Lapurdi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Lapurdi ou Labort[Cómpre referencia] é unha das sete provincias históricas que forman o histórico Euskal Herria, no territorio coñecido coma o Iparralde. Pertence ao Estado francés. Limita ao sur con Guipúscoa e Navarra, ao leste coa Baixa Navarra, ao oeste co Mar Cantábrico (Golfo de Biscaia) e ao norte co departamento francés de Landes. Ten aproximadamente uns 200.000 habitantes, un 25% dos cales falan éuscaro. Alén da capital, Baiona, outras cidades importantes son Biarritz e Hendaia.
Historia
editarIdade Antiga ata a desaparición do Ducado de Vasconia
editarSegundo testemuñan os restos do home de Neanderthal atopados en Bidarte, Biarritz (cidade chamada en éuscaro Miarritze), Hiriburu e Lehuntze, a rexión que máis tarde recibiría o nome de Labort xa estaba poboada no Paleolítico Medio.
Os romanos penetraron nestas terras aquitanas no século I a.C: Craso (56 a.C), Agripa (38-39 a.C) e Augusto (27 a.C) entre outros. O mesmo nome de Labort é de orixe latina ao parecer, pois naquela época sobre o que hoxe en día é Baiona existía un forte romano chamado Lapurdum. Por aquel entón o éuscaro atopábase na súa fase protovasco. Mostra diso son os teónimos e as inscricións achadas (sembe/seme fillo, cison/gizon home, anderexo/anderetxo dama) e non hai mostras de retroceso a pesar da conquista romana de Aquitania (56 a.c) tal e como ocorreu con outras linguas prerromanas e preindoeuropeas.
Caída do Imperio Romano
editarCo debilitamento do Imperio Romano, os vándalos e alanos chegaron en 407 aos Pireneos seguidos máis adiante polos visigodos que penetraron pola calzada romana que vai de Bordeos a Astorga, para logo atravesar o antigo territorio vascón e estenderse polos pobos veciños. Francos e godos emprenderon diversas expedicións hostís en terras de vascones, os francos polo norte e os godos por sur. Neste período de inestabilidade moitos dos poboados primitivos, non cristiáns e fóra o radio de protección das vilas e fortes, quedaron baleiros, para co fortalecemento dos vascóns cara ao século V volveren ser repoboados.
Coa retirada dos godos, estas terras quedaron en mans francas, nacendo así o Ducado de Vasconia cuxo primeiro titular foi Xenial (602). O patricio e despois duque Félix (660-670) unificou Vasconia e Aquitania baixo o nome de Ducado Vasconia-Aquitania, sendo Lupo I (670-710) nomeado duque e sucesor deste á súa morte. Coa desaparición final do Reino de Tolosa (660) as terras que lle correspondían ao Ducado de Vasconia pasaron a mans do aquitano.
Os árabes entraron na Península Ibérica desde Xibraltar e chegaron ata Tolosa e Poitiers. Odón o Grande venceunos en Tolosa no ano 711 e na batalla de Poitiers con axuda de Carlos Martel. O Ducado de Vasconia-Aquitania mantívose independente ata a conquista en 768 por parte dos francos. A pesar dos moitos levantamentos vascones entre os séculos VII-XI estas terras seguiron unidas a Aquitania. Os normandos atacaron o ducado no ano 846 e fixéronse con Labort ata que o duque de Gascuña os expulsou en 982. Por mor das guerras e necesidades de defenderse, o Ducado de Vasconia dividiuse en distintas unidades administrativas, formándose o Vizcondado de Labort baixo protección do Reino de Navarra.
Desde o nacemento do Reino de Navarra ata a Revolución Francesa
editarReino de Navarra e Aquitania
editarO duque de Gascuña Sancho Guillén, en pago dunha débeda contraída co seu sobriño Sancho Garcés III, deulle a terras de Labort e a Baixa Navarra (ao redor do 1030). Este creou entón os ducados de Baigorri e Labort, mais á súa morte os seus fillos fixéronse coas terras, quedando en mans de García Sánchez III de Navarra as terras da Rioxa, a Bureba, Áraba, Biscaia e Guipúscoa. Os ducados de Labort e Baigorri pasaron entón a Aquitania e Gascuña, mantendo a súa autonomía e goberno. O val da Baixa Navarra e as súas comarcas volveron a Gascuña ata o século XII.
En 1152 Henrique II de Inglaterra casa con Leonor de Aquitania e o condado pasa a mans da coroa de Inglaterra. Como os levantamentos se repetían continuamente, Ricardo Corazón de León casou coa filla de Sancho VI o Sabio, Berenguela de Navarra separando así Baiona de Labort. Baiona quedou en mans do rei e Uztaritz converteuse na capital de Labort (1174). Debido a isto, o comercio en Baiona desenvolveuse considerablemente, creando conflitos coas vilas e cidades agrícolas de Labort.
En 1193 o vizconde Guillaume Raymond vendeu os seus dereito a Henrique II de Inglaterra. Os ingleses proclamaron a liberdade da plebe e fixeron fronte aos nobres do lugar, quitando o rei de Inglaterra todos os dereitos á nobreza e dando por terminado o réxime feudal: desde 1193 en diante non houbo nobres en Labort e os foros defenderon os dereitos dos seus habitantes.
O rei de Inglaterra creou o cargo do bailío como representante real, aínda que desde 1498 en diante só se ocupou de asuntos militares, pois os administrativos e xudiciais estaban en mans dos funcionarios. O goberno de Labort estaba en mans do Biltzar (consello en éuscaro), onde se trataban os asuntos xerais de Labort e estaba formado polos alcaldes deste territorio histórico. Desde 1314 ten escritos os seus foros e costumes.
Desde a abolición da nobreza ata a Revolución Francesa
editarDurante tres séculos estivo baixo administración inglesa para pasar en 1450, segundo o Tratado de Ayherre, a mans da coroa francesa unha vez terminada a Guerra dos Cen Anos. Os privilexios que Baiona tivera coa coroa Inglesa desapareceron, pero os seus usos e costumes foron recuperados e revisados para en 1514 seren aceptados polo Parlamento de Bordeos como as leis para todo Labort, que se mantiveron ata a Revolución Francesa.
A crise do século XVII tivo grande efecto en Labort. A desaparición do feudalismo e o desenvolvemento mercantil e industrial provocaron o enfado da nobreza ao non formaren parte deste e ao perderen os seus dereitos sobre os agricultores. Por mor disto houbo grandes conflitos entre en 1654 e 1655, o que levou a que Lois XIII e Lois XIV recortasen os dereitos dos vascófonos do País Vasco francés, provocando máis levantamentos populares.