Kevin Magnussen

piloto de carreiras dinamarqués

Kevin Jan Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras danés, actualmente pilota para o equipo Haas F1 Team.[1][2][3] É fillo do catro veces gañador de Le Mans da clase GT, piloto de fábrica GM e expiloto de Fórmula 1 Jan Magnussen, Kevin Magnussen chegou a través do programa de novos pilotos de Fórmula Un de McLaren e pilotou para McLaren no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 e pilota para o equipo Haas desde 2017 e deixou ao equipo ao final da tempada 2020.[4][5] Competirá no WeatherTech SportsCar Championship en 2021 pilotando para Chip Ganassi Racing.

Modelo:BiografíaKevin Magnussen

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Roskilde, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, actor de dobraxe, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2014-2015McLaren
2016-2016Renault F1 Team
2017-2020Haas F1 Team
2022-Haas F1 Team Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJan Magnussen Editar o valor en Wikidata

Páxina webkevinmagnussen.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5626860 Facebook: KevinMagnussen Twitter: KevinMagnussen Instagram: kevinmagnussen Editar o valor en Wikidata

En 2022, Magnussen reincorporouse a Haas cun contrato de varios anos.[6]

Traxectoria

editar

Magnussen comezou a súa carreira no karting. En 2008 deu o salto a Fórmula Ford en Dinamarca, gañando o campionato,[7] tamén competiu en seis carreiras das series ADAC Formel Masters.

En 2009 Magnussen pasou a Fórmula Renault, terminando segundo por detrás de António Félix da Costa na Copa de Europa do Norte e sétimo na Eurocopa, pilotando para Motopark Academy.

En 2010 Magnussen competiu no Campionato alemán de Fórmula Tres con Motopark Academy e Carlin Motorsport; gañando a rolda de apertura da tempada en Oschersleben. Terminou terceiro no campionato, taking the rookie title in the process.

En 2011 Magnussen pasou a Cooper Tires British Formula 3 with Carlin

No campionato de 2016 formou parte do equipo Renault, que volvía como construtor á competición tras seis anos unicamente motorizando.

Carreira na Fórmula Un

editar

Magnussen tivo a súa primeira experiencia no McLaren MP4-27 de Fórmula Un, nunha proba para pilotos novos na pista de Abu Zabi, o 6 de novembro de 2012. Estableceu un tempo máis rápido de 1:42.651. Anteriormente realizara un traballo no simulador de condución do equipo.[8] Magnussen foi o mellor da proba de tres días impresionando ao director deportivo de McLaren, Sam Michael. A distancia cuberta no curso da proba foi suficiente para lograr a superlicencia de F1.[9]

McLaren (2014–2015)

editar
 
Magnussen no gran Premio de Mónaco de 2014

O 14 de novembro de 2013, confirmouse que Magnussen pilotaria en McLaren para a tempada 2014, substituíndo a Sergio Pérez Mendoza.[4] De acordo cunha nova regra introducida na Fórmula Un para a tempada 2014, onde os pilotos escolleron un número de coche que usarían durante toda a súa andaina na F1, Magnussen escolleu o número 20 xa que era o número que tiña no seu coche DAMS en 2013 cando gañou o campionato.[10]

Nas probas de pretempada de Jerez e Bahrain superou as taboas de tem`po e na primeira carreira en Australia, clasificouse na cuarta posición.[11] Na carreira en se, Magnussen evitou chocar no inicio, despois de que o seu coche sobrevirara[12] ao patinar as rodas, despois de pasar a Lewis Hamilton nas primeiras voltas, Magnussen mantivo a posición para lograr o terceiro posto, rematou 2,2 segundos por detrás do Red Bull de Daniel Ricciardo.[13] Como resultado, Magnussen converteuse no segundo piloto danés, despois do seu pai Jan, que foi sexto no Gran Premio do Canadá de 1998, en lograr puntuar,[14] e o primeiro debutante, desde Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007, en subirse ao podio no seu primeiro Gran Premio.[15] Despois da carreira, Magnussen describiu o resultado como "como unha vitoria".[16] Máis tarde subiu ao segundo posto nos resultados, despois de que Ricciardo fose descualificado debido a irregularidades no combustible,[17] converténdoo no primeiro novato en terminar segundo desde Jacques Villeneuve no Gran Premio de Australia de 1996.[18] Magnussen logrou acabar once carreiras máis en todo o 2014, sendo na maioría no noveno ou o décimo lugar, aínda que Magnussen logrouo sétimo lugar nos circuítos de Austria e Gran Bretaña onde tivera experiencia previa en fórmulas júnior, e un quinto posto en Rusia.

O 11 de decembro de 2014, anunciouse que Fernando Alonso regresaría a McLaren xunto a Button, deixando a Magnussen como piloto de proba e reserva para McLaren.[19] O piloto mantivo conversacións co equipo Honda Andretti Autosport para competir nas IndyCar Series, pero McLaren bloqueou o acordo.[20] O 3 de marzo de 2015, McLaren anunciou que Magnussen substituiría a Fernando Alonso no Gran Premio de Australia, despois de que os médicos aconsellaran a Alonso non correr debido a unha conmoción obtida durante un incidente nun test o 22 de febreiro.[21][22] Non obstante, Magnussen non puido iniciar a carreira despois de sufrir un fallo no motor na volta de formación.[23]

O 5 de outubro de 2015, recibiu un correo electrónico do axudante persoal do presidente de McLaren, Ron Dennis, que o liberaba de McLaren. McLaren fíxoo público o 16 de outubro.[24]

Renault (2016)

editar
 
Magnussen no Gran Premio de Malaisia de 2016

Despois de ser liberado por McLaren, confirmouse que Magnussen tievera conversas para pilotar o equipo Haas F1, antes de que Romain Grosjean e Esteban Gutiérrez fosen nomeados como pilotos do equipo.[25] Magnussen supostamente estivera en conversas sobre un asento en Manor Racing na Fórmula Un.[26][27] Magnussen probou un coche Mercedes DTM,[28] e un Porsche LMP1,[29] suxerindo de que quizais tivera opcións fóra da Fórmula Un, incluído a IndyCar, onde se cre que entrou en conversacións con Bryan Herta Autosport sobre unha unidade.[30]

O 28 de xaneiro de 2016, apareceron informacións non confirmadas de que Magnussen ía substituír a Pastor Maldonado en Renault, como compañeiro do novato Jolyon Palmer para a seguinte tempada tras un incumprimento de contrato entre Maldonado e o equipo.[31] O 3 de febreiro, Renault confirmou que Magnussen fichara para a tempada 2016.[1] Logrou puntuar dúas veces un sétimo posto en Rusia e un décimo lugar en Singapur, rematando a tempada en 16º lugar.

Haas (2017 – 2020, 2022 - )

editar
 
Magnussen pilotando parar Haas no Gran Prremio de Malaisia de 2017.

O 10 de novembro de 2016, anunciouse que Magnussen asinara un contrato con Haas para 2017.[32] Tras asinar con Haas, converteuse no único piloto en competir nun Gran Premio con todos os fabricantes de motores (catro) na era turbo híbrida turbo.[Cómpre referencia] anotou en cinco carreiras, cun sétimo posto en Acerbaixán como mellor resultado, e rematou 14º no Campionato de Pilotos.[33][34][35]

 
Probas de Magnussen para Haas en 2018.

Magnussen mantivo o seu impulso para a tempada 2018.[36] Logrou a súa primeira volta rápida no Gran Premio de Singapur.[37] Magnussen provocou a ira de varios pilotos ao longo da tempada pola súa condución defensiva. No Gran Premio do Xapón de 2018, o piloto de Sauber Charles Leclerc chamou a Magnussen "estúpido" pola radio despois de que o seu intento de adiantar ao Haas rematase en contacto,[38] Pierre Gasly tamén criticou a condución defensiva de Magnussen no Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tras unha colisión entre ambos.[39] Puntuando en 11 carreiras, Magnussen rematou noveno na clasificación de pilotos, con 56 puntos.

O 28 de setembro de 2018, confirmouse que Magnussen seguiría pilotando en Haas na tempada 2019.[40] Un ano despois da súa primeira volta rápida, Magnussen repetiu a proeza no Gran Premio de Singapur de 2019.[41] Por desgraza, o Haas VF-19 foi pouco competitivo durante a maior parte da tempada, con Magnussen anotando puntos en só 4 carreiras, cun total de 20 puntos para rematar 16º na clasificación. O seu compañeiro de equipo Romain Grosjean tamén loitou co coche, só puido anotar 8 puntos de 3 carreias nas que puntuou.[42]

Magnussen seguiu pilotando para Haas en 2020, de novo colaborando con Grosjean.[43] As dúas primeiras roldas do campionato no Red Bull Ring resultaron difíciles para Magnussen e Haas, xa que o Haas VF-20 estaba fóra de ritmo. Nas primeiras voltas do Gran Premio de Hungría de 2020 , Magnussen quedou terceiro, grazas a unha decisión de estratexia ao comezo da carreira. Aínda que finalmente caeu de novo durante toda a carreira, logrou cruzar a meta no noveno posto. Despois da carreira, determinouse que Haas incumprira as regras relativas á radio do equipo ao dicir aos dous pilotos que entrasen a boxes ao final da volta de formación e Magnussen recibiu unha penalización de dez segundos. Isto degradouno á décima posición, e Magnussen logrou o primeiro punto do ano e o de Haas. Magnussen sufriu un fallo na unidade de potencia no Gran Premio de Italia de 2020 e chocou por detrás nun accidente de varios vehículos no Gran Premio da Toscana de 2020, a súa quinta retirada en nove carreiras.

Magnussen abandonou Haas a finais de 2020.[44]

Tras a invasión rusa de Ucraína, Haas rescindiu o seu contrato co seu pilotor Nikita Mazepin. Magnussen volveu ao equipo como o seu substituto cun contrato de varios anos, coa asociación co piloto Mick Schumacher para a tempada 2022. No seu regreso con Haas en Bahrain, Magnussen logrou comezar 7º e rematar 5º, marcando un dos cinco primeiros postos na historia de Haas ata ese momento.[45] No Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, chegou á Q3 e clasificouse décimo. Máis tarde converteu iso nun noveno posto, asegurando puntos consecutivos de Haas por primeira vez desde 2019.[46][47] Magnussen terminou décimo en Silverstone co seu compañeiro de equipo Mick Schumacher oitavo dando a Haas os primeiros puntos dobres desde Alemaña 2019.[48]

Rexistro de carreiras

editar

Resumo da súa carreira deportiva

editar
Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/rápidas Podios Puntos Posición
2008 Formula Ford Denmark Fukamuni Racing 15 11 6 10 12 267
Formula Ford Duratec Benelux 2 0 0 0 0 19 19º
Formula Ford Festival – Duratec class 1 0 0 0 0 N/A
Formula Ford NEZ 1 1 1 1 1 27
ADAC Formel Masters Van Amersfoort Racing 4 0 0 1 2 30 12º
Portugal Winter Series FR2.0 Motopark Academy 2 0 0 0 1 12 10º
2009 Formula Renault 2.0 NEC Motopark Academy 14 1 2 4 12 278
Eurocup Formula Renault 2.0 14 0 0 1 1 50
Renault Clio Cup Denmark ? 2 0 0 0 1 18 12º
2010 German Formula Three Motopark Academy 18 3 0 0 8 96
Formula 3 Euro Series 2 1 0 0 1 8 12º
2011 British Formula Three Carlin 29 7 6 9 9 237
Masters of Formula 3 1 0 0 0 1 N/A
Macau Grand Prix Formula Three 1 0 0 0 0 N/A 19º
2012 Formula Renault 3.5 Series Carlin 17 1 3 0 3 106
2013 Formula Renault 3.5 Series DAMS 17 5 8 3 13 274
2014 Fórmula 1 McLaren Mercedes 19 0 0 0 1 55 11º
2015 Fórmula 1 McLaren Honda 1 0 0 0 0 0 NC
2016 Fórmula 1 Renault 21 0 0 0 0 7 16º
2017 Fórmula 1 Haas 20 0 0 0 0 19 14º
2018 Fórmula 1 Haas 21 0 0 1 0 56
2019 Fórmula 1 Haas 21 0 0 1 0 20 16º
2020 Fórmula 1 Haas 17 0 0 0 0 1 20º
2021 IMSA SportsCar Championship Cadillac Chip Ganassi Racing 10 1 1 4 5 2879
IndyCar Series Arrow McLaren SP 1 0 0 0 0 7 42º
2022 Fórmula 1 Haas F1 Team 22 0 1 0 0 25 13º
IMSA SportsCar Championship Cadillac Chip Ganassi Racing 1 0 0 0 0 275
2023 Fórmula 1 Haas F1 Team 22 0 0 0 0 3 19º
2024 Fórmula 1 Haas F1 Team 17 0 0 0 0 6* 17º*

Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series

editar

(key)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 DC Puntos
2010 Motopark Academy Dallara F308/099 Volkswagen LEC
1
LEC
2
HOC1
1
HOC1
2
VAL
1

7
VAL
2

1
NOR
1
NOR
2
NÜR
1
NÜR
2
ZAN
1
ZAN
2
BRH
1
BRH
2
OSC
1
OSC
2
HOC2
1
HOC2
2
12º 8

Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series

editar

(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos
2012 Carlin ALC
1

2
ALC
2

Ret
MON
1

Ret
SPA
1

21
SPA
2

1
NÜR
1

5
NÜR
2

8
MOS
1

16†
MOS
2

10
SIL
1

Ret
SIL
2

Ret
HUN
1

2
HUN
2

23†
LEC
1

6
LEC
2

24†
CAT
1

5
CAT
2

4
106
2013 DAMS MNZ
1

2
MNZ
2

2
ALC
1

1
ALC
2

9
MON
1

4
SPA
1

1
SPA
2

3
MOS
1

11
MOS
2

2
RBR
1

3
RBR
2

3
HUN
1

2
HUN
2

2
LEC
1

DSC
LEC
2

1
CAT
1

1
CAT
2

1
274

† Non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Escudería Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos
2024 Haas F1 Team Haas VF-24 Ferrari 066/7 1.6 V6 t BHR
12
SAU
12
AUS
10
XAP
13
CHN
16
MIA
19
EMI
12
MON
Ret
CAN
12
ESP
17
AUT
8
GBR
12
HUN
15
BEL
14
NED
18
ITA
10
ACE
SIN
19†
USA
MEX
BRA
LVG
QAT
ABU
17º* 6*
2023 Haas F1 Team Haas VF-23 Ferrari 066/7 1.6 V6 t BHR
13
SAU
10
AUS
17†
ACE
13
MIA
10
EMI
C
MON
19†
ESP
18
CAN
17
AUT
18
GBR
Ret
HUN
17
BEL
15
NED
16
ITA
18
SIN
10
XAP
15
QAT
14
USA
14
MEX
Ret
BRA
Ret
LVG
13
ABU
20
19º 3
2022 Haas F1 Team Haas VF-22 Ferrari 066/7 1.6 V6 t BHR
5
SAU
9
AUS
14
EMI
98
MIA
16†
ESP
17
MON
Ret
ACE
Ret
CAN
17
GBR
10
AUT
87
FRA
Ret
HUN
16
BEL
16
NED
15
ITA
16
SIN
12
XAP
14
USA
9
MEX
17
BRA
Ret8
ABU
17
13º 25
2020 Haas F1 Team Haas VF-20 Ferrari 065 1.6 V6 t AUT
Ret
EST
12
HUN
10
GBR
Ret
70º
Ret
ESP
15
BEL
17
ITA
Ret
TOS
Ret
RUS
12
EIF
13
POR
16
EMI
Ret
TUR
17†
BAH
17
SAK
15
ABU
18
20º 1
2019 Rich Energy Haas F1 Team Haas VF-19 Ferrari 064 1.6 V6 t AUS
6
BHR
13
CHN
13
AZE
13
ESP
7
MON
14
CAN
17
FRA
17
AUT
19
GBR
Ret
ALE
8
HUN
13
BEL
12
ITA
Ret
SIN
17
RUS
9
XPN
15
MEX
15
USA
18†
BRA
11
ABU
14
16º 20
2018 Haas F1 Team Haas VF-18 Ferrari 063 1.6 V6 t AUS
Ret
BHR
5
CHN
10
ACE
13
ESP
6
MON
13
CAN
13
FRA
6
AUT
5
GBR
9
ALE
11
HUN
7
BEL
8
ITA
16
SIN
18
RUS
8
XPN
Ret
USA
DSC
MEX
15
BRA
9
ABU
10
56
2017 Haas F1 Team Haas
VF 17
Ferrari 062 1.6 V6 t AUS
Ret
CHN
8
BHR
Ret
RUS
13
ESP
14
MON
10
CAN
12
ACE
7
AUT
Ret
GBR
12
HUN
13
BEL
15
ITA
11
SIN
Ret
MAL
12
XPN
8
USA
16
MEX
8
BRA
Ret
ABU
13
14º 19
2016 Renault Sport F1 Team Renault RS16 Renault RE16 1.6 V6 t AUS
12
BHR
11
CHN
17
RUS
7
ESP
15
MON
Ret
CAN
16
EUR
14
AUT
14
GBR
17†
HUN
15
ALE
16
BEL
Ret
ITA
17
SIN
10
MAL
Ret
XPN
14
USA
MEX
BRA
ABU
16º 7
2015 McLaren Honda McLaren MP4-30 Honda RA615H 1.6 V6 t AUS
NTS
MAL
CHN
BAH
ESP
MON
CAN
AUT
RU
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
MEX
BRA
ABU
NC 0
2014 McLaren Mercedes McLaren MP4-29 Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 t AUS
2
MAL
9
BAH
Ret
CHN
13
ESP
12
MON
10
CAN
9
AUT
7
RU
7
ALE
9
HUN
12
BEL
12
ITA
10
SIN
10
XPN
14
RUS
5
USA
8
BRA
9
ABU
11
11º 55
  1. 1,0 1,1 Barretto, Lawrence (3 de febreiro de 2016). "Renault launches its 2016 Formula 1 car, the RS16". Autosport.com. Haymarket Publications. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2016. 
  2. Edmondson, Laurence (1 de febreiro de 2016). "Pastor Maldonado confirms F1 exit". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2016. 
  3. "Kevin MAGNUSSEN - Seasons • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Benson, Andrew (19 de marzo de 2010). "McLaren and Magnussen come full circle". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 21de marzo de 2010. 
  5. "Kevin MAGNUSSEN - Seasons • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  6. "Kevin Magnussen volve ao equipo Haas F1" (en inglés). 9 de marzo de 2022.  Parámetro descoñecido |sitio web= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |data de acceso= ignorado (Axuda)
  7. http://www.driverdb.com/drivers/5000/career/ Career statistics at Driver Database
  8. "Magnussen and Da Costa impress in Young Driver Test". grandprix.com. Consultado o 8 de novembro de 2012. 
  9. "Valsecchi tops final day in Abu Dhabi". grandprix.com. grandprix.com. Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  10. "Numbers up for 2014 Formula One drivers". msn.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  11. Gill, Pete (15 demarzo de 2014). "McLaren still hopeful of podium finish after Kevin Magnussen impresses again". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 16 de marzo 2014. 
  12. Anderson, Ben (16 de marzo de 2014). "Nico Rosberg dominates in Melbourne for Mercedes". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  13. "Rosberg dominates season opener in Australia". Formula1.com (Formula One Administration). 16 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  14. Hamilton, Ben (16 de marzo de 2014). "Magnificent Magnussen finishes third in Aussie GP". The Copenhagen Post (Ejvind Sandal; CPHPOST.DK ApS). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  15. "Rosberg wins as Hamilton and Vettel go out in Australia". Yahoo! Eurosport (TF1 Group). Reuters. 16 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  16. Noble, Jonathan; Mitchell, Scott (16 de marzo de 2014). "F1 rookie Kevin Magnussen says podium like win". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  17. "Red Bull's Daniel Ricciardo disqualified from the results of the Australian GP". Sky Sports (BSkyB). 16 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  18. Ransom, Ian (16 de marzo de 2014). "Rosberg wins for Mercedes, Magnussen second". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2015. 
  19. Benson, Andrew (11 de decembro de 2014). "McLaren confirm Jenson Button & Fernando Alonso for 2015". BBC Sport (BBC). Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  20. Kevin Magnussen open to future full-time IndyCar switch after F1 - Luke Smith, Crash.net, 3 de marzo de 2018
  21. "Fernando Alonso: A Medical Update". McLaren.com. McLaren. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  22. Benson, Andrew (3 de marzo de 2015). "Fernando Alonso: McLaren driver to miss Australian Grand Prix". BBC Sport. Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  23. "Points don't matter to McLaren – Button". GPUpdate.net (JHED Media BV). 15 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  24. Benson, Andrew (16 de outubro de 2015). "Kevin Magnussen: McLaren man told about exit on birthday". BBC Sport (BBC). Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  25. Anderson, Ben (28 de xaneiro de 2016). "Haas F1 wanted Kevin Magnussen for 2016 had Grosjean declined offer". Autosport. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  26. "Manor rebrands, presentation on February 22". GPupdate.net. 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  27. "Magnussen had another F1 offer for 2016". GrandPrix.com. 5 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  28. "Magnussen lands Mercedes-Benz DTM test". Crash.net. Crash Media Group. 19 de novembro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  29. Watkins, Gary (27 de outubro de 2015). "Ex-McLaren F1 racer Kevin Magnussen to test Porsche LMP1 car". Autosport. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  30. Noble, Jonathan (28 de xaneiro de 2016). "Magnussen on verge of F1 return with Renault". Motorsport.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  31. Parkes, Ian (28 de xaneiro de 2016). "Kevin Magnussen set to replace Pastor Maldonado at Renault F1 team". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  32. "Haas F1 Team Secures 2017 Driver Lineup by Signing Kevin Magnussen to Join Romain Grosjean". Haas F1 Team. 10 de novembro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016. 
  33. "Kevin MAGNUSSEN - Points • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  34. "Kevin MAGNUSSEN - Grands Prix started • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  35. "2017 • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019. 
  36. "The honeymoon period is over – exclusive Gene Haas Q&A". Formula.com (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  37. "Kevin Magnussen - Fastest laps". Stats F1. Consultado o 7 denovembro de 2018. 
  38. Karpov, Oleg; Elizalde, Pablo. "Charles Leclerc: F1 must be harsher on 'dangerous' Kevin Magnussen". Autosport.com. Consultado o 3 de decembro de 2019. 
  39. de Menezes, Jack (30 de abril de 2018). "Pierre Gasly accuses Kevin Magnussen of being the ‘most dangerous’ driver in F1". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  40. "F1 2019: Haas confirm Kevin Magnussen and Romain Grosjean". Sky Sports (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  41. "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2019 - Fastest Laps". F1.com. Consultado o 22 de setembro de 2019. 
  42. "Magnussen: Haas VF-19 'most incosistent' of all Haas cars so far". GPToday.net. Consultado o 3 de decembro de 2019. 
  43. "Haas confirm Kevin Magnussen and Romain Grosjean for F1 2020". skysports.com. 19 de setmbro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  44. "Grosjean and Magnussen announce they are to leave Haas at the end of 2020". Formula1.com. 22 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  45. "Standings". 
  46. "Kevin Magnussen says Haas car is 'a joy to drive' after another points finish". 28 de marzo de 2022. 
  47. "F1 news: Haas in points in consecutive rounds thanks to Kevin Magnussen". Mediareferee.com. 2022-03-28. Consultado o 2022-05-25. It also meant that Haas managed to score points in consecutive races for the first time since 2019. 
  48. Whisenant, David. "Kannapolis-based Haas F1 team breaks through with double points finish in British Grand Prix". wbtv.com. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar