Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016
As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2012 2020 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 25 de setembro de 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións ao Parlamento de Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 75 deputado do Parlamento de Galicia ≈ X Lexislatura do Parlamento de Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | eleccions2016.xunta.gal… | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Investidura presidencial de Galicia de 2016 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Substitúe: | Persoa elixida: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alberto Núñez Feijóo | Alberto Núñez Feijóo |
Data de celebración
editarA data de celebración foi o 25 de setembro, polo que coincidiu coa data das eleccións vascas, feito criticado por En Marea, PSdeG-PSOE e BNG por considerar que Galicia debe ter unha vida política propia e non servir como moeda de intercambio para os pactos no Congreso dos Deputados.[1]
Antecedentes
editarDurante os catro anos da lexislatura, Alberto Núñez Feijóo gozou dunha maioría absoluta que non se viu ameazada de xeito especial. En diversas ocasións Núñez Feijóo manifestara que dous mandatos eran abondo, o que fixo espertar dúbidas sobre se pretendía presentarse de novo como candidato polo PPdeG.[2]
Pola contra, na oposición todos os partidos viviron cambios importantes. O PSdeG sufriu a dimisión de Pachi Vázquez e a súa substitución nos cargos do partido por Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen non formalizou a súa candidatura a presidente da Xunta. A terceira forza no Parlamento, AGE, sufriu por unha banda a súa descomposición, con tres deputadas desertando ao Grupo Mixto, unha delas de Esquerda Unida e as outras dúas de Cerna, mentres que o éxito electoral da coalición En Marea nas eleccións ao Congreso e ao Senado, así como as alcaldías de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol en mans de candidaturas municipais vinculadas a En Marea actuaban como estímulo positivo e confrontaban a coalición AGE a un acordo maior, con estas candidaturas municipais, mais tamén con Podemos.
O BNG mudou dúas veces de voceiro, primeiro ao substituír a Francisco Jorquera por Xavier Vence, e posteriormente, ao dimitir Vence logo dos resultados das Eleccións ao Congreso, onde o BNG perdera os seus dous deputados. Ademais, os bos resultados de Cidadáns neses comicios xerais abría as posibilidades para que a formación laranxa conseguise escano no Hórreo e Cristina Losada acadou os avais necesarios como candidata.[3] En primarias escolleu Compromiso por Galicia a Xoán Bascuas.[4][5]
Expectativas e obxectivos
editarPara o PPdeG o principal obxectivo era acadar a terceira maioría absoluta consecutiva ou, no seu defecto, algunha fórmula que permitise a Alberto Núñez Feijóo gobernar de novo. Para o PSdeG o obxectivo era que os resultados evitasen ese goberno do PPdeG, liderando unha maioría alternativa. En Marea compartía este obxectivo de desbancar o presidente Feijóo e tamén esperaba liderar a alternativa ao colocarse por diante do PSdeG. O BNG pelexaba nestes comicios por reverter a tendencia baixista das últimas convocatorias en Galicia e manter o grupo parlamentario no Parlamento de Galicia.
O partido de C's, pola súa banda, aspiraba a ocupar varios escanos. Tamén coa expectativa de acadar representación encontrábanse Democracia Ourensana (partido ourensán ligado a Gonzalo P. Jácome), Compromiso por Galicia, o partido animalista Pacma e outras formacións.
Candidatos a presidir a Xunta
editarO BNG presentou como cabeza de lista a Ana Belén Pontón Mondelo.
En C's escolleron a Cristina Losada Fernández como candidata a presidir a Xunta.
Por Compromiso por Galicia repite candidatura á Xunta Xoán Carlos Bascuas Jardón.
O partido instrumental de En Marea (formado por Anova-IN, Esquerda Unida, as Mareas Municipalistas e Podemos) tivo como candidato a Luís Villares Naveira.
O PSdeG-PSOE estivo liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga.
O PPdeG presentou a Alberto Núñez Feijóo á súa terceira reelección.
Lemas de campaña
editar- PPdG: "En Galicia si".
- En Marea: "Un país xusto".
- PSdeG: "Unha resposta nova".
- BNG: "Un tempo novo".
- Cidadáns: "No nos conformemos, Galicia merécese máis".[nota 1]
- CxG: "Galicia é o que importa".
- PACMA: "A súa voz, o teu voto".
Candidaturas por provincia
editarSondaxes
editarEscanos por provincias
editarOs escanos colócanse segundo a posición no mapa.
Data | Fonte | PPdeG | PSdeG-PSOE | AGE | BNG | En Marea | Cidadáns | Outros |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
16 set. 2016 | NC Report Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. | 40-41 | 15-16 | (En Marea) | 2 | 17 | 0 | - |
16 set. 2016 | Sondaxe (8) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38 | 13 | (En Marea) | 3 | 20 | 1 | - |
15 set. 2016 | Infortécnica Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 42-48 | 13-16 | (En Marea) | 2-4 | 12-15 | 0-1 | - |
15 set. 2016 | Sondaxe (7) Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38 | 15 | (En Marea) | 4 | 19 | 0 | - |
14 set. 2016 | Sondaxe (6) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 37 | 15 | (En Marea) | 4 | 19 | 0 | - |
13 set. 2016 | Sondaxe (5) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 37 | 15 | (En Marea) | 1 | 20 | 2 | - |
12 set. 2016 | Sondaxe (4) Arquivado 18 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 37 | 15 | (En Marea) | 2 | 20 | 1 | - |
11 set. 2016 | Sondaxe (3) Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38 | 14 | (En Marea) | 2 | 20 | 1 | - |
10 set. 2016 | Sondaxe (2) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38 | 15 | (En Marea) | 2 | 19 | 1 | - |
9 set. 2016 | Sondaxe Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38 | 15 | (En Marea) | 2 | 19 | 1 | - |
9 set. 2016 | Einvenia Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38-39 | 15-16 | (En Marea) | 2 | 16-17 | 1-2 | - |
9 set. 2016 | Celeste-Tel Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38-40 | 15-16 | (En Marea) | 2 | 17-18 | 1 | - |
9 set. 2016 | Sigma Dos Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 38-41 | 13-14 | (En Marea) | 4-6 | 16-17 | 0 | - |
8 set. 2016 | Infortécnica Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 40-45 | 15-17 | (En Marea) | 3-5 | 12-14 | 0-1 | - |
2 set. 2016 | CIS | 40-41 | 16 | (En Marea) | 2 | 15-17 | 0-1 | - |
24 ago. 2016 | Sondaxe Infortécnica Arquivado 31 de agosto de 2016 en Wayback Machine. | 38-41 | 17-19 | (En Marea) | 5-6 | 11-12 | 0-2 | - |
20 ago. 2016 | Sondaxe NC Report Arquivado 31 de agosto de 2016 en Wayback Machine. | 39 | 17 | (En Marea) | 2 | 15 | 2 | - |
7 ago. 2016 | Isondaxe | 37 | 15 | (En Marea) | 5 | 18 | - | - |
6 abr. 2016 | GAD3 Arquivado 18 de xullo de 2016 en Wayback Machine. | 36-38 | 15-17 | (En Marea) | 4-5 | 14-16 | 2-3 | - |
16 xan. 2016 | Redondo y Asociados | 32 | 17 | (En Marea) | 0 | 20 | 6 | - |
2016 | ||||||||
21 out. 2012 | Elección anterior | 41 | 18 | 9 | 7 | Non existía | Non existía | - |
Porcentaxe de votos
editarData | Fonte | PPdeG | PSdeG-PSOE | AGE | BNG | En Marea | Cidadáns | Outros/
Branco |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
16 set. 2016 | NC Report Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. | 44,7% | 18,8% | (En Marea) | 5,4% | 22% | Icluído en 'Outros' | 9,1% |
16. set 2016 | Sondaxe (8) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 42,2% | 18% | (En Marea) | 5,4% | 26,2% | 4,4% | 3,8% |
15 set. 2016 | Sondaxe (7) Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 42,7% | 19,2% | (En Marea) | 5,7% | 24,7% | 4% | 3,7% |
14 set. 2016 | Sondaxe (6) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 41,8% | 17,7% | (En Marea) | 6,3% | 25,8% | 4,3% | 4,1% |
13 set. 2016 | Sondaxe (5) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 42,6% | 18% | (En Marea) | 4,7% | 25,9% | 4,9% | 3,9% |
12 set. 2016 | Sondaxe (4) Arquivado 18 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 42,9% | 18,7% | (En Marea) | 4,5% | 25,9% | 4,5% | 3,5% |
11 set. 2016 | Debate Electoral na TVG | |||||||
11 set. 2016 | Sondaxe (3) Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 44,1% | 18% | (En Marea) | 4,8% | 25,1% | 4,3% | 3,7% |
10 set. 2016 | Sondaxe (2) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 44,1% | 19,5% | (En Marea) | 5,2% | 24% | 3,9% | 3,3% |
9 set. 2016 | Sondaxe Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 44,3% | 18,3% | (En Marea) | 5,7% | 25,4% | 3,1% | 3,2% |
9 set. 2016 | Celeste-Tel Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 45,4% | 18,5% | (En Marea) | 5,2% | 21,6% | 3,7% | 5,6% |
9 set. 2016 | Sigma Dos Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 45,7% | 17,3% | (En Marea) | 7,1% | 21,7% | 3,9% | 4,3% |
8 set. 2016 | Infortécnica Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. | 55,9% | 21,3% | (En Marea) | 5,4% | 15,5% | 1,9% | - |
2 set. 2016 | CIS | 44,9% | 19,9% | (En Marea) | 5,3% | 19,9% | 4,6% | - |
20 ago. 2016 | Sondaxe NC Report Arquivado 31 de agosto de 2016 en Wayback Machine. | 44,6% | 19,1% | (En Marea) | 5,3% | 18,8% | 5,2% | - |
6 abr. 2016 | GAD3 Arquivado 18 de xullo de 2016 en Wayback Machine. | 44,1% | 19,7% | (En Marea) | 6,7% | 17,9% | 5,1% | 6,5% |
16 xan. 2016 | Redondo y Asociados | 37% | 21% | (En Marea) | - | 25% | 9% | - |
2016 | ||||||||
21 out. 2012 | Elección anterior | 45,8% | 20,6% | 13,9% | 10,1% | Non existía | Non existía | 9,6% |
Resultados
editarNúmero de votos que obtiveron as principais candidaturas, co 100,00% escrutado:[7]
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
PP | Alberto Núñez Feijóo | 682.150 | 47,56% | +1,76% | 41 | = | |
En Marea | Luís Villares | 273.523 | 19,07% | 14 | +14 | |||
PSdeG-PSOE | Xoaquín Fernández Leiceaga | 256.381 | 17,87% | -2,74% | 14 | -4 | ||
BNG | Ana Pontón | 119.446 | 8,33% | -1,78% | 6 | -1 | ||
Cidadáns | Cristina Losada | 48.553 | 3,38% | |||||
PACMA | 15.135 | 1,06% | +0,50% | |||||
DO | Miguel Caride | 7.723 | 0,54% | +0,25% | ||||
CxG | Xoán Bascuas | 4.109 | 0,29% | -0,72% | ||||
Partido Anticorrupción y Justicia | 2.535 | 0,18% | ||||||
Gañemos | 2.344 | 0,16% | ||||||
Recortes Cero-Grupo Verde | Pastora Fernández | 2.276 | 0,16% | |||||
Cidadáns-Centrum | 1.534 | 0,11% | ||||||
PCPE | 1.263 | 0,09% | -0,03% | |||||
Escanos en Branco | 1.111 | 0,08% | -1,11% | |||||
Acción Democrática Ciudadanos de Galicia | 651 | 0,05% | +0,02% | |||||
Converxencia 21 | Garcilaso de la Vega López | 493 | 0,03% | -0,04% | ||||
Alternativa Independiente de Galicia | 367 | 0,03% | ||||||
Unidos por el Futuro! | 296 | 0,02% | ||||||
Vía Nova Galicia | 281 | 0,02% | ||||||
Partido Libertario | 210 | 0,01% |
Escanos por provincias
editarEn letra grosa, o candidato do partido á presidencia da Xunta de Galicia:
Provincia | Partido | Cabeza de lista | Votos | % | +/- | Escanos | +/- |
---|---|---|---|---|---|---|---|
A Coruña | PP | Diego Calvo Pouso | 278.295 | 47,81% | +2,42% | 13 | = |
En Marea | Antón Sánchez García | 112.893 | 19,39% | 5 | +5 | ||
PSdeG-PSOE | Xoaquín Fernández Leiceaga | 99.934 | 17,17% | -1,61% | 5 | = | |
BNG | Ana Pontón | 51.246 | 8,80% | -0,81% | 2 | = |
Provincia | Partido | Cabeza de lista | Votos | % | +/- | Escanos | +/- |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Lugo | PP | Francisco José Conde López | 97.323 | 52,81% | +1,33% | 8 | -1 |
PSdeG-PSOE | Luis Manuel Álvarez | 35.099 | 19,05% | -3,76% | 3 | -1 | |
En Marea | Luís Villares | 28.285 | 15,35% | 2 | +2 | ||
BNG | Olalla Rodil | 13.579 | 7,37% | -1,34% | 1 | = |
Provincia | Partido | Cabeza de lista | Votos | % | +/- | Escanos | +/- |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ourense | PP | María Sol Díaz Mouteira | 93.487 | 53,13% | +3,96% | 9 | +1 |
PSdeG-PSOE | Noela Blanco Rodríguez | 31.006 | 17,62% | -6,05% | 2 | -2 | |
En Marea | Mª de los Ángeles Cuña Bóveda | 24.222 | 13,77% | 2 | +2 | ||
BNG | Noa Presas | 10.558 | 6,00% | -2,46% | 1 | = |
Provincia | Partido | Cabeza de lista | Votos | % | +/- | Escanos | +/- |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Pontevedra | PP | Alberto Núñez Feijóo | 213.045 | 43,29% | +0,48% | 11 | = |
En Marea | Carmen Santos Queiruga | 108.123 | 21,97% | 5 | +5 | ||
PSdeG-PSOE | Abel Losada Álvarez | 90.342 | 18,36% | -2,45% | 4 | -1 | |
BNG | Xosé Luis Bará Torres | 44.063 | 8,95% | -2,92% | 2 | -1 |
Parlamentarios electos
editar- Artigo principal: Lista de deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia.
|
|
Galería de imaxes
editar-
Carteis de propaganda electoral do BNG.
-
Cartel electoral de En Marea.
-
Carteis electorais de Unión Anarcosindicalista da Coruña.
-
Cartel electoral de PACMA.
Investidura do Presidente da Xunta de Galicia
editarCandidato | Data | Voto | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Alberto Núñez Feijoo (PPdeG) |
10 de novembro de 2016 Maioría requirida: Absoluta (38/75) |
Si | 41 | 41 / 75 | |||
Non | 14 | 14 | 6 | 34 / 75 | |||
Abstención | 0 / 75 |
Notas
editar- Referencias
- ↑ "En Marea, PSdeG e BNG critican que a data se «subordine» á «estratexia do PNV»". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ "Feijóo cree que los apoyos para su reelección reflejan la buena salud del PPdeG". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Cristina Losada, candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta". TVG. 9 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ "Compromiso por Galicia aprobou hoxe o seu regulamento para as primarias abertas á cidadanía para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia". Xornal de Galicia. 30 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ "Xoán Bascuas comprométese a ser a voz dos gandeiros no Parlamento de Galicia". 21 Noticias. 12 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ "Los tres errores del bus de Ciudadanos en la campaña de las elecciones en Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 13 de setembro de 2016.
- ↑ Xunta de Galicia. "Resultados ao 100% - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016". Consultado o 26 de setembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 |