Miguel Tellado

político español

Miguel Ángel Tellado Filgueira, nado en Ferrol o 21 de febreiro de 1974, é un político galego, exsecretario xeral do PPdeG.

Modelo:BiografíaMiguel Tellado

(2017) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMiguel Ángel Tellado Filgueira
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Voceiro Partido Popular
30 de novembro de 2023 –
← Cuca Gamarra
Deputado no Congreso dos Deputados
agosto de 2023 –
Presidente Partido Popular de Galicia
1 de abril de 2022 – 2 de maio de 2022
← Alberto Núñez FeijóoAlfonso Rueda →
Secretario Xeral Partido Popular de Galicia
2016 – 2022
Voceiro Partido Popular de Galicia
2014 – 2016
← Paula Prado del Río
Deputado do Parlamento de Galicia
13 de novembro de 2012 – 24 de maio de 2022 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDeputación da Coruña (2007–2009)
Concello de Ferrol (2003–2007) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias Políticas e Sociais pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa época universitaria militou no Movemento Estudantil Universitario, unha escisión dos Comités Abertos de Facultade impulsada por algúns militantes do BNG, aínda que a primeira edición desta organización tería unha vida efémera.[1]

Desde 1997 traballou como xornalista en diversos medios de comunicación locais da comarca de Ferrolterra. Foi xefe de prensa do Concello de Ferrol (2003-2007), xefe de prensa do Grupo Popular na Deputación da Coruña (2007-2009), xefe de Gabinete da Consellería de Traballo e Benestar (2009-2011) e xefe de Gabinete da alcaldía de Ferrol tras as eleccións municipais de 2011. Entrou no Parlamento de Galicia en 2012 e, actualmente, é secretario xeral do PPdeG.

Carreira política

editar

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 ocupou o número catro da candidatura do PP pola provincia da Coruña. Na súa condición de Deputado Autonómico na IX Lexislatura do Parlamento de Galicia é voceiro do PPdeG en asuntos de emprego. Foi secretario da Comisión 3ª de Economía e Orzamentos e vocal das Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego e da Comisión 6ª de Economía e Industria. Nesta Comisión encargouse dos asuntos relacionados coa comarca de Ferrol, e especialmente do relativo ó sector naval.

O 16 de setembro de 2014 o Comité Executivo do PPdeG designouno, portavoz do partido[2], cargo no que sucedeu a Paula Prado del Río.

En maio de 2016, no marco do XVI Congreso do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo propúxoo para converterse en secretario xeral[3] da formación sucedendo a Alfonso Rueda Valenzuela como número dous da formación.

Tras as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi reelixido deputado autonómico. No Grupo Parlamentario Popular da Cámara galega ocupa o cargo de viceportavoz. Ademais é portavoz do PPdeG na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo e voceiro do Grupo na área de Industria e Emprego.

En febreiro de 2017 entrou a formar parte do Comité Executivo Nacional do Partido Popular[4].

Dende o 30 de novembro de 2023 é o voceiro do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados.

  1. "Miguel Tellado, a fe dun converso ao servizo de Alberto Núñez Feixoo". 11/11/2020. Consultado o 12/11/2020. 
  2. "Miguel Tellado, nuevo portavoz del PPdeG". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-09-15. Consultado o 2017-02-21. 
  3. "Miguel Tellado será el nuevo secretario xeral del PPdeG". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-07. Consultado o 2017-02-21. 
  4. Press, Europa (2017-02-11). "Tellado entra en el Comité Ejecutivo del PP, en el que se sentarán siete gallegos además de Rajoy". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-02-21. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar