Chennai
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Chennai (சென்னை en támil) (antigamente Madrás) é a capital de Tamil Nadu na India, con 6 800 000 habitantes é a cuarta cidade do país. Localízase na costa de Coromandel, no Golfo de Bengala.
சென்னை (ta) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Estado da India | Tamil Nadu | ||||
Distrito da India | Chennai district (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.599.000 (2024) (15.460,49 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua támil | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 426.830.040 m² | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1639 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | M. K. Stalin (pt) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 600... | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 44 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Frankfurt Chemnitz Volgogrado (1966–) Denver (1984–) San Antonio (2009–) Kuala Lumpur (2010–) Chongqing (2015–) Ulsan (pt) (2016–) | ||||
Páxina web | chennaicorporation.gov.in |
Historia
editarChennai recibiu o seu nome actual en 1996.
Mylapore
editarNunha rexión poboada dende séculos, a cidade anteriormente coñecida coma Madras (ata 1996) xurdiu por unión de varias poboacións veciñas, xeralmente vinculadas a templos: Thiruvanmiyur no sur; Thiruvotriyur ao norte; Thirvallkeni (hoxe barrio de Triplicane) no centro. A a máis antiga semella que foi Mylapore (hoxe barrio central de Thirumaylai). Foi un activo porto da Costa de Coromandel dende o século I aC e centro da cultura támil. Supostamente foi visitada por Tolomeo e poida que polo apóstolo San Tomé. De feito, nos arredores da cidade actual, no suroeste, álzase o Monte de San Tomé, suposto lugar da prédica evanxelizadora[1].
Mylapore foi porto e un centro administrativo das sucesivas dinastías que gobernaron o sueste do subcontinente indio no primeiro milenio: Chola, Pallava, Pandya, Khilji e os Nayaks do Imperio de Vijayanagar. Do tempo dos Pallava data o importante templo de Kapalleeshvarar (século VII).
En 1522 os portugueses arriban e constrúen alí o asentamento e porto de São Tomé de Meliapore. Destruíron o templo de Kapaleeshwarar (reconstruído no XVIII) e erixiron a basílica de Sao Tomé sobor da suposta tumba do apóstolo.
Colonia británica: Madras
editarEn 1639 Francis Day merca para a Compañía Británica do Leste da India a concesión dunha franxa de terra ao norte de Mylapore onde existía a localidade pesqueira de Madraspatnam. Ao ano seguinte constrúen un forte (Fort St. George) con vivendas e peirao, ó que chamaron White Town, por oposición á Black Town ou asentamento indíxena que creceu ao carón do anterior.
En 1746 os franceses ocúpana brevemente destruíndo a Black Town. Tres anos despois volve ás mans dos británicos. Reforzan con bastións o forte que adopta forma semioctogonal[2] e deixan unha explanada de medio quilómetro ao norte no lugar que ocupara aquela, estendendo máis ao norte unha nova retícula urbana (futura George Town)[3].
Amais, durante todo o século XVIII agrandan a colonia mediante sucesivas adquisicións (entre outras Triplicane, Tiruvottiyur e a propia Mylapore)[4]. Convértese en base naval inglesa e centro administrativo das posesións do imperio no sur da India (Madras Presidency).
No século XIX experimenta un gran crecemento ao ser o porto do intercambio comercial da rexión con Europa, incrementado pola posta en marcha cara ao fin da centuria da rede de ferrocarrís da India[5].
Pero a verdadeira explosión urbana produciuse trala independencia do país en 1948 e a industrialización das décadas posteriores (sinaladamente a industria do automóbil). Hoxe un novo pulo vén da man de ser un centro das Tecnoloxías da Información.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chennai |
A Galipedia ten un portal sobre: India |