaget notou que existen períodos ou estados de desenvolvemento. Nalgúns prevalece a asimilación, noutros a acomodación. Deste modo definiu unha secuencia de catro estadios "epistemolóxicos" (actualmente chamados cognitivos) moi definidos no humano.

Estado sensorio-motor

editar

Desde o nacemento ata aproximadamente un ano e medio a dous anos. En tal estadio o neno usa os seus sentidos (que están en pleno desenvolvemento) e as habilidades motrices para coñecer aquilo que o circunda, confiándose inicialmente nos seus reflexos e, máis adiante, na combinatoria das súas capacidades sensoriais e motrices. Así, prepárase para logo poder pensar con imaxes e conceptos.

Reaccións circulares primarias

editar

Suceden entre o primeiro e cuarto mes de vida extrauterina. Nese momento o humano desenvolve reaccións circulares primarias: reitera accións casuais que lle provocaron pracer. Un exemplo típico é a succión do seu propio dedo, reacción substitutiva da succión da mamila, -aínda que o reflexo de succión do propio dedo xa existe na vida intrauterina-.

Reaccións circulares secundarias

editar

Entre o cuarto mes e o ano de vida, o infante orienta o seu comportamento cara ao ambiente externo buscando aprender a mover obxectos e xa observa os resultados das súas accións para reproducir tal son e obter novamente a gratificación que lle provoca.

Reaccións circulares terciarias

editar

Ocorren entre os 12 e 18 meses de vida. Consisten no mesmo proceso descrito anteriormente aínda que con importantes variacións. O infante toma un obxecto e con el toca diversas superficies. Neste momento o infante comeza a ter noción da permanencia dos obxectos. Antes dese momento, se o obxecto non está directamente estimulando os seus sentidos, para el, literalmente, o obxecto "non existe".

Tralos 18 meses o cerebro do neno está xa potencialmente capacitado para imaxinar os efectos simples das accións que está realizando, ou xa pode realizar unha rudimentaria descrición dalgunhas accións diferidas ou obxectos non presentes pero que ten percibido. Está tamén capacitado para efectuar secuencias de accións como utilizar un obxecto para abrir unha porta. Comezan, ademais, os primeiros xogos simbólicos do tipo xoguemos a que....

Estadio preoperatorio

editar

O estadio preoperatorio é o segundo dos catro estados. Segue ó estado sensorio-motor e ten lugar aproximadamente entre os 2 e 7 anos de idade.

Este estadio caracterízase pola interiorización das reaccións da etapa anterior dando lugar a accións mentais que aínda non son categorizábeis como operacións pola súa vaguidade, inadecuación e/ou falta de reversibilidade.

Son procesos característicos desta etapa o xogo simbólico, a centración, a intuición, o egocentrismo, a xustaposición e a irreversibilidade (inhabilidade para a conservación de propiedades).

Estadio das operacións concretas

editar

De 7 a 11 anos. Ao falar de operacións faise referencia ás operacións lóxicas usadas para a resolución de problemas. O neno nesta fase ou estadio xa non só usa o símbolo, é capaz de usar os símbolos dun modo lóxico e, a través da capacidade de conservar, chegar a xeneralizacións atinadas.

Arredor dos 6/7 anos o neno adquire a capacidade intelectual de conservar cantidades numéricas: lonxitudes e volumes líquidos. Aquí por 'conservación' enténdese a capacidade de comprender que a cantidade se mantén igual aínda que se varíe a súa forma. Antes, no estadio preoperativo por exemplo, o neno estaba convencido de que a cantidade dun litro de auga contido nunha botella alta e longa é maior que a do mesmo litro de auga trasegado a unha botella baixa e ancha (aquí existe un contacto coa teoría da Gestalt). En cambio, un neno xa no estadio das operacións concretas está intelectualmente capacitado para comprender que a cantidade é a mesma en recipientes de diversas formas.

Arredor dos 7/8 anos o neno desenvolve a capacidade de conservar os materiais. Por exemplo: tomando unha bóla de arxila e manipulándoa para facer varias boliñas o neno xa é consciente de que reunindo todas as boliñas a cantidade de arxila será practicamente a da bóla orixinal. Esta capacidade é a reversibilidade.

Arredor dos 9/10 anos o neno accede ó último paso na noción de conservación: a conservación de superficies. Por exemplo, posto fronte a cadrados de papel pódese decatar de que reúnen a mesma superficie aínda que estean amoreados ou dispersos.

Estadio das operacións formais

editar

Desde os 12 en adiante (toda a vida adulta).

O suxeito que se encontra nos estadio das operacións concretas ten dificultade para aplicar as súas capacidades a situacións abstractas. Se un adulto (sensato) lle di "non te mofes de x porque é gordo... ¿que dirías se che sucedese a ti?", a resposta do suxeito nese estadio de só operacións concretas sería: "EU non son gordo".

É desde os 12 anos en adiante cando o cerebro humano está potencialmente capacitado (desde a expresión dos xenes), para formular pensamentos realmente abstractos, ou un pensamento de tipo hipotético-dedutivo.

Piaget publicou máis de 50 libros e 500 artigos, así como 37 volumes na serie de "Etudes d'Epistémologie Génétique" (Estudos de Epistemoloxía Xenética).ove: Erlbaum Associates Ltd.

Traballos principais

editar
  • Recherche. Lausanne: La Concorde (1918).
  • Le jugement et le raisonnement chez l´enfant (1924).
  • La naissance de l’intelligence chez l’enfant (1936).
  • La construction du réel chez l’enfant (1937).
  • La genèse du nombre chez l´enfant (con Alina Szeminska, 1941).
  • La formation du symbole chez l´enfant (1946).
  • Traité de logique. Essai de logistique opératorie (1949).
  • Introduction à l'épistémologie génétique (1950).
  • Les relations entre l´intelligence et l´affectivité dans le développement de l´enfant (1954).
  • De la logique de l´enfant à la logique de l´adolescent. Essai sur la construction des structures opératories (con Bärbel Inhelder, 1955).
  • Commentary on Vygotsky's criticisms. New Ideas in Psychology, 13, 325-40 (1962).
  • Etudes Sociologiques (1965).
  • Logique et connaissance scientifique (1967).
  • Biologie et connaissance (1967).
  • Piaget's theory (1970).
  • Main trends in psychology (1970).
  • L´equilibration des structures cognitives: Problème central du développement (1975).
  • Resherches sur l´abstraction refléchissante. L´abstraction des relations logico- arithmétiques (1977).
  • Essay on necessity. Human Development, 29, 301-14, 1986 (1977).
  • Le possible et le necessarie 1. L´evolution des possibles chez l´enfant (1981).
  • Psychogenèse et historie des sciences (con Rolando Garcia, 1983).
  • Vers une logique des significations (con Rolando García, 1987).
  • Morphismes et catégories. Neuchatel, París: Delachaux et Niestlé (1990).

Biografías e autobiografías

editar
  • Bringuier, J.C.: Conversationnes avec Piaget (1977).
  • Evans, R.: Jean Piaget, the man and his ideas (1973).
  • Piaget, J.: "Autobiography". En E. Boring (Ed) History of psychology in autobiography. Vol. 4. Worcester, MA: Clark University Press (1952).
  • Piaget, J: "Autobiographie". Révue Européenne des Sciences Sociales, 14 (38-39), 1-43 (1976).

Recoñecementos

editar

Foi nomeado presidente da Comisión Suíza da UNESCO, da Sociedade Suíza de Psicoloxía, a Asociación de Lingua Francesa de Psicoloxía Científica e a Unión Internacional de Psicoloxía Científica. Foi co-director do Departamento de Educación da UNESCO e membro do consello executivo da UNESCO e outras 20 sociedades académicas. Coeditou Archives de Psychologie e outras 7 revistas científicas.

Foi nomeado doutor Honoris Causa en Harvard, Manchester (1959), Cambridge (1962), Bristol (1970), CNAA (1975) e outras 26 universidades. En 1972 recibiu o Premio Erasmus.[1] O 17 de setembro, data do seu pasamento, conmemórase o Día da psicopedagoxía.

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar