María Victoria Moreno
María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005,[4] foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega[5] e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas.[6] Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.[7]
Nome orixinal | María Victoria Moreno Márquez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de maio de 1939 Valencia de Alcántara, España |
Morte | 22 de novembro de 2005 (66 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | cancro de mama |
Formación profesional | Filoloxía Románica |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Profesora de ensino secundario |
Xénero artístico | Literatura infantil e xuvenil, narrativa, poesía, ensaio |
Influencias en | |
Lingua | Castelán, galego |
Obra | |
Obras destacables Anagnórise (1988) | |
Familia | |
Cónxuxe | José Luis Llácer Zarzoso[1] Pedro Ferriol Suárez |
Fillos | Begoña Llácer Carlos Alberto Llácer [2][3] |
Premios | |
| |
En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.
Traxectoria
editar- Véxase tamén: Cronobiografía de María Victoria Moreno.
Primeiros anos
editarNaceu en 1939,[8] xusto un mes despois do anuncio da fin da guerra civil española, se ben na súa mocidade dixo que nacera en 1941 para comezar o bacharelato coas rapazas menores ca ela porque non tivera ocasión de se matricular antes.[9][10] Do mesmo xeito, tamén falseou a súa idade ao comezar os estudos universitarios.[11] É por iso que algunhas fontes[12][13] (DBdG,[14] DdS21,[15] GEG[16]…) sinalan 1941 como o ano de nacenza da autora.
O seu pai, Vicente Moreno Moreno, natural de Lagartera (Toledo), fora mobilizado en 1937 na Facultade de Dereito para ir á fronte na guerra civil española. Nese mesmo ano, durante un permiso, casou coa mestra Sara Márquez Bueno, malagueña que estudara maxisterio en Córdoba, filla dun militar que viñera de Manila e unha madrileña. A nai quedou na casa dun irmán seu, Antonio, a quen destinaran como policía á vila de Valencia de Alcántara, a doce quilómetros da fronteira con Portugal.[3] María Vitoria, que foi a primoxénita, tivo tres irmáns: Sara (setembro de 1940), Antonio (maio de 1942) e Rafael (decembro de 1943).
Vicente foi destinado en 1943 a Segovia,[3] como administrador do cárcere provincial, morrendo o 30 de setembro de 1949 por mor da tuberculose. María Victoria tiña dez anos de idade. A nai, rematada a excedencia que solicitara, puxo escola desde 1949 en Sepúlveda. Como alí non había instituto, tanto Victoria como a súa irmá Sara tiveron que ir facer o bacharelato fóra. En 1951 conseguiu unha bolsa de estudos e foi a Barcelona, interna no colexio «Virgen de la Inmaculada» da Sección Femenina —a súa irmá Sara foi enviada a Sanlúcar de Barrameda—. Alí aprendeu catalán (prohibido nas aulas) e francés, e descubriu a literatura, lendo por vez primeira o Quixote de Cervantes e O principiño de Saint-Exupéry, que se habían converter nas súas obras favoritas. Nos veráns volvía ás aldeas de Segovia onde traballaba a súa nai,[3] como Navares de las Cuevas, onde Sara puxera escola en 1952, antes de ser destinada a Valverde del Majano.[9]
De 1958 a 1963 estudou a carreira de Filosofía e Letras (Sección de Filoloxía Románica) na Universidade Central de Madrid (hoxe Universidade Complutense), onde tivo de profesores a Rafael Lapesa (Historia do español), Dámaso Alonso (Lingüística románica), Carlos Bousoño e Rafael de Balbín Lucas.[17] Alí coñeceu ao valenciano José Luis Llácer Zarzoso, invidente dende os tres anos de idade, dez anos maior ca ela,[18] co que casou o 6 de xullo de 1963, ao rematar a carreira, e co que se trasladou a Pontevedra no mesmo ano da licenciatura, pois Llácer fora contratado como profesor no colexio Santiago Apóstolo da ONCE desa vila,[19] do que chegaría a ser director. En Madrid, polas tardes, deu clases gratuítas de francés no barrio obreiro de Entrevías e colaborou coa ONCE traducindo libros do francés e lendo para cegos.[20]
En Galicia
editarMaría Victoria xa coñecera Galicia en 1947, con oito anos de idade, cando fora visitar a súa tía Conchita a Valdoviño.[21] O seu tío político, José Eugenio Arcelus Imaz, traballaba alí como secretario do concello.
En Pontevedra, estivo dando clases como profesora interina durante dous anos no Instituto Feminino (hoxe IES Valle Inclán), fichada polo daquela director Marcelino Giménez,[22] de 1963 a 1965, o primeiro curso como profesora de latín e o segundo de francés. En 1965 aprobou a oposición a adxunta numeraria de Lingua e Literatura española, co número 19 de 55, e escolleu destino ao Instituto Masculino de Lugo (hoxe IES Lucus Augusti), como profesora titular de Lingua e Literatura españolas,[23] onde estivo outros dous anos e tivo por catedrático a Xesús Alonso Montero e compañeira a Emilia Pimentel Iglesias, nesa altura muller de Alonso Montero, matrimonio co que fixo unha grande amizade.[24] Do profesor Alonso Montero escribiu: Eu non teño casa patrucial en Galicia e non podo falar da «hortiña que quero tanto» nin das «figueiriñas que prantei», mais pouco importa isto se a miña voz chega ás escolas e ós institutos deste país [...] ¿Ten isto algo que ver coa influencia que exerceu sobre min Xesús Alonso Montero? Evidentemente si, alomenos en parte. [...] O meu estilo é meu, e coido que llo debo a meu pai e os xenes moriscos que me transmitiu. A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro e recoñezo coma mestre.[25][26] Alí tivo por alumno, entre outros, a Xesús Rábade Paredes.[27]
Volveu ao Instituto Feminino de Pontevedra en 1967 como profesora de lingua castelá. Entre os alumnos que tivo estaba Rosario Álvarez Blanco. En 1969 escribe Alcores de Donalvar, novela en castelán finalista no Premio Café Gijón, e prologa tamén en castelán o primeiro libro de Xesús Rábade, Xuntos cara ó mañán. En maio de 1973 foi cofundadora, con outros oito socios (José Luis Llácer, Margariña Valderrama, Alfredo Conde, Blanca Varona, Ramón Yuste, Carmen María Echarre, Paco Gulías e Javier Yuste) da librería Xuntanza, na rúa Andrés Muruais de Pontevedra, que pechou en 1976 polas débedas, e na que podían atoparse, entre outros libros, obras de Castelao que naqueles momentos estaban prohibidas pola censura.[28][29]
Na ditadura franquista non se ensinaba a lingua galega, mais María Victoria dedicaba parte das clases de literatura española dos venres a ensinar literatura galega.[3] Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e de Galicia. A súa fascinación dende moi nova por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta á defensa e promoción do galego.[30] En xullo de 1973[31] foille denegado o pasaporte pola policía do réxime por participar nuns cursos de galego que organizara o Ateneo de Ourense, presidido por Manuel Peña Rey, coñecido comunista.[32] María Victoria impartira eses cursos, non remunerados, en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa desde 1971.
En 1975 o matrimonio completou o proceso de adopción dos seus fillos, os irmáns Begoña e Carlos Alberto, que iniciaran dous anos antes.[33]
Conseguiu, por concurso de méritos, a praza de catedrática en 1979, con destino no instituto de Ribadavia, pero para poder seguir en Pontevedra solicitou a excedencia por razóns familiares. En 1983 a súa nai, Sara, con problemas de senilidade, vai vivir con ela (até 1996). En 1986 pediu a reincorporación, accedendo como catedrática no instituto de Vilalonga, en Sanxenxo[21], no que traballou catro anos e onde comezou a escribir a novela Anagnórise. En 1990 consegue o traslado ao Mixto nº 5 de Pontevedra (logo IES G. Torrente Ballester), no que remataría a súa carreira docente.[21]
O 19 de xaneiro de 1996 morreu o seu home, José Luis Llácer, e en 1997, a ela, foille diagnosticado cancro de mama.[3]
En xuño de 2002 os compañeiros e compañeiras ofrecéronlle unha homenaxe de despedida na que ela pronunciou un discurso en varios idiomas. O 1 de setembro de 2002 xubilouse como catedrática de ensino medio.[21]
Pedro Ferriol, un capitán da mariña mercante cubano foi o seu compañeiro durante os seus tres últimos anos de vida, relación que comezou de xeito epistolar cando el leu Leonardo y los fontaneros. Casaron en maio de 2003 [3] polo civil na Habana e o 22 de febreiro de 2004 repetiron a cerimonia na igrexa de Campolongo en Pontevedra.
María Victoria Moreno morreu no Hospital Provincial de Pontevedra, aos 66 anos de idade, pasadas as nove da mañá do 22 de novembro de 2005, vítima do cancro.[34][35][36]
A súa biblioteca persoal, de 5 009 volumes,[37] incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quixote, foi doada ao IES Gonzalo Torrente Ballester.[38]
Obra
editarAdemais de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou en libros de texto e dirixiu, canda Antonio García Teijeiro e David Otero, a colección Árbore de literatura infantil da editorial Galaxia,[39] presentada por eles tres canda Ramón Piñeiro e Carlos Casares en 1988, no Teatro García Barbón de Vigo.[40] Como lectora, no ámbito das letras en galego nunca agochou o seu gusto pola narrativa de Ramón Otero Pedrayo ou do mesmo Carlos Casares:
“ | [para ler boa literatura, lía] a Miguel de Cervantes, evidentemente. E tamén a Antoine de Saint-Exupéry (...) E gústame a prosa dos hispanoamericanos inmediatamente anteriores ao boom. Miguel Ángel Asturias, por exemplo (...) Gústanme os escritores éticos e con compromiso, cunha prosa exuberante. E de Galicia gústanme os mellores que hai. Valoro moito a lírica medieval, a prosa de Otero Pedrayo e de Carlos Casares, a poesía de Fernán Vello.[41] | ” |
María Victoria Moreno foi unha das pioneiras da literatura infantil e xuvenil en galego. O seu primeiro libro en galego foi Mar adiante, que estaba ilustrado por ela mesma. Neste libro atópase o conto Crarisca e Luceiro[42] co que gañou en 1972 o segundo premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho.[43] Nesta obra defende outro xeito de entender a escola, baseada no contacto coa natureza, no respecto, na ledicia de aprender e no afecto.[2]
A súa obra O cataventos publicouna en 1979, despois de levar o primeiro premio do Concurso nacional de contos infantís “O Facho” en 1975. En 1983 publica outro libro, A festa no faiado.[44] E máis adiante, en 1986, publica Leonardo e os fontaneiros, o seu libro preferido, e que gañou o terceiro premio de O Barco de Vapor en 1985. Neste libro, ó igual que en E haberá tirón de orellas? (1997) amosa o seu grande amor polos animais.[2] Os animais tamén son protagonistas noutros contos seus, como Can branco, can negro e Un cachiño de bica?, publicados no 2005 no libro Eu conto, ti cantas....[5]
A mediados dos anos 80 publica varios libros de texto sobre lingua e literatura galega xunto con Xesús Rábade e Luís Alonso Girgado para cubrir a demanda que comezou a aparecer nesa época ó comezarse a implantar estas materias nos centros de ensino.[2]
E en 1988 publícase a que foi a súa obra máis recoñecida, Anagnórise, da que se publicaron 20 edicións e que foi incluída na lista de honra do IBBY en 1990.[45]
Co libro Guedellas de seda e liño, publicado en 1999, acadaría outro recoñecemento, ó conseguir entrar na prestixiosa lista internacional White Ravens da Biblioteca Internacional para a Mocidade de Múnic en 2002, demostrando de novo a súa capacidade para conectar coa mocidade.[46]
Tamén publicou algúns anos despois, no 2004, un libro para público adulto, Diario da luz e a sombra, falando da súa experiencia coa enfermidade que padecía, o cancro de mama.[2]
O último libro que chegou a ver publicado, no 2005, foi Eu conto, ti cantas..., e foi de novo unha obra para o público infantil, neste caso en verso, e tendo, coma noutras ocasións, os animais coma protagonistas.[2]
No ano 2009 publicouse postumamente o libro Onde o aire non era brisa, tradución de Xavier Senín do primeiro libro que escribira en castelán, Alcores de Donalvar, e que fora publicado no 2006 co título Donde el aire no era brisa.[5]
Tamén fixo traducións, como a tradución do catalán ó galego do libro Mecanoscrito da segunda orixe de Manuel de Pedrolo, ou as traducións ó castelán das obras contidas en Os novísimos da poesía galega.[2]
En galego
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- Mar adiante, Sada, Ediciós do Castro, 1973.[3]
- A festa no faiado, Vigo, Galaxia, 1983.[44]
- A brétema, Vigo, Galaxia, 1985.[18][47]
- Leonardo e os fontaneiros, Galaxia-SM, 1986, ilustrado por M. Uhía. 3º Premio O Barco de Vapor.[48]
- Anagnórise, Vigo, Galaxia, 1988.[49][50] Despois incluída na Biblioteca Galega 120.
- O cataventos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989.[51]
- ¿Un cachiño de bica?, Vigo, SM, 1994, ilustrado por Manuel Uhía.[3]
- ¿E haberá tirón de orellas?, Vigo, Galaxia, 1997.[52]
- Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999.[53]
- Eu conto, ti cantas, Vigo, Xerais, 2005, ilustrado por Manuel Uhía.[30] Inclúe:
- "Xa non teño medo"
- "Can branco, can negro" (antes publicado como "Nico e Miños")
- "Un cachiño de bica".
- O amor e as palabras, Urco Editora, 2017.[54] Inclúe:
- "Querida avoa" [55]
- "S.O.S."
- "O libro das saudades e os degoiros"
- "Pan con chocolate"
- "O encontro"
- "O grumete"
- "O amor e as palabras"
- As cinco castes, Urco Editora, 2018.[56]
Ensaio
editar- As linguas de España, Santiago, Colección Andel n.º 9, Xunta de Galicia, 1991.[57]
- Verso e prosa, Santiago, Colección Andel n.º 15, Xunta de Galicia, 1991.[58]
- Diario da luz e a sombra, Vigo, Xerais, 2004.[3]
- É a lúa que baila… María Victoria Moreno e a lírica dos seis poemas galegos de Federico García Lorca, Galaxia, 2018.[59]
Narrativa
editar- Querida avoa, Vigo, Contos do Castromil, 1993.[55]
Poesía
editar- Elexías de luz, Vigo, Xerais, 2006.[60]
Traducións
editar- Mecanoscrito da segunda orixe (Mecanoscrit del segon origen, 1974), de Manuel de Pedrolo, Vigo, Galaxia, 1989.[61]
Obras colectivas
editar- "O cataventos", en Contos pra nenos, Vigo, Galaxia, 1979.[8]
- "Comentarios de texto: descubrir a realidade", en Xornadas da Lingua Galega no Ensino, Santiago, Xunta, 1984.[3]
- Literatura século XX. Iniciación universitaria, Vigo, Galaxia/SM, 1985. Con Xesús Rábade Paredes.[62]
- Literatura. 3 BUP, Galaxia-SM, 1987. Canda Rábade Paredes e Alonso Girgado.[63]
- "Nico e Miños", en 8 contos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1989.[8]
- "Querida avoa",[55] en Lerias, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991.[64]
- "S.O.S.", en Contos de hogano, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 1992.[8]
- "O libro das saudades e os degoiros", en Ruta Rosalía 1993, Caixa Galicia. Santiago de Compostela, 1993.[8]
- "Pan con chocolate", en Relatos para un tempo novo, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993.[8]
- "Discurso pronunciado por Xesús Alonso Montero no acto no que recibiu o Pedrón de Ouro", en Comentarios de textos populares e de masas, Xerais, 1994.[3]
- "¿Escritora alófona eu?", p. 107-111, en Poetas alófonos en lingua galega, Vigo, Galaxia, 1994.[65]
“ | Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía[66] (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor. | ” |
— MVM, 1993, "Poetas alófonos en lingua galega".[27] |
- E dixo o corvo..., Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997.[67]
- "¡Xa non teño medo!", en A maxia das palabras, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1998-1999.[8]
- "Amigos de mil cores", en Campaña de Lectura 2001, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2001.[8]
- "Carta de amor", en Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, Santiago de Compostela, CCG, 2003.[68]
- "O encontro", en Un libro, a maior aventura, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2003.[3]
- "O grumete", en Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2004.[8]
Obra en revistas
editar- "Estou a escribir a contrarreloxo". Entrevista con Xosé A. Neira Cruz, Fadamorgana nº 3, p. 12-16 (decembro 1999).
- “Danza da lúa en Santiago”. Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego (1985). 2015.[69]
En castelán
editar- "Prólogo" de Xuntos cara ó mañán, de Xesús Rábade Paredes, 1969, Celta, Lugo.
- Alcores de Donalvar. Orixinal en castelán de 1969, publicado en 2006 co título Donde el aire no era brisa.[70] Sería traducido ao galego por X. Senín co título Onde o aire non era brisa, Galaxia, 2009.[71]
- Os novísimos da poesía galega / Los novísimos de la poesía gallega (ed. bilingüe), Madrid, Akal, 1973.[72]
- Tradución de El perro Rin y el lobo Crispín, 1986, de Carlos Casares.[61]
- "M.V.M., una profesora feliz de serlo". CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil (Barcelona) (41): 48–50. xullo-agosto de 1992.[18]
“ | Non atopei mellor tratado de amor que o capítulo XXI de Le petit prince, o que comeza decindo: «C'est alors qu'apparut le renard...» | ” |
— M.V.M., [18] |
Recoñecementos
editarFoi finalista do Premio Café Gijón en 1969 coa novela en castelán Alcores de Donalvar.[75]
O xurado formado por Santos Simões, Riveiro da Costa e X. Alonso Montero, outorgoulle, en 1971, o primeiro premio dos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães co relato en castelán La casa de las Marías,[8] unha historia sobre unhas prostitutas de aldea que se ven obrigadas a abandonar a casa. A eses mesmos xogos enviara, tamén, un relato en galego: A gaiola,[76] que segundo declaracións de Alonso Montero non foi debidamente valorado daquela.[77]
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho, no 1972, por Crarisca e Luceiro.[78]
- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho, no 1975, por O cataventos.[2]
- 3º Premio O Barco de Vapor en 1985.[2]
- Lista de honor do IBBY no 1990, por Anagnórise.[45]
- Inclusión na lista internacional White Ravens da Biblioteca Internacional para a Mocidade de Múnic pola súa obra Guedellas de seda e liño en 2002.[46]
- Gañou o X Premio de Novela Corta Manuel Díaz Luis do concello de Monleón con Donde el aire no era brisa, recollendo o premio o 28 de agosto de 2005.[79][76]
Foille outorgada a mención de honor a título póstumo do premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra no ano 2005.[80]
Foi a autora homenaxeada a título póstumo na VII edición do Salón do Libro Infantil de Pontevedra no ano 2006,[37] ese mesmo ano o concello instalou unha placa conmemorativa na rúa onde viviu.
En 2015 a plataforma de crítica literaria feminista A Sega outorgoulle o Día das Galegas nas Letras.[81]
Día das Letras Galegas 2018
editarEn 2017, tras unha proposta de Xesús Alonso Montero, Margarita Ledo Andión, Antón Santamarina, Rosario Álvarez Blanco, Ramón Lorenzo e Luz Pozo Garza,[82] foi escollida polos membros da Real Academia Galega, por un voto de diferenza,[83] para ser a personalidade homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018.[27] Os outros candidatos foron Ricardo Carballo Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón.[84]
En marzo de 2018 os integrantes da corporación municipal do Concello de Pontevedra acordaron por unanimidade mudar o nome da avenida de Fernández Ladreda polo de María Victoria Moreno,[85] medida que se fixo efectiva o 27 de abril de 2018 nun acto presidido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e coa presenza da familia da autora e diferentes representantes institucionais como Víctor Freixanes, Fina Casalderrey e outros.[86] O 1 de maio colocouse unha placa na última casa onde viviu, Avenida de Vigo, nº 15[87] (sempre viviu nesta rúa: nun ático do número 45, no 5 °C do número 13 e nun 3º piso do número 15). No mesmo ano o Concello e a editorial Urco crearon o Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil.[88] A primeira edición foi gañada por Antonio Manuel Fraga coa obra O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.[89]
A banda da Loba homenaxeouna coa canción Anagnórise[90] e Fuxan os Ventos musicou o poema "Cantiga", incluído en Elexías de luz, co título Lúa de prata.[91]. O grupo musical Xardín Desordenado publicou Victoria da luz con textos de MVM.[92]
En 2018 segundo se ía achegando o 17 de maio ían aumentando os actos honrando a súa figura, tanto en Galicia coma nas comunidades galegas no exterior. Os máis destacados desenvolvéronse en Pontevedra o mesmo Día das Letras Galegas.
- O IES Gonzalo Torrente Ballester foi o escenario do acto institucional organizado pola Xunta de Galicia. Víctor Freixanes sinalou que se "tivo moi en conta" o labor docente de María Victoria Moreno á hora de elixila para protagonizar un día que busca tamén recoñecer o "papel dos mestres" na difusión do galego. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo, citando á homenaxeada, "vimos guapos e alegres" para festexar un día que se dedica "a unha gran muller que amou intensamente a Galicia". A súa filla, Begoña, destacou que era un día "importante" para os familiares dunha autora que "amaba o galego", idioma que coñeceu ao chegar a Galicia para emprender a súa carreira como docente e que falaba "o pobo ao que amou". A súa neta, Victoria, recitou o poema "Cantiga" incluído na súa obra Elexías de luz.[93]
- Celebrouse a sesión extraordinaria do plenario da RAG[94] no Teatro Principal de Pontevedra, coa presenza do presidente da Xunta; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González; o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o alcalde de Pontevedra e a familia de MVM. O presidente da RAG explicou que a obra de María Victoria Moreno "contaxiou" a paixón pola literatura e a conciencia lingüística a varias xeracións "sementando un futuro" para o idioma galego. Marilar Aleixandre reflexionou sobre o dilema que, como moitas outras mulleres, tivo que afrontar a propia María Victoria ao decidir entre dedicarse ás artes ou a ser ama de casa, cando a autora "viuse obrigada a escoller entre pasar o ferro ou escribir". Fina Casalderrey fixo un amplo repaso á obra da homenaxeada, que foi relacionado cos acontecementos máis importantes da súa vida e na que, dixo, vese "o rastro dese amor pola palabra" e o seu "compromiso inquebrantable" co galego. Xesús Alonso Montero sinalou que ela protagonizou un "acontecer cultural" que, en pleno franquismo, "non tiña precedentes", desenvolvendo un "apostolado lingüístico" que provocou un "enfado" entre moita xente "ben pensante".[95]
- Á tardiña, como é habitual cada Día das Letras Galegas, a Asociación Sociocultural O Burgo confeccionou unha alfombra floral coa imaxe de MVM e léronse algúns dos seus poemas na praza de Manuel Curros Enríquez ao lado da escultura de Alexandre Bóveda.[96]
Na programación institucional organizouse un proxecto expositivo itinerante con ilustracións de Nuria Díaz, Lucía Cobo, Xan López Domínguez, Jacobo Fernández Serrano, Jacobo Muñiz, María Fe Quesada, Bea Lema e Dani Padrón, coordinados por David Pintor.[97]
Editouse o monográfico María Victoria Moreno. Homenaxe. Palabra fértil no tempo, número 38 dos Cadernos Ramón Piñeiro do CIRP.[98] Organizouse un simposio o 27 e 28 de novembro de 2018 sobre a súa figura.[99]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de María Victoria Moreno.
-
Retrato.
-
De esquerda a dereita: Ferriol (marido de MVM), Tito Seixas (libreiro amigo) e Begoña Llácer (filla).
-
O marido, Pedro, e a filla, Begoña, diante do mural no IES Torrente Ballester
-
Mesa redonda de homenaxe. De esquerda a dereita: Alonso Montero, Freixanes, F. Casalderrei e X. Senín.
-
Presentación dun libro sobre MVM no IES Torrente Ballester, en 2018.
Notas
editar- ↑ "Concurso de cuentos en homenaje a Victoria Moreno". La Voz de Galicia (en castelán). 13/2/2006.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Biografía de MVM no Portal da Lingua Galega
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 Aleixandre, M.; Casalderrey, F. (2018). "Figuras homenaxeadas". RAG.
- ↑ Bragado, Manuel (22/11/2005). "Un abrazo, María Victoria".
Ás nove e media desta mañá María Victoria despediuse para sempre
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Aleixandre, M. e Casalderrey, F. Primavera das letras Arquivado 06 de abril de 2018 en Wayback Machine. RAG e Deputación da Coruña.
- ↑ Alonso Montero, X. (2/7/2017). "María Victoria Moreno, filóloga sen fronteiras". La Voz de Galicia.
- ↑ Soto 1999, p. 17-21.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 Soto Meijomence, Alejandra: María Victoria Moreno. A reivindicación da literatura infantil e xuvenil Álbum de Mulleres. CCG. 2007.
- ↑ 9,0 9,1 Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 42.
- ↑ Vila, Sara (29/11/2017). "Por enriba de todo, María Victoria Moreno era mestra". Diario de Pontevedra.
- ↑ 11,0 11,1 Casalderrey, F. e Aleixandre, M. (2017). "A verdadeira data de nacemento de María Victoria Moreno". Grial (215): 12–13. ISSN 0017-4181.
- ↑ Ríos 2016, p. s/n.
- ↑ Fernández del Riego 1992, p. 288.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia, t. 3, p 7.
- ↑ Diciopedia do século 21, t. 2, p 1411.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega (DVD).
- ↑ Alonso Montero 2018, p. 9.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 Moreno, M. V. (1992). "M.V.M., una profesora feliz de serlo". CLIJ (41): 48–50.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 46.
- ↑ Lorenzo Montero 2017, p. 8.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 Casalderrey; Acuña (2018). Camiñadas con María Victoria Moreno. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 10 de abril de 2018.
- ↑ "Moita xente en Pontevedra fala galego e leu "O Quixote" gracias a min". La Voz de Galicia. 22/6/2002.
- ↑ "Orden de 13 de diciembre de 1965 por la que se aprueba el expediente de las oposiciones a plazas de Profesores adjuntos numerarios de «Lengua y Literatura españolas» de Instituto Nacionales de Enseñanza Media convocadas por Orden de 15 de octubre de 1964 y se nombra y destina a los opositores propuestos por el Tribunal correspondiente" (PDF). BOE (en castelán) (111). 10/5/1966.
- ↑ Alonso Montero 2018, p. 7.
- ↑ Moreno, María Victoria (22/2/2000). "O mestre das palabras. Xesús Alonso Montero deixa as súas clases coma catedrático de Literatura Galega na Universidade de Santiago tras 47 anos de actividade docente". suplemento Culturas de La Voz de Galicia: 2–3.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 63-64.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 "O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno…". RAG. 17/6/2017.
- ↑ "La Educación es mi religión, aprendí mucho de mis alumnos y les estoy muy agradecida". La Voz de Galicia (en castelán). 17/5/2008.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 15.
- ↑ 30,0 30,1 Soto, Isabel (6/2/2006). "Despedidas que mancan o corazón". LG3. O soportal da literatura galega. CCG.
- ↑ "…cuya autorización le fué denegada … en telex del 24 de julio último… Pontevedra, 1 de marzo de 1974."
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 71.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 72.
- ↑ Castro Veloso, Francisco (23/11/2005). "A canción do náufrago". Archived from the original on 12/05/2006. Consultado o 16/01/2018.
- ↑ "Morre María Victoria Moreno, autora de Anagnórise". Vieiros. 23/11/2005.
- ↑ "A escritora allea e nosa que cativou o público infantil e xuvenil" RAG, 20/11/2015.
- ↑ 37,0 37,1 Lorenzo Montero 2017, p. 26.
- ↑ "Maestra, escritora y generosa". Faro de Vigo (en castelán). 14/5/2011.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 8.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 76.
- ↑ Neira Cruz, X. A. (decembro de 1999). "Estou a escribir a contrarreloxo". Fadamorgana. Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (3): 16.
- ↑ Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 70-71.
- ↑ O primeiro premio foi para O bosque de Ouriol de Arcadio López-Casanova.
- ↑ 44,0 44,1 A festa no faiado imaxe da portada.Existen versións en aranés, catalán, castelán e éuscaro.
- ↑ 45,0 45,1 IBBY Honour List (1990) (en inglés).
- ↑ 46,0 46,1 The White Ravens 1996 - 2013 Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Internationale Jugendbibliothek (en inglés).
- ↑ Existen versións en catalán e castelán.
- ↑ Existe versión en castelán.
- ↑ Existen versións en castelán, catalán e éuscaro
- ↑ Anagnórise, vista previa en Google Books
- ↑ Existe versión en catalán.
- ↑ Ficha, na páxina de Galaxia, da edición de 2017
- ↑ Guedellas de seda e liño, vista previa en Google Books.
- ↑ Selección de relatos espallados que foran publicados maioritariamente en libros colectivos.[1]
- ↑ 55,0 55,1 55,2 Querida avoa reeditado en PDF por Castromil (grupo Monbus) en 2018, co gallo do DLG.
- ↑ As cinco castes imaxe da portada.
- ↑ As linguas de España Libraría institucional, Xunta.
- ↑ Verso e prosa Libraría institucional, Xunta.
- ↑ ISBN 978-84-9151-159-5. Con estudo introdutorio de X. A. Montero. "É a Lúa que baila…". Galaxia. 2018. Consultado o 15/5/2018.
- ↑ "Ficha do libro en Edicións Xerais". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2018. Consultado o 03 de abril de 2018.
- ↑ 61,0 61,1 Mª Victoria Moreno Márquez Arquivado 12 de decembro de 2017 en Wayback Machine. na páxina da BiTraGa.
- ↑ Imaxe da portada de Literatura século XX
- ↑ Literatura, 3 BUP BNE.
- ↑ Ficha de Lerias na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Actas do I congreso. Edición de Xesús Alonso Montero e Xosé M. Salgado. ISBN 84-7154-922-0. Imaxe da portada.
- ↑ Mira que din: Autófono, -a Portal das Palabras. 7/5/2018.
- ↑ Publicado para os nenos ingresados no Hospital Xeral de Galicia. Edición coordinada por Carme Porto e Lourdes Maceiras.
- ↑ "Carta de amor" en Dialnet.
- ↑ Moreno, María Victoria (2015) [1985]. "“Danza da lúa en Santiago”. Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego". Madrygal (18): 163–173.
- ↑ Edición a cargo do Concello de Monleón (Salamanca), con cubertas de Jerónimo Prieto, 86 pp. ISBN 84-7797-259-1 [2]
- ↑ "Lembranza de María Vitoria Moreno" Galaxia, 17/7/2009.
- ↑ Os novísimos…, imaxe da cuberta
- ↑ Nicolás, Ramón (8/5/2018). "Caderno da Crítica".
- ↑ Hermida, María (26/5/2018). "«Nosoutras» amosa o interese de María Victoria Moreno por dignificar as mulleres". La Voz de Galicia.
- ↑ Bragado, Manuel (17/6/2018). "María Victoria Moreno, da vida e da esperanza". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 03/04/2018. Consultado o 03/04/2018.
- ↑ 76,0 76,1 Casalderrey & Aleixandre 2018, p. 68.
- ↑ Alonso Montero 2018, p. 10.
- ↑ Alonso Montero 2018, p. 11.
- ↑ María Victoria finaría a escasos tres meses, o 22 de novembro do mesmo ano.
- ↑ "Pavís Pavós e «Vieiros» gañaron o premio Xoán Manuel Pintos". La Voz de Galicia. 21/12/2005.
- ↑ "María Victoria Moreno homenaxeada no II Día das Galegas nas Letras". Concello de Oleiros. Consultado o 9/4/2018.
- ↑ Alonso Montero 2018, p. 16.
- ↑ "Unha elección gañada in extremis por un voto". Faro de Vigo. 18/6/2017.
- ↑ "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará o Día das Letras de 2018" RAG, 13/6/2017.
- ↑ Martínez, Fernando (13/3/2018). "Acuerdo para renombrar Fernández Ladreda como María Victoria Moreno". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "La avenida María Victoria Moreno, un "faro de luz" para que Pontevedra la recuerde "para sempre"". Pontevedra Viva (en castelán). 27/4/2018.
- ↑ "Aquí vivió María Victoria Moreno, "unha namorada de Pontevedra e das súas xentes"". Pontevedra Viva (en castelán). 1/5/2018.
- ↑ "Bases do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil". Blogaliza. AELG. Archived from the original on 09/04/2018. Consultado o 9/4/2018.
- ↑ "Antonio Manuel Fraga gaña o premio María Victoria Moreno". La Voz de Galicia. 23/4/2018.
- ↑ "Anagnórise - A banda da Loba". YouTube. Consultado o 11/5/2018.
- ↑ "Fuxan os Ventos - Lúa de prata". YouTube. Consultado o 11/5/2018.
- ↑ "Victoria da Luz - Xardín Desordenado 2018". YouTube-Isaac Garabatos. Consultado o 17/5/2018.
- ↑ "Pontevedra homenajea a María Victoria Moreno, una mujer que "amou intensamente" a Galicia". Pontevedra Viva (en castelán). 17/5/18.
- ↑ "A Academia celebra a literatura e o compromiso cívico co idioma de María Victoria Moreno". Real Academia Galega. 17/5/2018.
- ↑ "Las 'letras galegas' dedican su gran día a María Victoria Moreno y su "compromiso" con Galicia". Pontevedra Viva. 17/5/2018.
- ↑ "María Victoria Moreno, un referente "que sempre está presente entre nós"". Pontevedra Viva (en castelán). 17/5/2018.
- ↑ "Paisaxes e personaxes. María Victoria Moreno. Letras Galegas 2018". LG. O portal da Lingua Galega. Xunta de Galicia. Consultado o 28/9/2018.
- ↑ "Monográfico das Letras Galegas 2018 nos Cadernos Ramón Piñeiro". academia.gal. RAG. 2/10/2018.
- ↑ "Simposio" (PDF). RAG. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Victoria Moreno |
A Galicitas posúe citas sobre: María Victoria Moreno |
Bibliografía
editar- "Moreno Márquez, María Victoria". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 7.
- "Moreno Márquez, María Victoria". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1411–1412. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Moreno Márquez, María Victoria". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- María Victoria Moreno, unha ollada a través dos seus libros (PDF). Xunta de Galicia. Abril de 2018.
- Alonso Montero, X. (2018). María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura. Biblioteca Gallega. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-316-0.
- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
- ———— (1991). Literatura galega da muller. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-560-6.
- Casalderrey, F.; Aleixandre, M. (2018). María Victoria Moreno: a muller que durmía pouco e soñaba moito. Xerais. ISBN 978-84-9121-311-6.
- ————; Acuña, A. (2018). Camiñadas con María Victoria Moreno. Con prólogo de M. A. Fernández Lores. Concello de Pontevedra. Depósito legal PO 168-2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 10 de abril de 2018.
- ———— (marzo-abril 2018). "Unha faísca de luz para pintar amenceres". Encrucillada (207). ISSN 1131-6519.
- Fajardo, Montse (2018). O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (PDF). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-01805-5.
- Fernández del Riego, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Ediciós do Castro. p. 288. ISBN 84-7492-465-0.
- Fernández Paz, Agustín (1989). 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0049-0.
- Gracián, Ánxela (2018). Doce cartas a María Victoria Moreno. Hércules de Ediciones. ISBN 978-84-947770-6-6.
- Lorenzo Montero, J. (2017). Unha historia de amor. Pequena biografía de María Victoria Moreno. Mulleres galegas. n.º 3. Lela. ISBN 978-84-946043-3-1.
- Luna Alonso, Ana (2006). "A literatura infantil e xuvenil galega traducida". Tradución e política editorial de literatura infantil e xuvenil. UVigo. p. 114. ISBN 84-8158-327-8.
- Moreno, María Victoria et al. (2018). María Victoria Moreno no Fondo O Facho (PDF). Arquivo da Real Academia Galega. RAG. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2018. Consultado o 23 de maio de 2018.
- Mera Herbello, Héitor (2004). "A literatura infantil e xuvenil en Galicia". Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca (UNED) (10): 139–156. ISSN 1130-8508.
- Pena, Montse (2018). A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. Letras Galegas. Galaxia. ISBN 978-84-9151-156-4.
- Queixas, M.; Sánchez, C. (eds.). Renacer á descuberta das palabras. De Nós. Monografías con perspectiva galega. Sermos Galiza. ISBN 978-84-09-01583-2. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018.
- Ríos, Eli (2016). Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno. Urco Editora. pp. 36 (s/n). ISBN 978-84-16121-632. CC BY-NC-ND.
- Roig Rechou, B. (2000). A poesía infantil e xuvenil en Galicia. Teófilo Piñeiro Edicións. p. 31. ISBN 84-923060-5-X.
- ————, ed. (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Xerais. ISBN 978-84-9914-845-8.
- ————, ed. (2018). María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia. Días das Letras Galegas 2018. USC. ISBN 978-84-16954-71-1. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 06 de maio de 2018.
- Soto, I. (3-6 de decembro de 1998). "Dous estremeños na literatura galega: Mª Victoria Moreno e Xosé Antonio Perozo”". IIº Congreso de Literatura Infantil e Xuvenil “Historia Crítica de la Literatura y la Ilustración Ibéricas. Cáceres.
- ———— (decembro de 1999). "Á beleza polo lirismo e a tenrura. Achegamento á obra de María Victoria Moreno". Fadamorgana (3): 17–21.
- ————; Senín, X. (12/4/2018). María Victoria Moreno. Sementadora de futuro. Xerais. ISBN 978-84-9121-335-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. p. 395. ISBN 84-8288-019-5.
- VVAA (2018). "María Victoria Moreno". Boletín da Real Academia Galega (A Coruña: RAG) (379). ISSN 1576-8767.
Imaxes | |
---|---|
Fotografía (pasaporte) | |
Fotografía (c) Gonzalo Salgado | |
Gravacións de son | |
As Letras de MVM Diario Cultural, 19/6/17 RG. | |
MVM, Mestra da Vida Laboratorio de Radio. | |
Vídeos | |
Telexornal MVM. CPI dos Dices, Rois. | |
Homenaxe IES G. Torrente Ballester. | |
Fuxan os ventos: Lúa de prata folmusica | |
Galega por amor Concello de Pontevedra | |
MVM. Letras Galegas 2018 IES María Soliño, Cangas |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Primavera das letras Arquivado 30 de maio de 2019 en Wayback Machine. RAG e Deputación da Coruña.
- Ficha da autora Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Galega.
- Ficha da autora nas editoriais Galaxia Arquivado 14 de outubro de 2017 en Wayback Machine. e Xerais
- Ficha da autora na enciclopedia en liña da AS-PG.
- Aleixandre, M.; Casalderrey, F. (2018). "Figuras homenaxeadas". RAG.
- Soto Meijomence, A.: "María Victoria Moreno. A reivindicación da literatura infantil e xuvenil" AdM. CCG. 2007.