O nervio facial é o sétimo dos doce pares craniais. Asóciase con outro nervio, o intermediario de Wrisberg. Recolle información sensitiva do terzo anterior da lingua e leva información motora para os músculos da faciana. Tamén emite fibras cara aos ganglios do pescozo.
- Nervio petroso maior: leva información parasimpática á glándula lacrimal.
- Corda do tímpano: recolle información sensitiva para as glándulas submandibular e submaxilar e para os dous terzos anteriores da lingua.
- Nervio motor para o músculo do estribo
- Nervio auricular posterior: controla movementos os músculos da orella.
- Ramo para o ventre posterior do digástrico
- Ramos maiores do facial (divídense na glándula parótide):
- Ramo temporal
- Ramo cigomático
- Ramo mandibular
- Ramo bucal
- Ramo cervical
- Motoras: leva información motora para os músculos da faciana.
- Sensitivas: recolle información gustativa do terzo anterior da lingua.
- Mixta: leva información cara ás glándulas salivares.
- Motora: move o músculo do estribo.
- Núcleo facial
- Núcleo gustativo-solitario
- Núcleo salivar superior