Pésicos

pobo prerromano ástur

Os pésicos (en latín: Paesici) eran unha tribo celta[1] de Gallaecia, un pobo ástur transmontano. O seu principal asentamento era Flavionavia, próximo da actual Santianes de Pravia.[2]

Mapa das tribos ástures.

O territorio dos pésicos ocupaba, segundo os testemuños dos autores grecolatinos, o sector centro-occidental do litoral asturiano,[3] dende a base oriental do cabo de Peñas, até o límite occidental de Valdés e polo interior até os cumios da cordilleira Cantábrica ocupando, tamén, a marxe esquerda do Nalón. En textos de épocas posteriores, século IV e século VII, fálase dos pésicos como habitantes do val do Narcea. Esta redución do seu territorio podería ser explicada apoiándose no nome deste pobo (paesici do latín pasco, ‘apacentar’) que podería significar ‘pastores’. Este pobo era pastor transhumante e é posible que o avance das terras de cultivo e da propiedade privada, propiciadas polos romanos, empurrarían ós pésicos cara ós portos de montaña.

  1. "Tribus celtes d'Asturies: Los pésicos" (en castelán). 12 de xuño de 2017. Consultado o 7 de xaneiero de 2019. 
  2. Álvarez 2017, p. 44.
  3. Alberro (1999), p. 60: "Paesici".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar